Antihidróxeno
En física, o antihidróxeno[1] é o átomo de antimateria equivalente ao hidróxeno común. Está formado por un antiprotón e un positrón, polo que ten as mesmas propiedades, pero coas cargas eléctricas invertidas. O seu símbolo químico é H, que é unha H cun macron.
Aniquílase ao contacto cun átomo de hidróxeno, polo que son inestables entre eles. Ao descomporse prodúcense fotóns de luz. Un dos científicos que o pautou foi Robert L. Forward, na revista científica Mirror Matter Newsletter.
Historia experimental
editarEn 1995, o CERN anunciou a creación de nove átomos de antihidróxeno no experimento PS210, liderado por Walter Oelert e Mario Macri,[2] e o Fermilab confirmou o feito, e pouco despois anunciou a creación doutros 100 átomos de antihidróxeno.[3][4] Creouse combinando nun acelerador de partículas, 1 antielectrón e 1 antiprotón, arrefriados até case o cero absoluto para frealos e confinalos con campos magnéticos para que non chocasen con átomos normais.
En 2010, científicos do CERN dirixidos por Jeffrey Hangst realizaron o experimento Alpha, mediante o cal lograron a captura e posterior detección de 38 átomos de antihidróxeno. Para iso, os científicos empregaron 10 millóns de antiprotóns e aínda máis positróns e empregaron unha 'trampa' magnética que confina os átomos neutrais ao interactuar cos seus instantes magnéticos.[5]
En 2011 o proxecto Alpha logrou crear máis de 300 átomos de antihidróxeno e almacenalos durante 1000 segundos (16 minutos 40 segundos). Isto permitiu aos científicos deste experimento coñecer máis información sobre a antimateria.[6]
En marzo do 2012, o CERN logrou manipular átomos de antihidróxeno usando microondas, conseguindo a primeira visión dunha pegada antiatómica.[7]
En 2016, o proxecto ALPHA mediu a transición entre os dous niveis enerxéticos máis baixos do antihidróxeno, 1S–2S. Os resultados, idénticos aos do hidróxeno dentro da resolución experimental, apoian a idea da simetría entre materia e antimateria.[8][9]
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Hidróxeno.
- ↑ David H. Freedman. "Antiatoms: Here Today...". Discover.
- ↑ G. Blanford, D. C. Christian, K. Gollwitzer, M. Mandelkern, C. T. Munger, J. Schultz, G. Zioulas (1998). "Observation of Atomic Antihydrogen". Physical Review Letters (en inglés) (American Physical Society) 80 (14): 3037–3040. doi:10.1103/PhysRevLett.80.3037. Consultado o 12 de julio de 2014.
- ↑ D.C. Christian; K. Gollwitzer; M. Mandelkern; C.T. Munger; J. Schultz, G. Zioulas (decembro de 1997). "Observation of Atomic Antihydrogen". Physical Review Letters (Fermi National Accelerator Laboratory).
FERMILAB-Pub-97/398-E E862 ... p and H experiments
- ↑ "Atrapan por primera vez la antimateria". Cienciaplus.com (Europa Press).
- ↑ "Cern, atomi di antimateria "intrappolati" per 16 minuti". La Repubblica.
- ↑ "El CERN logra manipular átomos de antimateria". Cienciaplus.com (Europa Press).
- ↑ "Ephemeral antimatter atoms pinned down in milestone laser test".
- ↑ "Observation of the 1S–2S transition in trapped antihydrogen". doi:10.1038/nature21040.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Antihidróxeno |
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Páxina web do experimento Alpha
- Merrifield, Michael; Copeland, Ed. "Antihydrogen". Sixty Symbols. Brady Haran for the University of Nottingham.