Río Pisuerga
O río Pisuerga é un curso fluvial do noroeste da Península Ibérica, afluente do río Douro pola súa marxe dereita. Ten un curso total de 283 km.
Tipo | río | ||||
---|---|---|---|---|---|
Inicio | |||||
Continente | Europa | ||||
División administrativa | España | ||||
Final | |||||
División administrativa | Castela e León, España | ||||
Localización | Río Douro | ||||
| |||||
Afluentes | Río Esgueva, Odra (en) , Valdavia River (en) , Río Arlanza, Río Carrión, Burejo River (en) , Camesa (en) , Rivera River (en) , Arroyo de Valdecelada (pt) , Arroyo Rodastillo (en) , arroyo de los Madrazos (pt) | ||||
Conca hidrográfica | Conca do Douro | ||||
Características | |||||
Dimensións | 283 () km | ||||
Superficie da cunca hidrográfica | 15.828 km² | ||||
Etimoloxía
editarNo que hoxe é Herrera de Pisuerga (provincia de Palencia) existiu un asentamento dos celtas turmogos chamado Pisoraca que deu nome ao río enteiro. A evolución da palabra é común a outras no castelán: Pisóraca > Pisóraga > Pisorga > Pisuerga. O topónimo tería a súa orixe en bis-ur-aca (sufixo -aca similar a -briga, moi común na lingua celta), co significado de "dúas lameiras", pode ser que en referencia aos dous ríos próximos, Pisuerga e Burejo.
Percorrido
editarNace no glaciar Covarrés, do pico Valdecebollas (provincia de Palencia), discorre por Sel de la Fuente, e se fai subterráneo, para emerxer en Fuente Cobre, na serra de Peña Labra, na Cordilleira Cantábrica, cerca de Santa María de Redondo, municipio de La Pernía. Baixa en dirección sur, atravesando a comarca do Alto Campoo, delimitando a de Terra de Campos cara Occidente.
Serve de linde entre as provincias de Palencia e Burgos, na súa parte media, nun bo treito de percorrido. Logo continúa pola provincia de Valladolid, pasando pola mesma cidade de Valladolid, onde se lle une o río Esgueva, para seguir a Simancas, até a súa unión co Douro.
Desembocadura
editarDesemboca no río Douro pasado Pesqueruela, Simancas, no límite do termo municipal de Geria co da localidade de Villamarciel, municipio de Tordesillas (Valladolid).
Datos básicos
editarO seu caudal hídrico na desembocadura supera o do río Douro neste punto, en aproximadamente 80 m³/s.
Afluentes principais
editarLocalidades que atravesa
editar- Santa María de Redondo
- Cervera de Pisuerga
- Aguilar de Campoo
- Becerril del Carpio
- Alar del Rey
- Herrera de Pisuerga (antiga Pisóraca que deu nome ao río)
- Ventosa de Pisuerga
- Zarzosa de Riopisuerga
- Castrillo de Riopisuerga
- Olmos de Pisuerga
- Naveros de Pisuerga
- San Llorente de la Vega
- Melgar de Fernamental
De novo na Provincia de Palencia
editarVéxase tamén
editarLigazóns externas
editarCommons ten máis contidos multimedia sobre: Río Pisuerga |