Content-Length: 100007 | pFad | http://gl.wikipedia.org/wiki/Axioma

Axioma - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Axioma

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

En epistemoloxía un axioma é unha "verdade evidente" que non admite demostración, mediante a intuición racional; sobre a cal descansa o resto do coñecemento ou sobre a cal constrúense outros coñecementos. Non todos os epistemólogos están de acordo en que os axiomas existan dese xeito.

En matemáticas un axioma non é necesariamente unha verdade evidente, senón unha expresión lóxica utilizada nunha dedución para chegar a unha conclusión. En matemáticas distínguense dous tipos de axiomas: axiomas lóxicos e axiomas non-lóxicos.

Kurt Gödel demostrou a mediados do século XX que os sistemas axiomáticos de certa complexidade, por definidos e consistentes que sexan, posúen serias limitacións. En todo sistema dunha certa complexidade, sempre haberá unha proposición P que sexa verdadeira, pero non demostrábel. De feito, Gödel proba que, en calquera sistema formal que inclúa a aritmética, pode formarse unha proposición P que afirme que este enunciado non é demostrábel. Se se puidera demostrar P, o sistema sería contraditorio: non sería consistente. Logo P non é demostrábel e polo tanto P é verdadeiro.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre matemáticas é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.









ApplySandwichStrip

pFad - (p)hone/(F)rame/(a)nonymizer/(d)eclutterfier!      Saves Data!


--- a PPN by Garber Painting Akron. With Image Size Reduction included!

Fetched URL: http://gl.wikipedia.org/wiki/Axioma

Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy