Saltar ao contido

Río Save

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Río Sava»)
Modelo:Xeografía físicaRío Save
Imaxe
Tiporío Editar o valor en Wikidata
Inicio
ContinenteEuropa Editar o valor en Wikidata
País da cuncaEslovenia, Croacia, Bosnia e Hercegovina, Montenegro, Serbia e Albania Editar o valor en Wikidata
Final
División administrativaBaden-Württemberg, Alemaña Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónRío Danubio Editar o valor en Wikidata
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 46°20′39″N 14°09′19″L / 46.344231, 14.155411
44°49′54″N 20°26′59″L / 44.831667, 20.449722
Afluentes
37
Conca hidrográficaconca do río Sava e conca do Mar Negro Editar o valor en Wikidata
Características
Dimensións945 (lonxitude) km
Superficie da cunca hidrográfica95.719 km² Editar o valor en Wikidata
Medicións
Caudal1.722 m³/s Editar o valor en Wikidata

O río Save[1] ou Sava[Cómpre referencia] (en alemán: Save, en esloveno: Sava, en húngaro: Száva) é un río que pasa por Eslovenia, Croacia, Bosnia e Hercegovina e Serbia. É un afluente dereito do río Danubio, confluíndo en Belgrado. Ten 940 km de longo. No tempo dos romanos era coñecido como Savus. Considérase o límite norte dos Balcáns.

Localización e características

[editar | editar a fonte]

O Sava ten dúas fontes principais, ambas as dúas na rexión alpina do noroeste de Eslovenia. A fonte do Sava Dolinka atópase en Zelenci, preto de Kranjska Gora. O Savica ("pequeno Sava"), que verte as súas augas no lago Bohinj saíndo despois como Sava Bohinjka, é a outra fonte. Os dous brazos do Sava xúntanse en Radovljica e o río toma o nome de Sava a partir deste punto.

Os seus afluentes máis importantes son desde o nacemento ata a desembocadura son os ríos Ljubljanica, Savinja, Mirna, Krka, Sotla, Kupa, Lonja, Orljava, Bosut, Una, Vrbas, Ukrina, Bosna, Tinja, Lukovac, Drina e mais o río Kolubara.

O Sava pasa polas seguintes cidades: Kranj, Zagorje ob Savi, Trbovlje, Hrastnik, Radeče, Liubliana, Zidani Most, Sevnica, Krško e Brežice en Eslovenia, Zagreb, Sisak, Slavonski Brod e Županja en Croacia, Bosanski Šamac e Brčko en Bosnia-Hercegovina e Sremska Mitrovica, Šabac e Belgrado en Serbia.

  1. Diciclopedia do século 21, tomo 3, O-Z, p. 1899. (Ed. Cumio, Galaxia, Do Castro, 2007).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]
pFad - Phonifier reborn

Pfad - The Proxy pFad of © 2024 Garber Painting. All rights reserved.

Note: This service is not intended for secure transactions such as banking, social media, email, or purchasing. Use at your own risk. We assume no liability whatsoever for broken pages.


Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy