Era Meiji
A era Meiji (xaponés: 明治時代, Meiji jidai) foi un período na historia do Xapón entre o 23 de outubro de 1868 e o 30 de xullo de 1912. Abarca a primeira metade do imperio do Xapón, durante a cal o pobo nipón pasou de ser unha sociedade feudal illada a un estado nación industrializado, influenciado polos desenvolvementos científicos, tecnolóxicos, filosóficos, políticos, legais e estéticos de Occidente. Como resultado desta mudanza radical, os cambios no país foron profundos, afectando á estrutura social, á política interior, á economía, ao exército e ás relacións internacionais. Esta etapa coincide co reinado do emperador Meiji. Foi precedida polo período Keiō e seguida pola era Taishō, despois da coroación do emperador Taishō.
明治 (ja) | |||
Epónimo | I Ching | ||
---|---|---|---|
Localización | |||
Xeografía | |||
Parte de | |||
Datos históricos | |||
Precedido por | |||
Sucedido por | Período Taishō (pt) | ||
A rápida modernización do país atopou oposición, especialmente entre grupos tradicionalistas da antiga clase samurai, que se rebelaron contra o novo goberno durante a década de 1870. Neste sentido, destacou a figura de Saigō Takamori, quen liderou a rebelión de Satsuma. Porén, tamén houbo apoios ao emperador dende o bando samurai, como os políticos Itō Hirobumi e Itagaki Taisuke.
A Restauración Meiji
editar- Artigo principal: Restauración Meiji.
O 3 de febreiro de 1867, o príncipe Mutsuhito, de catorce anos, sucedeu ao seu pai, o emperador Kōmei, como 122.º emperador do Trono de Crisantemo, co título de emperador Meiji.
Este cambio coincidiu coa presión sobre o shogunato gobernante para modernizar o Xapón, combinando os avances modernos cos valores tradicionais nipóns. Mutsuhito compartía estes ideais, polo que decidiu esixir a devolución do poder gobernamental ao emperador. O 9 de novembro de 1867, o shōgun Tokugawa Yoshinobu presentou a súa dimisión perante o emperador, abandonando formalmente o seu posto dez días despois. A restauración imperial sucedeu ao ano seguinte, o 3 de xaneiro de 1868, coa conformación do novo goberno. A caída de Edo no verán dese mesmo ano sinalou o final do shogunato Tokugawa, polo que se proclamou a nova era Meiji.
A primeira reforma do novo goberno foi a promulgación do Xuramento dos Cinco Artigos en 1868, co obxectivo xeral de elevar a moral e obter financiamento. O Xuramento consta dos seguintes apartados:
- Establecerase unha asemblea deliberativa que decidirá sobre todos os asuntos públicos.
- Todas as clases, altas e baixas, uniranse para a xestión dos asuntos do estado.
- A xente común, así como os oficiais civís e militares, poderán cumprir coa súa propia vocación para previr o descontento.
- Os malos costumes do pasado serán eliminados en favor das xustas leis da natureza.
- Procurarase o coñecemento en todo o mundo para fortalecer as bases do mandato imperial.
----
Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |