Manuel Bermúdez Couso

mestre, empresario e político galego

Manuel Bermúdez Couso, nado na Pobra de Trives o 11 de novembro de 1924 e finado na mesma vila o 20 de abril de 2010, foi un mestre, político e dirixente ourensán.

Modelo:BiografíaManuel Bermúdez Couso
Biografía
Nacemento11 de novembro de 1924 Editar o valor en Wikidata
A Pobra de Trives, España Editar o valor en Wikidata
Morte20 de abril de 2010 Editar o valor en Wikidata (85 anos)
Actividade
Ocupaciónmestre, empresario, político Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Mestre de profesión, alternou a súa carreira docente coa política. Comezou de docente dando clase en 1951 en Ourense, e despois pasou á escola de formación do profesorado da Universidade de Santiago de Compostela, con sede en Ourense, onde foi catedrático de matemáticas e logo, na década dos setenta, director. Posteriormente, traballou como inspector de ensino en Madrid. Tamén foi director da Escola de Comercio dependente da Deputación de Ourense.

En política, durante o franquismo foi deputado provincial na década dos sesenta e setenta, e xa na democracia, ingresou en Centristas de Galicia. Foi ademais nomeado vicepresidente de Caixa Ourense, e ocupou a presidencia da entidade á morte do presidente David Ferrer en 1998. Neste cargo de presidente dirixiu a fusión con Caixavigo en 1999 e polo tanto a desaparición da entidade independente, mais continuou no consello de administración da nova entidade, a partir de 2000 denominada Caixanova. Finou na Pobra de Trives o 20 de abril de 2010.[1]

  1. "Nota necrolóxica". Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 02 de agosto de 2010. 
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy