Content-Length: 125735 | pFad | http://gl.wikipedia.org/wiki/Adverbio

Adverbio - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Adverbio

1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O adverbio é a clase de palabra que actúa como núcleo do sintagma adverbial. Adoita engadir información circunstancial ao verbo, e algúns ata a toda a oración, xa sexa de tempo, de modo, de lugar, de afirmación, negación ou dúbida[1]. Neses casos considérase que funciona como modificador a nivel de sintagma verbal (fíxeno doadamente) ou nivel clausal (sinceramente,...). As funcións sintácticas do adverbio son, á parte da de núcleo de sintagma adverbial, as de complemento circunstancial do verbo, as de cuantificador, grao ou modificador do adxectivo ("moi bo") e as de cuantificador doutro adverbio ("bastante preto"). Algúns adverbios poden funcionar como predicados dirixidos cara a un suxeito e xunto a unha cópula verbal ("está divinamente")

O adverbio de modo pode formarse mediante a colocación do sufixo "-mente" ao final dalgúns adxectivos femininos. Por exemplo: soa (adxectivo) > soamente (adverbio). Tamén poden formarse compostos parasintéticos adverbiais agregando o prefixo a- e o sufixo -as: Ás agachadas, ás cegas... Algúns sintagmas preposicionais así mesmo foron lexicalizados como adverbios: a posta > aposta.

Ambos, tanto o adverbio como o adxectivo poden ser precedidos por cuantificadores como: "moi" adv //adx = "moi rápido" // "moi rapidamente"

Hai adverbios de:

tempo
despois, agora, logo etc.
lugar
aquí, alén, algures, acolá etc.
modo
mal, gratis etc.
cantidade e intensidade
bastante, máis, moito, menos etc.
afirmación
si, certamente, de certo etc
negación
non, nin etc e outros que teñen implícita a negación, como nunca, xamais, ninguén etc.
dúbida ou atenuación
talvez, seica, se cadra etc.

Tamén hai locucións adverbiais, isto é, sintagmas constituídos por palabras que non teñen por que ser adverbios pero que forman un todo que funciona como adverbio, como por exemplo de boas a primeiras, en principio etc.

Comparación

[editar | editar a fonte]

Algúns adverbios teñen, como os adxectivos, graos de comparación, como por exemplo lonxe, sempre, preto, cedo, tarde, os adxectivos neutros empregados adverbialmente e modificando un verbo (alto, baixo, caro etc.), algunhas locucións adverbiais, a maioría dos adverbios de modo en -mente e ben, mal e pouco.

Colocación

[editar | editar a fonte]

A posición dos adverbios é bastante libre e poden ser deslocados facilmente por motivos estilísticos. Porén, de modo xeral, os adverbios colócanse antes do adxectivo ou do adverbio que modifican.

  1. Na actualidade, a afirmación, a negación e a dúbida, tal como se expresa en Wikibooks:Negación, afirmación e dúbida, son consideradas modalidades discursivas, e os tradicionais adverbios de afirmación e negación son marcas destas modalidades, polo que non pertencen á categoría adverbial.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]








ApplySandwichStrip

pFad - (p)hone/(F)rame/(a)nonymizer/(d)eclutterfier!      Saves Data!


--- a PPN by Garber Painting Akron. With Image Size Reduction included!

Fetched URL: http://gl.wikipedia.org/wiki/Adverbio

Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy