Agricultura ecolóxica

A agricultura ecolóxica, tamén chamada[1] orgánica ou biolóxica, é unha forma de agricultura na cal non se empregan produtos químicos de síntese (funxicidas químicos de síntese, fertilizantes químicos de síntese, herbicidas, conservantes e aditivos artificiais) nin tampouco organismos modificados xeneticamente (GMOs). A agricultura ecolóxica pretende respectar o ambiente e ao ser humano, intentando lograr un desenvolvemento sustentable.

Plantación de patacas orgánicas.
A preservación da biodiversidade é fundamental na agricultura ecolóxica.

Fertilización

editar

A fertilización das terras cultivadas ecoloxicamente é un dos piares desta forma de cultivo. É moi práctico que o fertilizante sexa de produción propia, e un dos máis utilizados é a compostaxe. Na agricultura ecolóxica non se pretende nutrir directamente a planta, senón estimular o conxunto, isto é, o solo e a planta, mantendo ou mellorando a fertilidade do solo «favorecendo o complexo arxilo-húmico e o desenvolvemento dos microorganismos do solo».[Cómpre referencia]

A materia orgánica é unha das bases da fertilización dos solos. O cultivo de plantas, e o posterior enterro e a súa descomposición no solo, mellora a fertilidade dos solos. En particular, as leguminosas, cereales ou briófitos enriquecen os solos en nitróxeno grazas a súa interacción con bacterias e arqueas diazotrofas. Estes microorganismos diazotrofos, como rhizobia ou Frankia, asócianse, como simbiontes ou endosimbiontes, ás raíces ou residen arredor delas e fixan nitróxeno. As bacterias rizhobias forman simbioses coas raíces de legumes, e algunhas anxiospermas con Frankia. Algunhas plantas asócianse tamén a cianobacterias que lles fixan nitróxeno atmosférico, N2.[2][3]

Manter cobertura vexetal axuda a conservalo e mellora o aproveitamento da auga e os nutrientes. Empréganse cubertas vexetais vivas ou acolchado, entre outros.[Cómpre referencia]

Na agricultura ecolóxica, os fertilizantes minerais que se poden utilizar son os procedentes de fontes naturais e extraídos por medio de procesos físicos.

Asociación de cultivos

editar
 
Exemplo de asociación benéfica: a caléndula protexe os tomates dos ataques parasitarios.

A asociación de cultivos consiste en cultivar no mesmo eito varias especies distintas, de forma que se obteña unha sinerxía entre elas. Esta práctica, moi estendida no cultivo ecolóxico, pode ofrecer diversos tipos de melloras: podemos pór dúas especies que se complementan no seu sistema radicular (por exemplo, un é profundo -como o melón- e outro é superficial -como a leituga-), ou ben unha planta defende a outra co seu aroma (como exemplo temos a cebola entre cenorias, o cal evita a mosca da cenoria[Cómpre referencia]).

Política

editar
 
Logo "Bio Alemaña".

Nalgúns países, incluíndo a Unión Europea e EUA, a agricultura ecolóxica está definida polo Dereito. Así, na Unión Europea (UE), a agricultura ecolóxica está regulada desde o 1 de xaneiro de 2009 polo Regulamento (CE) 834/2007 do Consello, de 28 de xuño de 2007, sobre produción e etiquetaxe dos produtos ecolóxicos, que derroga o antigo Regulamento (CEE) 2092/91. Nel especifícanse claramente as técnicas autorizadas neste tipo de cultivo. Os produtos ecolóxicos deben levar obrigatoriamente o selo oficial da agricultura ecolóxica da Unión Europea, permitíndose engadir, ademais, os logotipos do país ou rexión de orixe.

Consellos reguladores

editar

En España hai un consello regulador de agricultura ecolóxica en cada comunidade autónoma. O de Galiza chámase CRAEGA. En xaneiro de 2016 había en Galiza 732 produtores ecolóxicos[4]. A agricultura ecolóxica ten selo de Denominacións de Orixe de Galicia.

  1. Debemos salientar que a forma correcta deste tipo de agricultura é agricultura ecolóxica, pois os outros termos son empregados en países de lingua inglesa ou xermánica (nos países de fala inglesa empregan o termo "orgánica", mentres que nas linguas xermánicas acostuman falar de "biolóxica").
  2. ScienceDaily (eds.). "New Plant-bacterial Symbiotic Mechanism Promising For Crop Applications". Consultado o 8 de agosto de 2017. 
  3. Issa, Ahmed A.; Abd-Alla, Mohamed Hemida; Ohyama, Takuji (2014). "Nitrogen Fixing Cyanobacteria: Future Prospect". doi:10.5772/56995. Consultado o 2017-08-08. 
  4. TVG, eds. (6 de xaneiro de 2016). ""Medran as explotacións de agricultura ecolóxica en Galicia", Telexornal Mediodía". Arquivado dende o orixinal o 08 de agosto de 2017. Consultado o 04 de febreiro de 2016. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy