Content-Length: 72309 | pFad | https://gl.wiktionary.org/wiki/li%C3%B1a

liña - Wiktionary Saltar ao contido

liña

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: [ˈli.ɲɐ] (AFI)

Substantivo feminino

liña (sg: liña; pl: liñas)

  1. Trazo longo e fino.
    • Exemplo: Fíxolle un retrato con catro liñas.

  2. Ringleira de cousas semellantes colocadas unha detrás doutra.
    • Exemplo: Plantou só unha ducia de liñas de millo.

  3. Grupo de palabras escritas horizontalmente.
    • Exemplo: Na segunda liña hai un erro ortográfico.

  4. (Matemáticas) Conxunto de puntos infinitamente próximos nunha dirección.
  5. (Mariña) Aparello de pesca feito dun só fío, ao cal se lle empatan un ou varios anzois, chumbadas e outros obxectos, como xiratorios e que se empregan na pesca de peixes e cefalópodos.
    • Exemplo: Rompeu a liña e o peixe zafouse.

  6. Servizo de transporte colectivo.
    • Exemplo: As liñas aéreas non soportarán a suba do petróleo.

  7. Servizo de comunicacións.
    • Exemplo: Instalou unha liña ADSL.

  8. Parentesco, relación familiar.
    • Exemplo: A hemofilia hérdase por liña materna.

  9. Posicións do exército.
    • Exemplo: As liñas inimigas resistiron durante case un mes.

  10. Aspecto físico, especialmente no sentido de delgadez ou gordura.
    • {{exemplo|Fai moito exercicio para mante-la liña.
  11. En sentido figurado, orientación que segue unha persoa ou colectivo. .
    • Exemplo: Como sigas nesa liña voute expulsar da clase.

  12. (Figurado) tendón
    • Exemplo: Saiúlle unha liña do seu sitio.

Sinónimos

Locucións

Traducións

Véxase tamén









ApplySandwichStrip

pFad - (p)hone/(F)rame/(a)nonymizer/(d)eclutterfier!      Saves Data!


--- a PPN by Garber Painting Akron. With Image Size Reduction included!

Fetched URL: https://gl.wiktionary.org/wiki/li%C3%B1a

Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy