Content-Length: 132915 | pFad | http://gl.wikipedia.org/wiki/Atanaxildo

Atanaxildo - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Atanaxildo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAtanaxildo

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(la) Athanagildus Editar o valor en Wikidata
517 ↔ 540 Editar o valor en Wikidata
Morte3 de xuño de 567 Editar o valor en Wikidata
Toletum, España (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Rei dos visigodos
555 – 567
← AkhilaLiuva I → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónArrianismo visigodo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca, guerreiro Editar o valor en Wikidata
Outro
TítuloRei dos visigodos Editar o valor en Wikidata
CónxuxeGosuinda Editar o valor en Wikidata
FillosBrunilda da Austrásia, Galsvinta Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteAllgemeine Deutsche Biographie
Encyclopædia Britannica Editar o valor en Wikidata
WikiTree: Visigoths-67

Atanaxildo[1] (en latín: At[h]anagildus; en gótico: Aþanagilds) finado en Toledo en 567, foi rei dos visigodos, primeiro como rebelde (551–554) en guerra contra Akhila I e logo como único rei (555–567). Desde a súa corte de Toledo tentou devolver aos godos tempos de paz e esplendor, empezando por expulsar aos outrora aliados bizantinos.[2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Arnold van Westerhout (1651–1725), in Effigies et series regum Hispaniae, Roma, 1624

Foi vencedor na guerra civil fronte a Akhila I, quen viu como os seus partidarios acababan coa súa vida para unirse a Atanaxildo.[3] Atanaxildo ascendeu ao trono en 555. A guerra civil desangrou o país e orixinou unha crise económica.

O seu reinado foi bastante pacífico, conseguindo a alianza coa facción do vencido Akhila, e xuntos buscaron solución á crise económica que no ano 566 conducía inexorablemente á desaparición da nación visigoda. Existe evidencia numismática de que, ao final da súa vida, o reino atopábase nunha crise financeira.

A súa tolerancia relixiosa supuxo o desconcerto da aristocracia ariana visigoda, o cal fai supor a súa conversión secreta ao catolicismo nos últimos anos da súa vida, falecendo no seu palacio de Toledo por morte natural.

Invasión bizantina

[editar | editar a fonte]
Regnum Visigothorum cara a 560.

A política expansionista do emperador Xustiniano, coñecida como Renovatio Imperii Romanorum, buscaba a reunificación dos territorios que outrora formaron parte do vello Imperio Romano. Entre os anos 533 e 563 consegue o control do Mediterráneo occidental. No verán do ano 552, coincidindo coas disputas con Akhila, prodúcese o primeiro desembarco bizantino, ocupando algunhas cidades das provincias Cartaxinense e Bética.

Xustiniano no ano 535 encargou a Belisario atacar os ostrogodos. Invadiu Sicilia e desembarcou en Italia, onde tomou Nápoles e logo Roma no 536. Logo marchou cara ao norte e conquistou Mediolanum (Milán) e Rávena, a capital dos ostrogodos, no 540. Esta circunstancia permite liberar tropas para envialas a Hispania e así dominar unha boa parte da costa mediterránea. A escusa ben podería ser a negativa de Atanaxildo á cesión de Orospeda ou a alianza con Akhila I. Bizancio apoderouse de Cartago Nova.

Unha frota de certa importancia, organizada por Xustiniano, ameazou ao reino visigodo, desembarcando tamén en Málaga. Ambas forzas penetraron, desde distintos puntos, cara ao interior, tomando posicións preto de Baza e aliándose con Córdoba, que se mostraba rebelde ao rei visigodo.

Entre 566 e 567, Atanaxildo trata de controlar as zonas insurrectas de Sevilla, que é conquistada, e de Córdoba, cidade que non chegou a tomar.

Provincia de Spaniae

[editar | editar a fonte]

Atanaxildo e Xustiniano asinaron un tratado de paz polo que o rei visigodo recoñece a Bizancio a conquista dunha franxa de territorio que comprendía desde a desembocadura do río Guadalete até Denia, deixando para os visigodos Sevilla e arredores e o interior.

A presenza bizantina na Península cristalizou así nunha provincia imperial Spaniae con capital en Carthago Spartaria, a actual Cartaxena, baixo o mando dun magister militum Hispaniae.

Conversión do reino suevo

[editar | editar a fonte]

Durante o seu reinado mantéñense as tensións cos suevos, pobo que se converte entón de forma masiva ao catolicismo. Segundo o testemuño de Gregorio de Tours, grazas á intercesión de San Martiño de Tours, un fillo do rei Carriarico curou dunha grave enfermidade, tralo cal trouxéronse unhas reliquias do santo ao reino suevo. San Isidoro cita como primeiro rei católico a Teodomiro, contemporáneo de Atanaxildo.

Relacións cos francos

[editar | editar a fonte]
Fíbula de Castiltierra, século VI, Germanisches Nationalmuseum (Núremberg, Alemaña)

Pola súa banda, Atanaxildo cultivou boas relacións cos francos, fundamentalmente por ser a vía libre de comercio e seguridade que tiña garantida. A dous reis francos, Khilperico I de Neustria e Sixeberto I de Austrasia, deu en matrimonio ás súas dúas fillas, Galswinta e a influente Brunequilda (Brunilda Franca), respectivamente; sendo asasinada a primeira, o que orixinou unha serie de loitas. As dúas princesas eran froito do seu matrimonio coa dama goda Goswinta, quen, tras enviudar, casaría co futuro rei Leovixildo.

O Reino de Toledo

[editar | editar a fonte]

No ano 567 trasladou a súa corte de Barcelona a Toledo, que pasou a ser a definitiva capital do reino visogodo. As razóns do cambio foron varias, destacando a posición xeográfica máis próxima de calquera punto de conflito, a importancia crecente da cidade desde tempos de Teudis e fundamentalmente a maior protección ante a invasión bizantina.

Debate sucesorio

[editar | editar a fonte]

Durante cinco meses, varios candidatos postuláronse para a sucesión ao trono vacante, sendo desestimados un tras outro pola asemblea de nobres. Cando era inevitable a guerra civil, apareceu desde a Septimania un nobre chamado Liuva con propostas conciliadoras, sendo aceptado como mal menor.[4]

Descendencia

[editar | editar a fonte]

Casou con Flavia Juliana, filla de Pedro Augusto, irmán do emperador bizantino Mauricio; con ela tivo un fillo chamado Ardabasto, que casará coa filla do rei Chindasvinto, Flavia Glasiunta, tendo como fillo ao tamén rei Ervixio.

  1. "Atanaxildo". Diciopedia do século 21 1. Edicións do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 225. 
  2. Cebrián, J. A. (2002). "Atanagildo. El Reino de Toledo". La aventura de los godos. Madrid: La Esfera de los Libros. ISBN 84-9734-091-4. 
  3. Para os seus anos de rebelión, véxase Akhila I.
  4. Isidoro de Sevilla, Historia de los Godos, cap. 46, p. 22

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]
Predecesor:
Akhila I
Rei dos visigodos
555-567
Sucesor:
Liuva I








ApplySandwichStrip

pFad - (p)hone/(F)rame/(a)nonymizer/(d)eclutterfier!      Saves Data!


--- a PPN by Garber Painting Akron. With Image Size Reduction included!

Fetched URL: http://gl.wikipedia.org/wiki/Atanaxildo

Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy