Myanmar
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Myanmar,[1] oficialmente República da Unión de Myanmar (en birmano: ပြည်ထောင်စုသမ္မတ မြန်မာနိုင်ငံတော် Pyidaunzu Thanmăda Myăma Nainngandaw), anteriormente coñecido como Birmania, é un país do Sueste asiático. Ten fronteira común coa India e Bangladesh polo oeste, con Laos e Tailandia polo leste e coa China polo norte e o nordeste. Polo sur, arredor dun terzo do perímetro total de Myanmar (de 5 876 km) forma unha liña costeira ininterrompida de 1 930 km ó longo do golfo de Bengala e o mar de Andaman. O censo de 2014 do país rexistrou unha poboación de 51 millóns de persoas.[2] No 2017, a poboación roldaba os 54 millóns.[3] Myanmar ten unha área de 676 578 km². A súa capital é a cidade de Naypyidaw, e a meirande cidade e antiga capital é Yangon.[4] Myanmar é membro da Asociación de Nacións do Sueste Asiático (ASEAN) dende 1997.
ပြည်ထောင်စု သမ္မတ မြန်မာနိုင်ငံတော် (my) မြန်မာနိုင်ငံ (my) | |||||
Himno | Kaba Ma Kyei (pt) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Lema | «Gadewch i'r daith ddechrau» | ||||
Localización | |||||
| |||||
Capital | Naypyidaw (2005–) | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 53.370.609 (2017) (78,88 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | birmano | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 676.577,2 km² | ||||
Punto máis alto | Hkakabo Razi (pt) (5.881 m) | ||||
Punto máis baixo | Océano Índico (0 m) | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 4 de xaneiro de 1948 | ||||
Día festivo | |||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | república | ||||
• President of Myanmar (en) | Myint Swe (pt) (2021–) | ||||
• Conselho Administrativo (pt) e Conselheiro (pt) | Min Aung Hlaing (pt) (2021–) | ||||
Órgano lexislativo | Assembleia da União (pt) , | ||||
Membro de | Bay of Bengal Initiative for Multi-Sectoral Technical and Economic Cooperation (en) Organización Hidrográfica Internacional Organización Mundial da Saúde Organización Mundial do Comercio ASEAN Regional Forum (en) Unión Internacional de Telecomunicacións (1937–) ONU (1948–) UNESCO (1949–) Organización Meteorolóxica Mundial (1949–) União Postal Universal (pt) (1949–) Banco Internacional para Reconstrução e Desenvolvimento (pt) (1952–) Interpol (1954–) Corporação Financeira Internacional (pt) (1956–) Associação Internacional de Desenvolvimento (pt) (1962–) Banco Asiático de Desenvolvemento (1973–) Organização Mundial das Alfândegas (pt) (1991–) ASEAN (1997–) Agência Multilateral de Garantia de Investimentos (pt) (2013–) Organização para a Proibição de Armas Químicas (pt) (2015–) | ||||
PIB nominal | 65.124.769.602 $ (2021) | ||||
Moeda | Quiate (pt) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Dominio de primeiro nivel | .mm | ||||
Prefixo telefónico | +95 | ||||
Teléfono de emerxencia | 199 (pt) , 191 (pt) e 192 (pt) | ||||
Código de país | MM e BU | ||||
Páxina web | myanmar.gov.mm | ||||
Historia
editarBirmania, que era reino independente, foi anexionado no 1886 polo Reino Unido, que a converteu en colonia como parte da India. Durante a segunda guerra mundial, o país foi ocupado polas tropas xaponesas, e logo liberado.
No 1948 o país atinxe a independencia, sendo primeiro ministro U Nu. No 1962 o xeneral Non Win dá un golpe de estado, e reina durante máis de 26 anos, introducindo reformas marxistas a marchas forzadas. No 1990 tiveron lugar eleccións libres, mais foron anuladas pola xunta militar.
Política
editarBirmania é membro da ASEAN (Asociación das nacións do Sueste asiático) e ostentará a súa presidencia no ano 2006.
Ditadura militar
editarApós o golpe de estado de setembro do 1988, Birmania é un réxime autoritario. O traballo forzado practícase a miúdo. A liberdade de prensa non é respectada. O exército, con 40 000 homes, non ten inimigo exterior; o seu único papel é o de controlar a poboación.
O partido de oposición dirixido por Aung San Suu Kyi (a Liga Nacional para a Democracia ou NLD) gañou as eleccións lexislativas en maio do 1990 con máis do 80% de votos a favor, á sorpresa da xunta que esperaba lexitimar o seu poder. Entón invalidou as eleccións. O NLDO loita polo retorno da democracia ao país.
A xunta ten unha posición ambigua cara á opoñente Aung San Suu Kyi, que é moi popular no mundo co seu premio Nobel da Paz no 1991. Aung San Suu Kyi comezou o décimo ano de detención o 24 de outubro 2004.
A política dos xenerais ocasiona migracións masivas cara á Tailandia.
O 19 de outubro do 2004, o Primeiro ministro, o xeneral Khin Nyunt foi descartado e autorizado a se retirar por razóns de saúde e asignado a residencia. Foi substituído por Soe Win, un duro. Khin Nyunto accedeu ao posto de primeiro ministro en agosto do 2003, logo de supervisar os servizos secretos birmanos durante máis de vinte anos. Asinara os acordos de alto o fogo coas etnias do norte (wa) que podían, en troques, continuar a cultivaren o opio. Iniciou o achegamento á India co que quería utilizar o modelo de abrir o país á democracia, e foi o interlocutor privilexiado das sociedades estranxeiras. O seu sucesor, o xeneral Maung Aye, moi duro, que ocupaba ata entón as funcións de vicepresidente do Consello de Estado pola paz e o desenvolvemento, é igualmente xefe de estado maior. Está próximo ao xeneral Tan Shwe, presidente da xunta e comandante xefe das forzas armadas. Khin Nyunt, 65 anos, encarnaba a vía das reformas. Khin Nyunt soubera manter o contacto cos grupos rebeldes representando as minorías étnicas e pór fin aos conflitos armados cos opostos ao réxime e mailos rebeldes. Fai falla esperar que o país non vaia á guerra civil.
Numerosas voces protestan contra as sociedades, coma Total que invisten no país e contra os que fan funcionar a industria do turismo, permitindo a entrada de divisas estranxeiras e axudando así o goberno actual.
Subdivisións
editarBirmania divídese en sete rexións administrativas (Hun-khu) e sete estados (Chiu).
As sete rexións son: Ayeyarwady, Bago, Magway, Mandalay, Sagaing, Tanintaryi e Yangon.
Os sete estados son: Chin, Kachin, Kayin, Kayah, Mon, Rakhin e Shan.
Xeografía
editar- Artigo principal: Xeografía de Myanmar.
Datos xerais
editarPoboación : 41 994 678 habitantes (en 2001). 0-14 anos: 29,14 %; 15-64 anos: 66,08 %; + 65 anos: 4,78 %
Superficie : 678 500 km²
Densidade : 61 hab./km²
Fronteiras terrestres : 5876 km (China 2185 km; Tailandia 1800 km; India 1463 km; Laos 235 km; Bangladesh 193 km)
Litoral : 1930 km
Altitude : 0 m > + 5 881 m
Esperanza de vida dos homes : 54 anos (en 2001)
Esperanza de vida das mulleres : 57 anos (en 2001)
Taxa de crecemento da poboación : 0,6 % (en 2001)
Taxa de natalidade : 20,13 ‰ (en 2001)
Taxa de mortalidade : 12,3 ‰ (en 2001)
Taxa de mortalidade infantil : 73,71 ‰ (en 2001)
Taxa de fecundidade : 2,3 infantes/muller (en 2001)
Taxa de migración : - 1,84 ‰ (en 2001)
Liñas de teléfono : 250 000 (en 2000)
Teléfonos móbiles : 8 500 (en 1997)
Aparellos de radio : 4,2 millóns (en 1997)
Aparellos de televisión : 320 000 (en 2000)
Usuarios de Internet : 500 (en 2000 : Internet autorizado só ao Estado e ás empresas)
Número de provedores de acceso a Internet : 1 (en 2000)
Estradas: 28 200 km (3440 km asfaltadas) (en 1996)
Vías férreas : 3991 km
Vías navegables : 12 800 km
Número de aeroportos : 80 (dan 9 coas pistas asfaltadas) (en 2000)
Economía
editar- Artigo principal: Economía de Myanmar.
A situación económica de Myanmar é bastante delicada. A agricultura é a principal actividade económica; ocupa case os dous terzos da poboación economicamente activa e contribúe nun 40% ao produto interior bruto. O cultivo predominante é o arroz, que ocupa cerca da metade das terras cultivables. Os demais cultivos (algodón, cacahuete, hevea, té) son secundarios. É de destacar igualmente o cultivo da durmideira.
A explotación forestal é intensa: Myanmar ocupa a primeira posición mundial na produción de teca. As industrias extractivas, outrora destacadas, están hoxe en día en retroceso, ao igual que a produción petrolífera. O sector industrial, anticuado, vive un momento delicado, cunha notable falta de investimentos, pese aos esforzos do Estado por atraer capital estranxeiro.
A situación en xeral de extrema penuria favorece a proliferación tanto das corruptelas, como do contrabando e do mercado negro.
Demografía
editarCultura
editarA poboación é esencialmente rural e a maioría budista.
As universidades son de novo pechadas desde decembro de 1996 por razóns de seguridade. Segundo a UNICEF, soamente o 27% dos nenos terminan a súa escolaridade.
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para birmano.
- ↑ "Asian Development Bank and Myanmar: Fact Sheet" (PDF). Asian Development Bank. 30 de abril de 2012. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 26 de decembro de 2018. Consultado o 20 de novembro de 2012.
- ↑ "Myanmar Population (2018) – Worldometers". worldometers.info.
- ↑ "The World Factbook – Burma". cia.gov. Arquivado dende o orixinal o 04 de novembro de 2010. Consultado o 4 de maio de 2016.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Myanmar |
Bibliografía
editar- Lieberman, Victor B. (2003). Strange Parallels: Southeast Asia in Global Context, c. 800–1830, volume 1, Integration on the Mainland. Cambridge University Press. ISBN 978-0-521-80496-7.
- Myint-U, Thant (2006). The River of Lost Footsteps—Histories of Burma. Farrar, Straus and Giroux. ISBN 978-0-374-16342-6.
- Charney, Michael W. (1999). History of Modern Burma. Cambridge University Press.
- Kemp, Hans (2013). [Burmese Light, Impressions of the Golden Land] (illustrated with text by Tom Vater ed.). Visionary World. ISBN 978-9628563708.
- "Burma's Western Border as Reported by the Diplomatic Correspondence (1947–1975)" por Aye Chan
Ligazóns externas
editar- Páxina web da presidencia Arquivado 19 de abril de 2021 en Wayback Machine. (en birmano)
- Portal Nacional de Myanmar (en birmano)