Content-Length: 187653 | pFad | http://gl.wikipedia.org/wiki/Alessandro_Nannini

Alessandro Nannini - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Alessandro Nannini

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAlessandro Nannini

(1989) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento7 de xullo de 1959 Editar o valor en Wikidata (65 anos)
Siena, Italia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico, piloto de automobilismo, piloto de Fórmula Un Editar o valor en Wikidata
EmpregadorAlfa Romeo Editar o valor en Wikidata
Deporteautomobilismo Editar o valor en Wikidata
Participou en
24 Horas de Le Mans Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiDanilo Nannini Editar o valor en Wikidata
IrmánsGianna Nannini Editar o valor en Wikidata

Alessandro "Sandro" Nannini, nado o 7 de xullo de 1959,[1] é un ex piloto de carreiras italiano. É o irmán máis novo da cantante de rock Gianna Nannini.

Biografía

[editar | editar a fonte]

Nannini naceu en Siena. Comezou a competir nun Lancia Stratos nos eventos nacionais de rally antes de cambiar a Fórmula Italia en 1981. De 1982 a 1984, correu para Minardi na Fórmula 2, atrouxo a atención pola súa velocidade nun coche pouco competitivo. Malia que na súa mellor tempada só foi 7º na xeral en 1983, Lancia contratouno para pilotar o seu rápido pero fráxil prototipo LC2 no Campionato Mundial de Sportscar, estableceu a volta rápida nas 24 Horas de Le Mans de 1984 onde terminou oitavo con Bob Wollek, e ese mesmo ano gañou os 1000 km de Kyalami de 1984 con Riccardo Patrese. Para o ano 1985, Giancarlo Minardi fichou a Nannini para pilotar o seu novo coche de Fórmula Un, pero negóuselle a superlicencia, o seu ex compañeiro de equipo na F2 Pierluigi Martini, ocupou o seu. Nannini continuou con Lancia, o seu mellor resultado foi terceiro nos 1000 km de Monza.

No ano 1986, Nannini finalmente logrou a superlicencia e inscribiuse co equipo Minardi Grand Prix, onde permaneceu ata 1987. O coche non era competitivo e era pouco fiable (Nannini clasificouse só catro veces de 30 intentos), en gran parte debido ao seu decepcionante Motori Moderni V6. Con todo, a velocidade de Nannini notouse por moitos, especialmente despois de superar amplamente ao seu experimentado compañeiro de equipo Andrea de Cesaris en 1986.

Nannini pilotando para Benetton no Gran Premio do Canadá de 1988.

Benetton contratou a Nannini para pilotar no ano 1988 xunto con Thierry Boutsen. Polo xeral obtivo bos resultaados, a miúdo superando ao belga que estba moi ben considerado. Anotou o seu primeiro punto na súa segunda carreira co equipo e logrou dous 3º postos no seu camiño á 10ª posición final no campionato de pilotos.

Cando Boutsen marchou para Williams Nannini foi ascendido a líder de equipo en Benetton xunto co inglés Johnny Herbert e ofreceu unha serie de boas actuacións, especialmente en Suzuka. Alí atopábase terceiro detrás dos dous coches McLaren de Ayrton Senna e Alain Prost cando chocaron, dando a Nannini a dianteira. Prost retirouse mentres que Senna reincorporouse logo de ser empuxado e entrou nos boxes para substituír o seu alerón dianteiro, saíndo detrás de Nannini na carreira. Nannini foi finalmente pasado por Senna, que cruzou a liña de meta en primeiro lugar, con todo, o brasileiro foi descualificado posteriormente por saltarse á chicana logo da súa colisión con Prost. A inhabilitación imposta a Senna deu a Nannini o que resultou ser a súa única vitoria na Fórmula 1. Completou a tempada cun segundo lugar baixo a choiva torrencial en Adelaida. Quedou 6º na clasificación final do campionato.[2]

Para 1990, uniuse ao equipo de Nelson Piquet e volveu ser o piloto número dous. Con todo, impresionou aguantando en gran medida o ritmo do tres veces campión do mundo. En Hockenheim liderou a carreira ao decidir non parar para cambiar os pneumáticos, resistindo a Senna durante 16 voltas antes de quedar sen agarre e caer ao segundo lugar. Tamén loitou pola vitoria na seguinte carreira no Gran Premio de Hungría, perseguindo ao líder Boutsen ata quedar fóra da carreira logo dunha colisión con Senna.

O 12 de outubro de 1990, unha semana logo do Gran Premio de España, onde terminara 3º, Nannini estivo involucrado nun accidente de helicóptero no seu viñedo en Siena, sufriu unha grave ferida no antebrazo dereito (chegou a ser amputado e reimplantado).[3] A lesión sanou grazas á microcirurxía pero terminou a súa carreira na Fórmula 1. Nannini fora confirmado por Benetton para o ano 1991, pero Ferrari tiña grande interese desde tempo atrás polo piloto e considerábao como o substituto para a saída de Nigel Mansell.[2]

Unha vez recuperado suficientemente, Ferrari ofreceu Nannini unha proba de pilotaxe no seu Circuíto de Fiorano en 1992. Nannini completou un total de 38 voltas ao volante do Ferrari F92A de Jean Alesi, que contou cun volante especialmente modificado. En 1996, Flavio Briatore Benetton tamén honrou a promesa dunha unidade de proba, que tivo lugar no Autódromo do Estoril[4] a bordo dun B196.

Malia só recuperar o uso parcial da súa man dereita, Nannini foi capaz de labrarse unha carreira exitosa en carreiras de turismos con Alfa Romeo na década de 1990,[2] quedando 4º na xeral na DTM de 1994 e terceiro no ITC de 1996.

Nannini competiu con Mercedes en 1997 no Campionato FIA GT terminando 6º na xeral antes de colgar o casco. Agora dirixe unha cadea de cafés de alta gama que levan o seu nome, con filiais tan afastados como Indonesia.[5]

2007 viu o regreso de Sandro Nannini á pista logo dunha década retirado. Estivo de acordo en participar no breve Campionato GP Masters para veteranos da Fórmula Un, xunto a pilotos como o seu ex compañeiro de equipo en Benetton Johnny Herbert.

Rexistro de carreiras

[editar | editar a fonte]

Resultados nas 24 Horas de Le Mans

[editar | editar a fonte]
Ano Equipo Co-Piloto Coche Clase voltas Pos. Clase
Pos.
1983 Italia Martini Racing Italia Paolo Barilla
Francia Jean-Claude Andruet
Lancia LC2-Ferrari C 135 Ret Ret
1984 Italia Martini Racing Francia Bob Wollek Lancia LC2-Ferrari C1 326
1985 Italia Martini Racing Francia Bob Wollek
Australia Lucio Cesario
Lancia LC2-Ferrari C1 360

Resultados completos na Fórmula Un

[editar | editar a fonte]

(Clave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 Pos. Puntos
1986 Minardi Team Minardi M185B MM V6 BRA
Ret
ESP
NTS
SMR
Ret
MON
NSC
BEL
Ret
CAN
Ret
DET
Ret
FRA
Ret
GBR
Ret
ALE
Ret
HUN
Ret
AUT
Ret
ITA
Ret
POR
NC
MEX
14
AUS
Ret
NC 0
1987 Minardi Team Minardi M187 MM V6 BRA
Ret
SMR
Ret
BEL
Ret
MON
Ret
DET
Ret
FRA
Ret
GBR
Ret
ALE
Ret
HUN
11
AUT
Ret
ITA
16
POR
11
ESP
Ret
MEX
Ret
XPN
Ret
AUS
Ret
NC 0
1988 Benetton Formula Ltd. Benetton B188 Cosworth V8 BRA
Ret
SMR
6
MON
Ret
MEX
7
CAN
Ret
DET
Ret
FRA
6
GBR
3
ALE
18
HUN
Ret
BEL
DSC
ITA
9
POR
Ret
ESP
3
XPN
5
AUS
Ret
10º 12
1989 Benetton Formula Ltd. Benetton B188 Cosworth V8 BRA
6
SMR
3
MON
8
MEX
4
USA
Ret
CAN
DSC
32
Benetton B189 Ford V8 FRA
Ret
GBR
3
ALE
Ret
HUN
Ret
BEL
5
ITA
Ret
POR
4
ESP
Ret
XPN
1
AUS
2
1990 Benetton Formula Ltd. Benetton B189B Ford V8 USA
11
BRA
10
21
Benetton B190 SMR
3
MON
Ret
CAN
Ret
MEX
4
FRA
16
GBR
Ret
ALE
2
HUN
Ret
BEL
4
ITA
8
POR
6
ESP
3
XPN AUS

Resultados completos na Deutsche Tourenwagen Meisterschaft

[editar | editar a fonte]

(clave) (Carreiras en letra grosa indican pole position) (Carreiras en itálica indican volta rápida)

Ano Equipo Coche 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 Pos. Pts
1993 Alfa Corse Alfa Romeo 155 V6 Ti ZOL
1

Ret
ZOL
2

3
HOC
1

13
HOC
2

8
NÜR
1

10
NÜR
2

4
WUN
1

2
WUN
2

Ret
NÜR
1

4
NÜR
2

4
NOR
1

Ret
NOR
2

Ret
DIE
1

Ret
DIE
2

18
ALE
1

3
ALE
2

Ret
AVU
1

5
AVU
2

Ret
HOC
1

1
HOC
2

1
121
1994 Alfa Corse Alfa Romeo 155 V6 Ti ZOL
1

1
ZOL
2

1
HOC
1

4
HOC
2

1
NÜR
1

7
NÜR
2

7
NÜR
1

1
NÜR
2

7
NOR
1

Ret
NOR
2

7
DIE
1

5
DIE
2

4
NÜR
1

8
NÜR
2

5
AVU
1

19
AVU
2

5
ALE
1

Ret
ALE
2

12
HOC
1

6
HOC
2

Ret
149
1995 Alfa Corse Alfa Romeo 155 V6 Ti HOC
1

18
HOC
2

DNS
AVU
1

3
AVU
2

Ret
NOR
1

3
NOR
2

9†
DIE
1

4
DIE
2

Ret
NÜR
1

Ret
NÜR
2

Ret
ALE
1

11
ALE
2

Ret
HOC
1

5
HOC
2

12
11º 44
  • † — Retirado, pero clasificouse ao completar o 90% da distacia da carreira.

Resultados completos no Campionato International Touring Car

[editar | editar a fonte]

(clave) (Carreiras en letra grosa indican pole position) (Carreiras en itálica indican volta rápida)

Ano Equipo Coche 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 26 Pos. Pts
1995 Alfa Corse Alfa Romeo 155 V6 Ti MUG
1

5
MUG
2

Ret
HEL
1

Ret
HEL
2

Ret
DON
1

DNS
DON
2

DNS
EST
1

8
EST
2

7
MAG
1

Ret
MAG
2

9
15º 17
1996 Martini Alfa Corse Alfa Romeo 155 V6 Ti HOC
1

10
HOC
2

13
NÜR
1

EX
NÜR
2

EX
EST
1

1
EST
2

1
HEL
1

14
HEL
2

4
NOR
1

Ret
NOR
2

Ret
DIE
1

6
DIE
2

Ret
SIL
1

17
SIL
2

11
NÜR
1

1
NÜR
2

1
MAG
1

1
MAG
2

1
MUG
1

11
MUG
2

Ret
HOC
1

6
HOC
2

Ret
INT
1

1
INT
2

5
SUZ
1

10
SUZ
2

5
180
  1. Jenkins, Richard. "The World Championship drivers - Where are they now?". OldRacingCars.com. Consultado o 2007-07-29. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Peacock, Anthony (December 2015). "La Dolce Vida". F1 Racing: 72. 
  3. "SPORTS PEOPLE: AUTO RACING; Chance for Comeback". New York Times.com. 1990-12-22. Consultado o 2008-01-08. 
  4. "Sandro's Benetton test". Grandprix.com. 1996-11-25. Consultado o 2014-11-16. 
  5. Caffe Nannini > Home

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]








ApplySandwichStrip

pFad - (p)hone/(F)rame/(a)nonymizer/(d)eclutterfier!      Saves Data!


--- a PPN by Garber Painting Akron. With Image Size Reduction included!

Fetched URL: http://gl.wikipedia.org/wiki/Alessandro_Nannini

Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy