Carmen Álvarez Lorenzo
Carmen Álvarez Lorenzo, nada en Santiago de Compostela en 1970,[1] é unha farmacéutica, e académica especializada no campo dos novos sistemas poliméricos para aplicacións farmacéuticas e biomédicas.
Nome orixinal | Carmen Isabel Álvarez Lorenzo |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 1970 (54/55 anos) Santiago de Compostela, España |
Formación profesional | Doutora en Farmacia |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Q89547790 | Investigacións sobre os hidroxeis sensíbeis a estímulos intelixentes |
Actividade | |
Ocupación | Investigadora, Catedrática de Universidade |
Empregador | Universidade de Santiago de Compostela |
Premios | |
Membro da Real Academia de Farmacia de Galicia Membro da Real Academia Galega de Ciencias | |
Sitio web | carmen.alvarez.lorenzo@usc.es |
Traxectoria
editarCarmen Álvarez é licenciada e doutora en Farmacia pola Universidade de Santiago de Compostela, coa tese "Hidroxipropilcelulosas (L-HPCs y HPCs) como excipientes base en liberación controlada: importancia", lida en 1998 e dirixida polo Dr. Ángel Concheiro Nine.[2]
Realizou unha estadía entre 1998 e 2001 no Departamento de Física e Centro para Ciencia e Enxeñaría de Materiais no Instituto Tecnolóxico de Massachusetts (MIT).[3] Posteriormente, incorporouse como investigadora do Programa Ramón y Cajal ao Departamento de Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica da USC, no que é profesora dende o 2007 e catedrática dende outubro do 2020.[4]
Realiza o seu labor investigador no grupo I+DFarma, sendo coautora de numerosos artigos en revistas indexadas, comunicacións a congresos, dous libros e 17 patentes.[5][6] É membro de consorcios europeos orientados ao deseño de novos sistemas de administración de fármacos para enfermidades oculares e a sistemas trampa para células tumorais. Recentemente foi nomeada fellow da asociación American Institute for Medical and Biological Engineering (AIMBE).[5]
Participa activamente en actividades de achegas á Ciencia (Campus de Verán da FECYT) e para persoas maiores a través do Cuarto Ciclo. Ademais de coordinar o mestrado Interuniversitario en Nanociencia e Nanotecnoloxía.
É académica de número da Real Academia de Farmacia de Galicia, e foi distinguida con diversos premios.[7][8][9] Entre eles a medalla Ánxeles Alvariño González, da sección de Bioloxía e Ciencias da Saúde da Real Academia Galega de Ciencias.[10]
O 27 de setembro de 2022 ingresou como académica de número na Real Academia Galega de Ciencias, ocupando unha cadeira na Sección de Bioloxía e Ciencias da Saúde.[11]
Publicacións, teses dirixidas, membro de Tribunais de teses e patentes
editarA doutora Álvarez Lorenzo é autora de 372 publicacións (1 libro, 14 capítulos de libros, 340 artigos, 11 relatorios en Congresos e 6 máis), dirixíu 21 teses de doutoramento, partcipou como membro en 20 tribunais de teses de doutoramnto, e rexistrou 16 patentes.[2]
Notas
editar- ↑ "CV Carmen Álvarez Lorenzo" (PDF). Academia de Farmacia de Galicia. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04-03-2021. Consultado o 19-2-2021.
- ↑ 2,0 2,1 USC. Portal de investigación. Consultado o 27 de setembro ce 2022.
- ↑ Redacción (2015-09-29). "A profesora da USC Carmen Álvarez ingresa na Academia de Farmacia de Galicia". GCiencia. Consultado o 2021-02-19.
- ↑ "Investigadores de la Universidad de Santiago – Galicia". imaisd.usc.es. Consultado o 2021-02-19.
- ↑ 5,0 5,1 Redacción (2021-02-19). "Carmen Álvarez ingresa no American Institute for Medical Engineering". GCiencia. Consultado o 2021-02-19.
- ↑ "Cómo hacer de las lentes de contacto un medicamento". La Voz de Galicia (en castelán). 2017-05-01. Consultado o 2021-02-19.
- ↑ Redacción (2015-09-14). "O grupo I+D Farma da Universidade de Santiago gaña o premio Antonio Usero de Ciencias da Saúde". GCiencia. Consultado o 2021-02-19.
- ↑ "Premio a una empresa surgida en la USC". La Voz de Galicia (en castelán). 2015-11-12. Consultado o 2021-02-19.
- ↑ Redacción (2015-09-15). "Premio da Sociedade Europea de Biomateriais para unha investigación do grupo I+D Farma". GCiencia. Consultado o 2021-02-19.
- ↑ Redacción (2021-09-29). "Cinco recoñecidas figuras científicas reciben as Medallas de Investigación da RAGC". GCiencia. Consultado o 2021-09-29.
- ↑ Viñas, María (27 de setembro de 2022). "«En un par de años habrá lentillas para curar la miopía a los niños»". La Voz de Galicia. Consultado o 22 de setembro de 2022.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Carmen Isabel Álvarez Lorenzo en USC. Portal de incestigación (en castelán).