Content-Length: 82299 | pFad | http://gl.wikipedia.org/wiki/Absidiola

Absidiola - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Absidiola

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Esquema da planta dunha catedral coas absidiolas destacadas.

En arquitectura denomínase absidiola[1] ou ábsida secundaria, a unha pequena ábsida que se abre na ábsida principal e acolle unha capela. Tamén poden construírse nos lados do transepto. Esta estrutura foi moi común nas catedrais dos estilos románico e gótico durante a Idade Media.

A planta pode ser cadrada, circular ou poligonal, consante coa planta e características da ábsida á que se abren.

No caso de existir un deambulatorio que rodea a ábsida, as absidiolas abriranse a este. O número de absidiolas máis común é de tres, podendo variar segundo as dimensións do templo.

Planta da Catedral de Santiago no século XII onde se poden ver as cinco absidiolas da ábsida e as catro do lado leste do transepto

En termos de difusión xeográfica denótase unha clara centralización do seu emprego no continente europeo (especialmente en Francia), sendo moi limitado o seu uso en Inglaterra.

É un recurso arquitectónico moi empregado nos templos de peregrinación xunto co deambulatorio.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para absidiola.








ApplySandwichStrip

pFad - (p)hone/(F)rame/(a)nonymizer/(d)eclutterfier!      Saves Data!


--- a PPN by Garber Painting Akron. With Image Size Reduction included!

Fetched URL: http://gl.wikipedia.org/wiki/Absidiola

Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy