Xosé Luís de Dios
Xosé Luís de Dios Martínez, nado en Ourense o 3 de febreiro de 1943 e finado o 2 de agosto de 2010 en Tui[1], foi un pintor galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 3 de febreiro de 1943 Ourense, España |
Morte | 2 de agosto de 2010 (67 anos) Tui, España |
Actividade | |
Ocupación | pintor |
Membro de | |
Familia | |
Irmáns | Manuel de Dios |
Descrito pola fonte | Diciopedia do século 21, (vol:1, p.707) |
Traxectoria
editarParticipou da creación do grupo artístico Volter, ao redor do café homónimo en Ourense, e do que tamén formaron parte Xaime Quessada e Acisclo Manzano. Realizou a súa primeira exposición en 1963. Comezou co debuxo, para pasar posteriormente ao cartelismo e a publicidade. Realizou exposicións por toda Galicia, Madrid (cidade onde viviu moitos anos), Barcelona, Buenos Aires, Cidade de México ou Río de Xaneiro. As obras caracterízanse polas cores vivas e un elevado grao de abstracción. A súa última exposición tivo lugar en 2008. Os últimos anos da súa vida pasounos en Tui.
Persoal
editarEra irmán do compositor Manuel de Dios. Faleceu dun aneurisma.[1]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 A arte galega fica sen a ollada emocional e poética do pintor Xosé Luís de Dios Arquivado 03 de agosto de 2010 en Wayback Machine., El Correo Gallego, 3/8/10