Diocese de Dumio
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
A Diocese de Dumio foi unha antiga diocese do reino de Galicia, sita no norte de Portugal, sendo actualmente unha sé titular.
Localización | |||
---|---|---|---|
Rexión histórica | Hispania | ||
Provincia romana | Gallaecia | ||
Escindido de | Bispado de Braga | ||
Datos históricos | |||
Creación | 558 | ||
Disolución | 1114 | ||
Sucedido por | diocese de Modoñedo | ||
Historia
editarNo ano 558, estando no trono o rei suevo Carriarico, Martiño de Dumio conseguiu que Dume fose elevada á dignidade episcopal, tornando a igrexa en catedral e constituíndo formalmente o bispado de Dumio con dominio directo sobre o territorio dependente do mosteiro.
Coa caída da monarquía visigoda e a invasión musulmá da Península Ibérica, o último prelado acolleuse no norte de Galicia na antiga sé de Britonia, aínda que titularmente permanecesen bispos de Dumio. Coa toma militar das prazas musulmás tempo despois o pequeno territorio da diocese de Dumio foi incorporado na diocese de Braga.
Actualmente, o título de bispo titular de Dumio continúa a ser usado por bispos auxiliares, á semellanza do que sucede con outras dioceses históricas de Portugal extinguidas.
Lista de bispos
editar- Martiño de Dumio (556-579)
- Xoán (589)
- Benxamín (610)
- Xermán (633)
- Recimiro (646-653)
- San Froitoso (656)
- Leodixisio (675)
- Liúva (681)
- Vicente (688)
- Fiz (693-716)
- Rosendo (867, 881, 907) - primeiro bispo coñecido con residencia en Mondoñedo.
- Sabarico (907-925/926)
- San Rosendo (927-951)
- Teodomiro (967, 974)
- Hermentario ou Armentario (985, 1012)
- Sueiro I (1015, 1022)
- Nuno (1025, 1027)
- Alvito (1042, 1062)
- Soeiro II (1058-1064)
- Gonzalo (1071-1111?)
Bispos titulares de Dume
editarEste artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |