The Simpsons (tempada 2)
A segunda tempada da serie animada The Simpsons foi emitida orixinalmente dende o 11 de outubro de 1990 até o 9 de maio de 1991, e tivo vinte e dous episodios, comezando con «Bart Gets an "F"». Outro episodio, «Blood Feud», estreouse durante o verán, despois do final oficial da tempada. Os produtores executivos para a produción da segunda tempada foron Matt Groening, James L. Brooks, e Sam Simon, quen xa o foron durante a tempada anterior.[1] A versión en DVD foi lanzada á venda o 6 de agosto de 2002 na Rexión 1, o 8 de xullo de 2002 na Rexión 2 e en setembro do mesmo ano na Rexión 4. O episodio Homer vs. Lisa and the 8th Commandment gañou un premio Emmy na categoría "Mellor programa animado (de duración menor a unha hora)", e foi tamén nomeado en "Son destacado nunha serie de comedia ou especial".[2]
Episodios
editarLanzamento en DVD
editarA versión en DVD da segunda tempada foi lanzada á venda pola 20th Century Fox nos Estados Unidos e o Canadá o 6 de agosto de 2002, once anos despois de ser emitida en televisión. Ademais de tódolos episodios da tempada, o DVD contén material extra, como comentarios para cada capítulo.
Notas
editar- ↑ Richmond & Coffman & Groening (1997), p. 34
- ↑ Emmy Awards official site "The Simpsons" "1991 - 1991" emmys.org. Consultado el 7 de noviembre de 2008.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Richmond, Ray; Coffman, Antonia; Groening, Matt (1997). The Simpsons: A Complete Guide to our Favorite Family (en inglés). Nova York: Harper Collins Publishers. ISBN 0-00-638898-1.