Content-Length: 111533 | pFad | http://gl.wikipedia.org/wiki/Arum_italicum

Arum italicum - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Arum italicum

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Arum italicum é unha especie fanerógama da familia Araceae.

Descrición

[editar | editar a fonte]

Planta vivaz, perenne, herbácea e rizomatosa de 25-40 cm cun rizoma horizontal de 2 cm. As súas follas son acusadamente saxitadas de máis de 20 cm, semellantes a lanzas, xa que os seus pecíolos chegan a medir até 25 cm. As flores aseméllanse a un acio pequeno de 1 cm e atópanse nun espádice que se diferenza do vermello-ocre do Arum maculatum en que é de cor amarela. Florece na primavera. Os froitos son bagas vermellas agrupadas nun acio.

Follas.
Inflorescencia
Ilustración en Flora Batava

Distribución e hábitat

[editar | editar a fonte]

Orixinaria da Europa mediterránea até a Asia central, é moi frecuente en sebes, ribazos e alamedas.

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Arum italicum foi descrita por Philip Miller e publicada en The Gardeners Dictionary:... oitava edición 8: 2. 1768.[1]

Etimoloxía

Arum: nome xenérico do grego aron que significa "calor" e refírese ao feito de que estas plantas cando están en plena floración emiten calor. (característica particular do xénero).[2][3]

italicum: epíteto xeográfico que alude á súa localización en Italia.

Variedades
  • Arum italicum forma majoricense (Chodat) Mus, Pericás & Rosselló
  • Arum italicum forma purpurascens Pamp.
  • Arum italicum subsp. gaibolense Mattei
  • Arum italicum subsp. majoricense (Chodat) O.Bolòs, Masalles & Vigo
  • Arum italicum var. concolor Beck
  • Arum italicum var. facchinii (Porta ex Hruby) Engl.
  • Arum italicum var. hercegovinum Beck
  • Arum italicum var. immaculatum (DC.) Engl.
  • Arum italicum var. immaculatum DC.
  • Arum italicum var. intermedium Mutel
  • Arum italicum var. maculatum Hoschede
  • Arum italicum var. parvulum Borhidi
  • Arum italicum var. yvesii Briq.
Sinonimia
  1. "Arum italicum". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 11 de xaneiro de 2013. 
  2. Motta, op. cit., Vol.1 - páx. 198
  3. en Nombre Botánicos
  4. Sinónimos en Eol

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]








ApplySandwichStrip

pFad - (p)hone/(F)rame/(a)nonymizer/(d)eclutterfier!      Saves Data!


--- a PPN by Garber Painting Akron. With Image Size Reduction included!

Fetched URL: http://gl.wikipedia.org/wiki/Arum_italicum

Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy