Triptamina

composto químico

A triptamina é un alcaloide monoamina. Contén unha estrutura de anel indólico, e é estruturalmente similar ao aminoácido triptófano, do cal deriva o seu nome. A triptamina encóntrase en cantidades traza nos cerebros dos mamíferos e hipotetízase que xoga un papel como neuromodulador ou neurotransmisor.[2] De xeito similar a outras aminas traza, a triptamina únese ao receptor 1 asociado a aminas traza (TAAR1) humano como agonista.[3]

Triptamina
Identificadores
Número CAS 61-54-1
PubChem 1150
ChemSpider 1118
ChEMBL CHEMBL6640
Ligando IUPHAR 125
Imaxes 3D Jmol Image 1
Propiedades
Fórmula molecular C10H12N2
Masa molar 160,22 g mol−1
Aspecto po cristalino de branco a laranxa[1]
Punto de fusión 113-116˚C[1]
Punto de ebulición 137˚C (0.15 mmHg) [1]
Solubilidade en auga solubilidade en auga desprezable[1]
Perigosidade
Punto de inflamabilidade 185˚C[1]

Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa.

A triptamina funciona como un grupo funcional común nun conxunto de compostos chamados triptaminas substituídas. Entre eles hai compostos bioloxicamente activos, como neurotransmisores e drogas psicodélicas.

A concentración de triptamina no cerebro de ratas é duns 3,5 pmol/g.[4]

Plantas que conteñen triptamina

editar

Moitas plantas conteñen pequenas cantidades de triptamina. Utilízase como material inicial en vías metabólicas que inflúen no crecemento da planta e no microbioma. Por exemplo, encóntrase como un posible intermediario nunha vía biosintética da hormona vexetal ácido indol-3-acético.[5] Poden encontrarse concentracións maiores en moitas especies de Acacia.

Farmacoloxía

editar

A triptamina é un agonista do receptor hTAAR1.[3] Actúa como agonista do receptor da serotonina non selectivo e axente liberador de serotonina-norepinefrina-dopamina (SNDRA), con preferencia por causar a liberación de serotonina e dopamina sobre a de norepinefrina.[6][7][8]

A triptamina actúa como inhibidor non competitivo da serotonina N-acetiltransferase (SNAT) en mosquitos.[9] A SNAT cataliza o metabolismo anabólico da serotonina, que se converte en N-acetilserotonina, outro neuromodulador (especificamente un factor neurotrófico por medio de agonismo no receptor TrkB) e o precursor inmediato da melatonina.

A triptamina matabolízase rapidamente pola acción da MAO-A e MAO-B,[10] e por esta razón ten unha vida media moi curta in vivo.

Síntese

editar

A síntese de triptamina de Abramovitch–Shapiro é unha reacción orgánica para a síntese desta substancia.[11]

 
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 http://www.chemicalbook.com/ProductChemicalPropertiesCB8192006_EN.htm
  2. Jones R.S. (1982). "Tryptamine: a neuromodulator or neurotransmitter in mammalian brain?". Progress in neurobiology 19 (1–2): 117–139. doi:10.1016/0301-0082(82)90023-5. 
  3. 3,0 3,1 Khan MZ, Nawaz W (October 2016). "The emerging roles of human trace amines and human trace amine-associated receptors (hTAARs) in central nervous system". Biomed. Pharmacother. 83: 439–449. PMID 27424325. doi:10.1016/j.biopha.2016.07.002. 
  4. Jiang, Zhen; Mutch, Elaine; Blain, Peter G.; Williams, Faith M. (2006). "Conversion of trichloroethylene to chloral using occupationally relevant levels". Toxicology 226 (1): 76–77. doi:10.1016/j.tox.2006.05.102. 
  5. Nobutaka Takahashi (1986). Chemistry of Plant Hormones. CRC Press. ISBN 9780849354700. 
  6. Wölfel, Reinhard; Graefe, Karl-Heinz (1992). "Evidence for various tryptamines and related compounds acting as substrates of the platelet 5-hydroxytryptamine transporter". Naunyn-Schmiedeberg's Archives of Pharmacology 345 (2): 129–36. PMID 1570019. doi:10.1007/BF00165727. 
  7. Shimazu, S; Miklya, I (2004). "Pharmacological studies with endogenous enhancer substances: Beta-phenylethylamine, tryptamine, and their synthetic derivatives". Progress in neuro-psychopharmacology & biological psychiatry 28 (3): 421–7. PMID 15093948. doi:10.1016/j.pnpbp.2003.11.016. 
  8. Blough, Bruce E.; Landavazo, Antonio; Partilla, John S.; Decker, Ann M.; Page, Kevin M.; Baumann, Michael H.; Rothman, Richard B. (2014). "Alpha-ethyltryptamines as dual dopamine–serotonin releasers". Bioorganic & Medicinal Chemistry Letters 24 (19): 4754–4758. ISSN 0960-894X. PMC 4211607. PMID 25193229. doi:10.1016/j.bmcl.2014.07.062. 
  9. Khoo HG, Wong KP (1994). "Acetyl CoA generation and N-acetylation of serotonin (5HT) in the mosquito, Aedes togoi". Insect Biochemistry and Molecular Biology 24 (5): 445–51. PMID 7911372. doi:10.1016/0965-1748(94)90039-6. 
  10. Sullivan, James P.; McDonnell, Leonard; Hardiman, Orla M.; Farrell, Michael A.; Phillips, Jack P.; Tipton, Keith F. (1986). "The oxidation of tryptamine by the two forms of monoamine oxidase in human tissues". Biochemical Pharmacology 35 (19): 3255–60. PMID 3094536. doi:10.1016/0006-2952(86)90421-1. 
  11. Abramovitch, R. A.; Shapiro, D. (1956). "880. Tryptamines, carbolines, and related compounds. Part II. A convenient synthesis of tryptamines and β-carbolines". Journal of the Chemical Society: 4589–92. doi:10.1039/JR9560004589. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy