Saltar ao contido

Abeto de Douglas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Abeto de Douglas

Pseudotsuga menziesii en Varsovia.
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Pinophyta
Clase: Pinopsida
Orde: Pinales
Familia: Pinaceae
Xénero: Pseudotsuga
Especie: P. menziesii
Nome binomial
Pseudotsuga menziesii
(Mirb.) Franco[1]
Distribución
Distribución

Distribución
Pseudotsuga menziesii
Pseudotsuga menziesii.

O abeto de Douglas,[2] tamén coñecido como piñeiro de Oregón, (Pseudotsuga menziesii) é unha árbore do xénero Pseudotsuga orixinaria de América do Norte. En Galicia é empregado en repoboacións forestais e tamén con fins ornamentais.

Descrición

[editar | editar a fonte]

É unha árbore de folla perenne e monoica. Adoita chegar aos 75 m de altura, aínda que existen exemplares de ata 100 metros. Está considerada como unha das árbores máis altas do mundo. O abeto máis alto de que se ten constancia era coñecido como "Mineral Tree". Medrou preto de Mount Rainier, en Washington; tiña 1020 anos de idade e 119,8 m de altura, e caeu en 1930. Na actualidade o máis alto é o abeto "Brummit", descuberto en 1991 en Coos County, no Estado de Oregón. Mide 100,27 m de altura e 3,5 m de diámetro, e ten un volume de 296,63 m³.

A súa cortiza é grosa, máis ou menos profundamente fendida e de cor marrón avermellada. En árbores novas a cortiza é gris e con bóchegas de resina.

As follas son acículas flexibles e acanaladas na face, de 2 a 3 cm de lonxitude e de cor verde escura, cun forte olor a limón ou mandarina ao fretar. As inflorescencias masculinas son verde-amareladas e as femininas verdosas ou vermellas.

Piña grande, de cor marrón clara e con brácteas que sobresaen entre as escamas.

Na súa área nativa vai dende a latitude 19º ata 55ºN.[3] Medra nunha ampla variedade de condicións climáticas aínda que case todas cunha gran influencia oceánico-marítima caracterizada por invernos húmidos ( 700mm de precipitación como mínimo )[4] e frescos, veraos relativamente secos, e longos períodos libres de xeada. En climas semellantes ao galego a especie medra dende o nivel do mar ata os 1830m de altitude dependendo da orientación: sollío ou avesedo e a exposición.

Ten as mellores medranzas en chans ben aireados, profundos e con pH de 5 a 6. Non prospera ben en chans compactos e con mal drenaxe.[3] É bastante tolerante coa fertilidade do chan aínda que non tolera os chans máis pobres de uzais e toxeiras.

A madeira do abeto Douglas ten unha grande duración, incluso no exterior. Tamén ten excelentes propiedades mecánicas. Ambas características a converten en madeira de elección na construción en determinadas circunstancias. A cor salmón da veta e a ausencia de nós se ben cultivada fai que sexa tamén moi apreciada en carpintaría interior.

É especialmente interesante citar que debido á cobertura da súa copa produce unha zona de sombra onde non medra o monte baixo co que o risco de incendios diminúe moito con respecto a outras coníferas coma o piñeiro.

  1. Douglasia verde, pág. 18 - Gregor Aas y Andreas Riedmiller: Gran Guía de la Naturaleza, editorial Everest, traductor Eladio M. Bernaldo de Quirós, ISBN 84-241.2663.5, 4.ª edición, 1993.
  2. Xusto Rodríguez Río (coordinación) (2004). Servizo de Normalización Lingüística da USC, ed. Termos esenciais de botánica (PDF). p. 18. 
  3. 3,0 3,1 "Douglas-Fir". srs.fs.usda.gov. Consultado o 2023. 
  4. "Le douglas en Bretagne : Etude stationnelle et sylvicole" (PDF). bretagne-paysdelaloire.cnpf.fr. Consultado o 2023. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy