Pipino o Xiboso
Pipino o Xiboso, nado cara ao 769 e finado cara ao 811, foi o fillo máis vello de Carlomagno coa súa concubina Himiltruda.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 769 ↔ 770 |
Morte | 811 (Gregoriano) (40/41 anos) Prüm Abbey, Alemaña (en) |
Causa da morte | peste |
Rei dos francos | |
Outro | |
Título | Príncipe |
Familia | Dinastía Carolinxia |
Pais | Carlomagno e Himiltrude |
Irmáns | Carlos o Mozo Pipino de Italia Lois I o Piadoso Drogon de Metz Hugh Lotário Teodorico Rotrude Teodrada Berta Gisela Alpaida Adelaide Hildegarda Chrotais Hiltrude Rodaida Adaltruda |
Traxectoria
editarDebido á discapacidade á que fai referencia o seu alcume e á súa posible ilexitimidade nunca foi candidato a herdar o goberno dos francos. Porén, Carlomagno tratábao con prioridade sobre os seus irmáns máis novos, como era apropiado pola súa primoxenitura. Carlomagno desherdouno formalmente no 780, cando o Papa bautizou ao seu terceiro fillo Carlomán, quen pasou a recibir o nome de Pipino. En 792 o deforme príncipe conspirou cun grupo de nobres descontentos para mataren a Carlomagno, á súa esposa e aos seus tres fillos, coa fin de que o Xiboso conseguise o trono, converténdose así nun monicreque dos nobres. O golpe fracasou e Carlomagno condenou a morte a todos os conspiradores agás ao seu fillo, quen foi desterrado ao mosteiro de Prüm, onde faleceu 19 anos despois.