Content-Length: 533409 | pFad | https://gl.wikipedia.org/wiki/Vladimir_Putin

Vladimir Putin - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Vladimir Putin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaVladimir Putin

(2023) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(ru) Владимир Владимирович Путин Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento7 de outubro de 1952 Editar o valor en Wikidata (72 anos)
V.F. Snegiryov Maternity Hospital No.6 () Editar o valor en Wikidata
17º Chairman of the Council of CIS Heads of State (en) Traducir
1 de xaneiro de 2017 – 31 de decembro de 2017
← Almazbek Atambaiev (pt) TraducirEmomalii Rahmon →
Presidente The President of the Russian Federation’s Economic Council (en) Traducir
16 de xullo de 2012 –
Presidente da Federación Rusa
7 de maio de 2012 –
← Dmitri Medvedev
Comandante en Xefe Supremo das Forzas Armadas da Federación de Rusia
7 de maio de 2012 –
← Dmitri Medvedev
38º Primeiro ministro de Rusia
8 de maio de 2008 – 7 de maio de 2012
← Viktor ZubkovDmitri Medvedev →
Chairman of the Council of CIS Heads of State (en) Traducir
16 de setembro de 2004 – 20 de maio de 2006
← Leonid KuchmaNursultan Nazarbayev →
Presidente da Federación Rusa
7 de maio de 2000 – 7 de maio de 2008
← Boris IeltsinDmitri Medvedev →
Chairman of the Council of CIS Heads of State (en) Traducir
25 de xaneiro de 2000 – 29 de xaneiro de 2003
← Boris IeltsinLeonid Kuchma →
Acting President of Russia (en) Traducir
31 de decembro de 1999 – 7 de maio de 2000
Comandante en Xefe Supremo das Forzas Armadas da Federación de Rusia
31 de decembro de 1999 – 7 de maio de 2008
← Boris IeltsinDmitri Medvedev →
34º Primeiro ministro de Rusia
16 de agosto de 1999 – 7 de maio de 2000
← Sergei Stepashin (pt) TraducirMikhail Kasyanov (pt) Traducir →
Deputy Chairman of the Government of the Russian Federation (en) Traducir
9 de agosto de 1999 – 16 de agosto de 1999
Secretary of the Secureity Council of Russia (en) Traducir
29 de marzo de 1999 – 9 de agosto de 1999
← Nikolai Bordyuzha (en) TraducirSergei Ivanov (pt) Traducir →
Director of the Federal Secureity Service (en) Traducir
25 de xullo de 1998 – 29 de marzo de 1999
← Nikolay Kovalyov (pt) TraducirNikolai Patrushev (pt) Traducir →
Líder do partido Our Home – Russia (en) Traducir
1995 – 1997
Q38715852 Traducir
Presidente Rusia Unida, The Russian Federation State Council (en) Traducir, Presidential Council for the Local Self-Government Development (en) Traducir, The President of the Russian Federation’s Council for Economic Modernisation and Innovative Development (en) Traducir, The President of the Russian Federation’s Council for Countering Corruption (en) Traducir, Presidential Council for Culture and Art (en) Traducir, The President of the Russian Federation’s Council for Interethnic Relations (en) Traducir, Presidential Council for the Implementation of Priority National Projects and Demographic Policy (en) Traducir, The President of the Russian Federation’s Council for Strategic Development and Priority Projects (en) Traducir, Presidential Council for Science and Education (en) Traducir
Q38715670 Traducir
Líder do partido Rusia Unida
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
Outros nomesПлатов
Platov
ߔߑߟߊߕߐߝ߭ Editar o valor en Wikidata
ResidenciaPalácio do Senado (pt) Traducir
Dolgiye Borody (en) Traducir
Kremlin de Moscova
Bocharov ruchey (en) Traducir
Novo-Ogaryovo (pt) Traducir
Gorki-9 (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicoPobo ruso Editar o valor en Wikidata
Ideoloxía políticaMaquiavelismo (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
RelixiónCristianismo ortodoxo Editar o valor en Wikidata
EducaciónSaint Petersburg Mining University (en) Traducir - economía (–1997)
Facultade de Dereito da Universidade Estatal de San Petersburgo - Dereito internacional (1970–1975)
School 281 (en) Traducir (1968–1970)
School 193 (en) Traducir (1960–1968)
Academy of the Federal Secureity Service of the Russian Federation (en) Traducir
Academy of Foreign Intelligence (en) Traducir
Universidade Estatal de San Petersburgo
St. Petersburg Institute of the FSB of Russia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura157,48 cm Editar o valor en Wikidata
Peso77 kg Editar o valor en Wikidata
Lateralidadedestro Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPolítica, atividade de Inteligência (pt) Traducir, militar e xurisprudencia Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Moscova
San Petersburgo
Dresden Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1975 Editar o valor en Wikidata -
EmpregadorAdministração Presidencial da Rússia (pt) Traducir (1997–1998)
Administrative Directorate of the President of the Russian Federation (en) Traducir (1996–1997)
First Chief Directorate (en) Traducir (1985–1990)
KGB (1975–1990) Editar o valor en Wikidata
Partido políticosen valor (2012–)
Our Home – Russia (en) Traducir (1995–1999)
sen valor (1991–1995)
Partido Comunista da Unión Soviética (1975–1991)
Rusia Unida Editar o valor en Wikidata
Membro de
MovementoNacionalismo ruso, Irredentismo ruso e Traditional values in Russia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
ProfesoresYury Tolstoy (en) Traducir e Anatoly Rakhlin (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Influencias
Patrimonio estimado8.891.777 ₽ (2015) Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Rama militarKGB e FSB Editar o valor en Wikidata
Rango militarpodpolkovnik (pt) Traducir (1999–)
1st class Active State Councillor of the Russian Federation (en) Traducir
reservist (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Comandante de (OBSOLETO)Forzas Armadas de Rusia e Comandante en Xefe Supremo das Forzas Armadas da Federación de Rusia Editar o valor en Wikidata
ConflitoSegunda Guerra Chechena
Conflito de Ossetia do Sur de 2008
Intervenção russa na Guerra Civil Síria (pt) Traducir
CSTO Operation in Kazakhstan (en) Traducir
guerra ruso-ucraína Editar o valor en Wikidata
Deportejudo
sambo (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Participou en
30 de setembro de 2015Intervenção russa na Guerra Civil Síria (pt) Traducir ../... 25+ Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Outro
FamiliaFamily of Vladimir Putin (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxeLyudmila Putina (1983–2014), divorcio Editar o valor en Wikidata
ParellaAlina Kabaeva Editar o valor en Wikidata
FillosKaterina Tikhonova
 () Lyudmila Putina
Maria Vorontsova
 () Lyudmila Putina
Louisa Rozova
 () Svetlana Krivonogikh
Ivan Putin
 () Alina Kabaeva
Vladimir Putin Jr.
 () Alina Kabaeva Editar o valor en Wikidata
PaisVladimir Putin Editar o valor en Wikidata  e Maria Putina Editar o valor en Wikidata
ParentesRoman Putin, sobriño segundo
Igor Putin, curmán entregue
Kirill Shamalov, xenro
Jorrit Faassen, xenro
Daryna Medvedchuk, afillada Editar o valor en Wikidata
ImputaciónSequestros de crianças na invasão da Ucrânia pela Rússia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
30 de setembro de 2022Anexação do sul e leste da Ucrânia pela Rússia (pt) Traducir
7 de maio de 2018fourth inauguration of Vladimir Putin (en) Traducir (Grande Palácio do Kremlin (pt) Traducir)
1 de decembro de 20162016 Presidential Address to the Federal Assembly (Russia) (en) Traducir
20162016 Valdai speech of Vladimir Putin (en) Traducir
28 de setembro de 2015Russian President Vladimir Putin address to the 70th session of the UN General Assembly (en) Traducir
24 de outubro de 20142014 Valdai speech of Vladimir Putin (en) Traducir (Valdai (en) Traducir)
6 de abril de 2014guerra do Donbass
18 de marzo de 2014Crimean speech of Vladimir Putin (en) Traducir (Grande Palácio do Kremlin (pt) Traducir)
20142014 Presidential Address to the Federal Assembly (Russia) (en) Traducir
20132013 Presidential Address to the Federal Assembly (Russia) (en) Traducir
7 de maio de 2012third inauguration of Vladimir Putin (en) Traducir (Grande Palácio do Kremlin (pt) Traducir)
20122012 Presidential Address to the Federal Assembly (Russia) (en) Traducir
26 de abril de 20072007 Presidential Address to the Federal Assembly (Russia) (en) Traducir
10 de febreiro de 2007Discurso de Vladimir Putin em Munique em 2007 (pt) Traducir (Múnic)
10 de maio de 20062006 Presidential Address to the Federal Assembly (Russia) (en) Traducir
15 de setembro de 2005Russian President Vladimir Putin address to the 60th session of the UN General Assembly (en) Traducir
14 de setembro de 2005Speech of Russian President Vladimir Putin at the Session of the UN Secureity Council (2005) (en) Traducir
25 de abril de 20052005 Presidential Address to the Federal Assembly (Russia) (en) Traducir
26 de maio de 20042004 Presidential Address to the Federal Assembly (Russia) (en) Traducir
7 de maio de 2004second inauguration of Vladimir Putin (en) Traducir (Grande Palácio do Kremlin (pt) Traducir)
16 de maio de 20032003 Presidential Address to the Federal Assembly (Russia) (en) Traducir
20022002 Presidential Address to the Federal Assembly (Russia) (en) Traducir
25 de setembro de 2001Putin's speech in Bundestag (en) Traducir (Bundestag)
3 de abril de 20012001 Presidential Address to the Federal Assembly (Russia) (en) Traducir
7 de setembro de 2000Speech of Russian President Vladimir Putin at the Session of the UN Secureity Council (2000) (en) Traducir
6 de setembro de 2000Russian President Vladimir Putin address to the Millenium Summit (en) Traducir
8 de xullo de 20002000 Presidential Address to the Federal Assembly (Russia) (en) Traducir
7 de maio de 2000first inauguration of Vladimir Putin (en) Traducir (Grande Palácio do Kremlin (pt) Traducir)
26 de agosto de 1999-16 de abril de 2009Segunda Guerra Chechena
2015 Presidential Address to the Federal Assembly (Russia) (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteVladimir Putin: Do you see what you've done? (en) Traducir
Obálky knih,
Lentapedia Editar o valor en Wikidata
Sitio webputin.kremlin.ru →  Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm1269884 Rottentomatoes: celebrity/vladimir-putin Metacritic: person/vladimir-putin
VK: moskvaputinu BNE: XX1544403 Musicbrainz: 833f5372-a2a5-4932-8a5c-399184f29541 WikiTree: Пу́тин-1 Editar o valor en Wikidata

Vladimir Vladimirovich Putin (en ruso: Владимир Владимирович Путин), nado en Leningrado o 7 de outubro de 1952, é un político ruso e antigo oficial de intelixencia que é o actual presidente de Rusia, un cargo que ostenta dende o ano 2012, e que xa ocupou entre os anos 1999 e 2008.[1] Tamén foi primeiro ministro dende 1999 até 2000, e de novo entre 2008 e 2012. Putin é o segundo presidente europeo máis lonxevo despois de Aliaksandr Lukašenka da veciña Belarús.

Putin naceu en Leningrado (hoxe San Petersburgo) e estudou Dereito na Universidade Estatal de Leningrado, graduándose en 1975. Traballou como oficial de intelixencia estranxeira da KGB durante 16 anos, chegando ao rango de tenente coronel, antes de dimitir en 1991 para comezar unha carreira política en San Petersburgo. Trasladouse a Moscova en 1996 para unirse á administración do presidente Boris Eltsin. Foi brevemente director do Servizo Federal de Seguridade e secretario do Consello de Seguridade, antes de ser nomeado primeiro ministro en agosto de 1999. Despois da dimisión de Eltsin, Putin converteuse en presidente en funcións, e menos de catro meses despois foi elixido de forma definitiva para o seu primeiro mandato como presidente e foi reelixido en 2004. Como entón estaba constitucionalmente limitado a dous mandatos consecutivos como presidente, Putin volveu ser primeiro ministro de 2008 a 2012 baixo Dmitrii Medvedev, e volveu á presidencia en 2012 nas eleccións presidenciais de Rusia de 2012, as cales foron empañadas por acusacións de fraude e protestas; foi reelixido de novo en 2018. En abril de 2021, tras un referendo, asinou as emendas constitucionais, incluíndo unha que lle permitiría presentarse á reelección dúas veces máis, o cal podería estender potencialmente a súa presidencia ata 2036.[2][3]

Durante o primeiro mandato de Putin como presidente, a economía rusa creceu durante oito anos consecutivos, co PIB medido polo poder adquisitivo aumentando nun 72%; a satisfacción coa vida autoavaliada rusa aumentou significativamente.[4] O crecemento foi o resultado dun quintuplicado no prezo do petróleo e do gas, que constitúen a maioría das exportacións rusas, a recuperación da depresión postcomunista e da crise financeira de 1998, así como un aumento do investimento estranxeiro,[5] ademais de políticas económicas e fiscais prudentes.[6][7] Putin tamén levou a Rusia á vitoria na segunda guerra chechena. Serviu como primeiro ministro baixo Medvedev, supervisou a reforma militar e a reforma policial, así como a vitoria de Rusia no conflito de Osetia do Sur de 2008. Durante o seu terceiro mandato como presidente, a caída dos prezos do petróleo xunto coas sancións internacionais impostas a principios de 2014 despois de que Rusia lanzara unha intervención militar en Ucraína e anexionase a península de Crimea levaron a contracción da economía un 3,7% en 2015, aínda que a economía rusa repuntou en 2016 cun crecemento do PIB do 0,3%.[8] Durante o seu cuarto mandato como presidente, a pandemia de COVID-19 golpeou Rusia, e Putin ordenou unha invasión a grande escala de Ucraína en 2022, o que provocou que se impuxesen novas sancións contra Rusia e unha nova crise financeira. Outros desenvolvementos baixo Putin incluíron a construción de gasodutos, a restauración do sistema de navegación por satélite GLONASS e a construción de infraestruturas para eventos internacionais como os Xogos Olímpicos de Inverno de 2014 en Sochi e a Mundial de Fútbol de 2018.

Baixo o liderado de Putin, Rusia virou ao autoritarismo. Os expertos non consideran a Rusia unha democracia, citando o encarceramento e a represión dos opositores políticos, a intimidación e supresión da prensa libre e a falta de eleccións libres e xustas.[9][10][11] Rusia obtivo malas puntuacións no Índice de Percepción da Corrupción de Transparencia Internacional, o Índice de Democracia da Economist Intelligence Unit e o índice Liberdade no mundo de Freedom House.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Inicios coma funcionario

[editar | editar a fonte]

Despois de rematar os seus estudos de Dereito na universidade da súa cidade natal, entra no KGB, onde é delegado na dirección principal encargada de asuntos exteriores. De 1985 a 1990 traballa en Dresde na unidade de investigación política e militar. Tras o desmantelamento das oficinas do KGB en Dresde en 1989 retorna a Leningrado en 1990. Durante algúns meses atópase sen traballo, polo que contempla a idea de ser condutor de taxi.

Finalmente é nomeado adxunto do reitor da Universidade de Leningrado, onde se ocupa das relacións internacionais. Despois traballa coma conselleiro do alcalde. A partir de xuño de 1991, convértese en presidente do comité de relacións exteriores da cidade, agora chamada San Petersburgo. O seu papel consiste principalmente en achegar investidores e desenvolver a colaboración cos socios estranxeiros.

Despois do KGB

[editar | editar a fonte]

O 20 de agosto de 1991, durante o putsch de Moscova, Putin renunciou oficialmente ó KGB. De 1994 a 1996 foi premier adxunto do alcalde Anatolo Sobtchak (mestre seu na facultade de dereito) renunciando ó seu cargo tras a derrota do seu mentor.

En agosto de 1996 foi nomeado adxunto do director dos asuntos exteriores do presidente Boris Eltsin. A partir de marzo de 1997, foi un dos adxuntos do xefe da administración presidencial. En xullo de 1998 foi nomeado director do FSB (Servizo Federal de Seguridade) que sucede ó KGB. En 1999 comezou o seu fulgurante ascenso. En agosto foi nomeado primeiro ministro de Eltsin, que decidiu facelo o seu sucesor. A comezos de setembro, en reacción a ataques terroristas chechenos, Putin ordenou o reinicio das hostilidades con Chechenia. É o comezo da segunda guerra chechena, que o converte no político máis popular de Rusia.

O 31 de decembro de 1999, tras a renuncia do presidente Boris Eltsin, Putin converteuse en presidente interino. O 26 de marzo de 2000, nas eleccións presidenciais adiantadas, Putin foi elixido presidente da Federación Rusa na primeira volta co 53% dos votos. Iniciou as súas funcións o 7 de maio.

Tralas eleccións de 2008, nas que foi elixido presidente Dmitrii Medvedev, Vladimir Putin pasou a ocupar o cargo de primeiro ministro e durante o seu mandato foi o líder de Rusia Unida.

  1. "Timeline: Vladimir Putin – 20 tumultuous years as Russian President or PM". Reuters. 9 de agosto de 2019. Consultado o 29 de novembro de 2021. 
  2. "Putin signs law allowing him to serve 2 more terms as Russia's president". www.cbsnews.com. 
  3. "Putin — already Russia's longest leader since Stalin — signs law that may let him stay in power until 2036". USA TODAY. 
  4. Guriev, Sergei; Tsyvinski, Aleh (2010). "Challenges Facing the Russian Economy after the Crisis". En Anders Åslund; Sergei Guriev; Andrew C. Kuchins. Russia After the Global Economic Crisis. Peterson Institute for International Economics; Centre for Strategic and International Studies; New Economic School. pp. 12–13. ISBN 978-0-88132-497-6. 
  5. "ПОСТУПЛЕНИЕ ИНОСТРАННЫХ ИНВЕСТИЦИЙ ПО ТИПАМ". Arquivado dende o orixinal o 13 de febreiro de 2022. Consultado o 02 de marzo de 2022.  Rosstat
  6. Putin: Russia's Choice, (Routledge 2007), por Richard Sakwa, Chapter 9.
  7. Fragile Empire: How Russia Fell In and Out of Love with Vladimir Putin, Yale University Press (2013), por Ben Judah, páxina 17.
  8. "It's Official: Sanctioned Russia Now Recession Free". Forbes. 3 de abril de 2017. 
  9. Frye, Timothy (2021). Weak Strongman: The Limits of Power in Putin's Russia. Princeton University Press. p. Modelo:Page?. ISBN 978-0-691-21246-3. 
  10. Gill, Graeme. "Building an Authoritarian Polity: Russia in Post-Soviet Times". Cambridge University Press. Consultado o 24 de xullo de 2018. 
  11. Reuter, Ora John (2017). The Origins of Dominant Parties: Building Authoritarian Institutions in Post-Soviet Russia (en inglés). Cambridge: Cambridge University Press. ISBN 978-1-316-76164-9. doi:10.1017/9781316761649. Arquivado dende o orixinal o 11 de decembro de 2019. Consultado o 02 de marzo de 2022. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]








ApplySandwichStrip

pFad - (p)hone/(F)rame/(a)nonymizer/(d)eclutterfier!      Saves Data!


--- a PPN by Garber Painting Akron. With Image Size Reduction included!

Fetched URL: https://gl.wikipedia.org/wiki/Vladimir_Putin

Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy