Content-Length: 122644 | pFad | http://gl.wikipedia.org/wiki/Alcelafinos

Alcelafinos - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Alcelafinos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alcelafinos
Alcelaphinae
Alcélafos, damaliscos e ñus

Rango fósil: mioceno - actualidade

Alcelaphus buselaphus
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Orde: Artiodactyla
Suborde: Ruminantia
Familia: Bovidae
Subfamilia: Alcelaphinae
Brooke, 1876
Tribo: Alcelaphini
Rochebrune, 1883
Xéneros e Especies
Véxase o texto
Connochaetes taurinus.
Topi (Damaliscis korrigum topi).
Damaliscus lunatus.
Beatragus hunteri.

A dos alcelafinos (Alcelaphinae) é unha subfamilia de mamíferos artiodáctilos ruminantes da familia dos bóvidos.[1]

A subfamilia comprende catro xéneros de antílopes de tamaño de mediano a grande que se distribúen amplamente, agrupados en grandes rabaños, polas sabanas da África subsahariana. Teñen características moi semellantes, polo que se reúnen nuha soa tribo, a dos alcelafininos (Alcelaphini).

Inclúe os alcélafos, os damaliscos, os ñus, e outras especies parecidas.

Características

[editar | editar a fonte]

Os alcelafinos son antílopes grandes con algunhas características moi peculiares:[2][3]

Todos eles teñen alzada (as agullas ou a cruz, as articulacións das extremidades anteriores) moi altas, bastante máis que as ancas, e a cara —a miúdo longa e estreita— cunha aparencia ruda, pouco bovina.

Pódense distinguir tres tipos inconfundíbeis:

  • o topi e os seus afíns (todos os damaliscos) son os máis normais;
  • os alcélafos distínguense ben polo se dorso claramente descendente, e pola súa cabeza moi longa, coroada por unha especie de prolongamento no que se insiren os cornos;
  • os membros de ambos os grupos antecitados teñen a cola bordeada por unha especie de flocos de pelos tesos e negros na parte exterior (agás no alcélafo de Hunter ou hirola, Beatragus hunteri (antes Damaliscus hunteri);
  • pola súa parte os ñus, debido á súa cabeza e aparencia xeral con ornamentos pilosos peculiares (barba, crina e cola equina) teñen un aspecto inconfundíbel, un algo "extravagante".

Todos eles viven en hábitats abertos, especialmente nas sabanas das grandes chairas.

Son moi gregarios, e a maioría viven en grandes mandas.

Clasificación

[editar | editar a fonte]

Clasicamente a subfamilia utilízase no sentido da tribo dos Alcelaphini e non do clado Alcelaphini + Hippotragini. Este clado diverxeu dos caprinos hai aproximadamente 14 millóns de anos.[4]

A subfamilia foi definida en 1876 polo naturalista e cazador británico Victor Brooke (1843-1893), in Wallace. Geog. Distr. Anim.: 224.[1]

E a tribo en 1883 polo botánico, malacológo e zoólogo francés Alphonse Trémeau de Rochebrune (1836-1912),[5] aínda que algúns adxudícanlle a súa autoría, en 1945, ao biólogo e paleontólolgo estadounidense George Gaylord Simpson (1902-1984).[6]

Xéneros e especies

[editar | editar a fonte]

Segundo Mammal Species of the World (MSW), de Wilson & Reeder, a subfamilia comprende catro xéneros viventes, con 10 especies;[1]

Subfamilia Alcelaphinae
Tribo Alcelaphini

Porén, segundo a UICN, a clasificación sería:[8]

  1. 1,0 1,1 1,2 Wilson, D. E., & Reeder, D. M. (editors) (2005): Mammal Species of the World — A Taxonomic and Geographic Reference. Third edition. ISBN 0-8018-8221-4.
  2. Dorst, J. & Dandelot, P. 1973, pp. 222-233.
  3. Haltenorth, T. & Diller, H. 1986, pp. 79-87.
  4. Arati Iyengar et al. (2006): "Structure and evolution of the mitochondrial control region in oryx". Molecular Phylogenetics and Evolution 40 (1): 305–314.
  5. Alcelaphini en Sistemática dos bóvidos (Stefan Hintsche, 2014), en stco.de
  6. Groves, Colin & Peter Grubb (2011).
  7. Incluído, por algúns autores, no xénero Damaliscus. Ver Dorst, J. e Dandelot, P. (1973), p. 232.
  8. Alcelaphus buselaphus na Lista vermella da UICN. Versión 2014.2. Consultada o 2 de setembro de 2014.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Dorst, J. & Dandelot, P. (1973): Guía de campo de los mamíferos salvajes de África, Barcelona: Ediciones Omega, S. A.
  • Groves, Colin & Peter Grubb (2011): 'Tribe Alcelaphini in Wallace, 1876 en Ungulate Taxonomy. Baltimore, Maryland, USA: The Johns Hopkins University Press. ISBN 978-1-4214-0093-8.
  • Haltenorth, T. & Diller, H. (1986): A Field Guide of the Mammals of Africa including Madagascar. Londres: William Collins Sons & Co Ltd. ISBN 0-00-219778-2.
  • Rodríguez de la Fuente, F. (1970): Enciclopedia Salvat de la fauna. Tomo I. África (Región etiópica). Pamplona: Salvat, S. A. de Ediciones, pp. 55–72 (ñus) e 104-123 (damaliscos e alcélafos).
  • Wilson, D. E., & Reeder, D. M. (editors) (2005): Mammal Species of the World — A Taxonomic and Geographic Reference. Third edition. ISBN 0-8018-8221-4.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]








ApplySandwichStrip

pFad - (p)hone/(F)rame/(a)nonymizer/(d)eclutterfier!      Saves Data!


--- a PPN by Garber Painting Akron. With Image Size Reduction included!

Fetched URL: http://gl.wikipedia.org/wiki/Alcelafinos

Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy