Haplogrupo
Un haplogrupo é, no estudo da evolución molecular, un grupo grande de haplotipos, que son series de alelos en lugares específicos dun cromosoma.
En xenética humana, os haplogrupos máis comunmente estudados son os haplogrupos do cromosoma Y (ADN-Y) e os haplogrupos do ADN mitocondrial (ADNmt), os cales poden ser usados para definir poboacións xenéticas. O ADN-Y ten a vantaxe de ser transmitido soamente a través da liña patrilineal, mentres que o ADNmt é transmitido soamente a través da liña matrilineal.
As clasificacións dos haplogrupos humanos de calquera clase baseados en marcadores xenéticos, especificamente por medio de polimorfismos por cambio dun só nucleótido, ou SNP polas súas siglas en inglés, evolucionaron rapidamente nos últimos anos, conforme se descobren novos marcadores.
Mediante a análise de polimorfismos de restrición encimática (RFLPs) pódense atopar estes SNPs: os haplogrupos defínense en función da presenza ou ausencia de dianas de corte por encimas de restrición debidas ós polimorfismos por cambio dun só nucleótido. Segundo se se empregan máis ou menos encimas para facer o estudo, obteranse análise de restrición de alta ou baixa resolución, respectivamente.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Haplogrupo |