Historias de Galicia
serie divulgativa da Televisión de Galicia
Historias de Galicia é unha serie divulgativa da Televisión de Galicia, con 32 capítulos de media hora de duración, que trata sobre feitos económicos, políticos, sociais e culturais de Galiza desde as súas orixes até a actualidade. Comezou a emitirse o 25 de febreiro de 2007.
En cada capítulo pártese de escenarios da Galiza actual e nárrase a evolución de fenómenos históricos e culturais variados, como poden ser a evolución da agricultura, a pesca, a lingua, a casa, o poder relixioso, as guerras, a nobreza, a fidalguía, a emigración, o papel da muller etc.
Ficha técnica
editar- Dirección: Xosé Manuel Vega Gómez
- Realización: Ricardo X. Llovo
- Dirección Artística: Angel Amaro F.
- Vestiario: Isabel Vázquez
- Produción: Eva Gómez
- Guión Rosa G. Bello, Xosé A. Domelo e Xosé M. Vega
- Música: Manuel Conde
- Fotografía: Alberte Goitia, Quico Martínez
- Presentación: Xosé Barato
Audiencias
editar- 1ª tempada: 172.000 espectadores (17,72%)
- 2ª tempada: 202.000 espectadores (19,29%)
- 3ª tempada: 140.000 espectadores (14,02%)
Premios
editar- Premios Mestre Mateo 2007:
- Mellor programa de TV
- Mellor realización
- Mellor comunicador: Xosé Barato