O interferón é unha proteína producida naturalmente polo sistema inmunitario da maioría dos animais como resposta a axentes externos, tales como virus, ou a células canceríxenas. O interferón pertence á clase das glicoproteínas e é unha citocina.

Dominio de interferón alfa/beta
Estrutura molecular do interferón alfa humano.
Identificadores
SímboloInterferon
PfamPF00143
InterProIPR000471
PROSITEPDOC00225
SCOPe1au1 / SUPFAM

Nos seres humanos hai tres tipos principais de interferón:

  • O tipo I está composto por 14 diferentes isoformas do interferón alfa, e isoformas individuais beta, omega, épsilon e kappa.
  • O tipo II consiste no interferón gamma.
  • Recentemente descubriuse unha terceira clase de inteferon, o lambda, con 3 isoformas diferentes.

Principios

editar

Na maioría de casos, a produción de interferón é inducida por outras citocinas, por exemplo, IL-1, IL-2, TNF e CSF, que son sintetizadas en resposta á aparición de virus no corpo. O seu metabolismo e excreción prodúcese principalmente no fígado e riles. Dificilmente atravesan a placenta e a barreira hematoencefálica. O interferón alpha e beta é producido por varios tipos celulares: as células T e as células B, macrófagos, fibroblastos, células endoteliais e osteoblastos entre outras, e son importantes compoñentes da resposta antiviral. Estimulan aos macrófagos e as células NK e son activas contra os tumores.

O interferón gamma participa na regulación das respostas inmune e inflamatoria. Nos humanos, só hai un tipo de interferón gamma. Prodúcese en células T activadas. O interferón gamma ten efectos antivirais e antitumorais, pero xeralmente febles. Con todo, potencia os efectos do interferón alpha e beta. Desafortunadamente, o interferón gamma necesita ser liberado no tumor en doses moi pequenas e non é, actualmente, moi útil no tratamento do cancro.

Este interferón gamma é secretado por linfocitos Th1 e estimula entre outros, a macrófagos, posibilitando a fagocitose. Esta función é importante nas infeccións de bacterias extracelulares. A activación do macrófago é inútil nas infeccións víricas e de escasa importancia nas infeccións bacterianas intracelulares (como a tuberculose)

O interferón alfa ten 2 accións básicas:

  • Impide a replicación viral en células infectadas que aínda non foron destruídas pola acción vírica.
  • Activa linfocitos NK, que eliminan células que non presenten o complexo de histocompatibilidade tipo I (que adoitan ser células tumorais ou infectadas por virus).

Usos farmacolóxicos

editar

A produción de interferón sérvese da tecnoloxía de recombinación de ADN, permitindo o cultivo masivo e purificación das emisións bacterianas.

Actualmente existen varios tipos de interferón que foron aprobados para o seu uso en humanos, e a terapia de interferón é usada, xunto con quimioterapia e radioterapia no tratamento do cancro. A inxección de interferón nos músculos, veas ou baixo a pel é comunmente ben tolerada. Os efectos secundarios máis frecuentes son síntomas catarrais: febre, malestar, cansazo, dor de cabeza, dor muscular e convulsións. Tamén se observan frecuentemente eritema, dor e dureza no punto da inxección. Raras veces, os pacientes experimentan caída do cabelo, e depresión. Todos os efectos coñecidos son reversibles e desaparecen aos poucos días de abandonar o tratamento.

O interferón alpha foi usado no tratamento da hepatite C e da leucemia mieloide crónica.

O interferón beta é utilizado no tratamento e control da esclerose múltiple. Por un mecanismo aínda descoñecido, inhibe a produción das citocinas de Th1 e a activación de monocitos. Tamén ten un labor importante no shock séptico.

pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy