Basilio Losada
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 20 de xuño de 1930 A Pobra de San Xiao, España |
Morte | 9 de xullo de 2022 (92 anos) Barcelona, España |
Actividade | |
Campo de traballo | Tradución, crítica literaria e Filoloxía románica |
Ocupación | catedrático, romanista, crítico literario, tradutor, profesor universitario |
Empregador | Universidade de Barcelona |
Membro de | Real Academia Galega (membro de honra) (2015–2022) Real Academia Galega (membro correspondente) (1969–2015) |
Obra | |
Doutorando | Rexina Vega |
Premios | |
Basilio Losada Castro, nado na Pobra de San Xiao (Láncara) o 20 de xuño de 1930 e finado en Barcelona o 9 de xullo de 2022,[1][2] foi un tradutor galego, crítico literario, catedrático de Filoloxía Románica na Universidade de Barcelona desde 1986 e catedrático de Filoloxía Galega e Portuguesa, e antes profesor noutros moitos centros universitarios.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Primeiros anos e formación.
[editar | editar a fonte]Saíu de Galiza cando tiña 5 anos e pasou a vivir en Madrid, León e, a partir de 1939, Barcelona,[3] onde chegou coa súa familia para visitar a seu pai que estaba, alí, hospitalizado. Malia que seu pai era anarquista, tivo que loitar durante a Guerra civil no bando nacional, foi ferido na cabeza e morreu en 1940.[4] Dende ese momento, o resto da familia, e el, permaneceron en Barcelona e alí, Losada, desenvolveu a práctica totalidade da súa carreira profesional.
En Barcelona estudou Dereito e Filosofía e Letras e fixo o doutoramento en Historia.[3]
Carreira profesional
[editar | editar a fonte]Fixo traducións ao castelán e ao galego, e foi autor de numerosos estudos críticos sobre a literatura galega, portuguesa e brasileira. Traduciu 150 libros en sete linguas,[5] de autores como Jorge Amado, José Saramago, Rosalía de Castro, Rubem Fonseca ou Pere Gimferrer. Foi o introdutor da literatura brasileria e especialmente de Jorge Amado en España.[4]
Xubilouse como catedrático no ano 2000, aínda que segue impartindo clases nos programas de diversas universidades norteamericanas na UB. Aos setenta anos publicou o seu primeiro traballo de ficción, a novela La peregrina (traducida ao italiano por Giuseppe Tavani), ambientada na Idade Media, período no que foi un grande experto.
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]En 1991 recibiu o Premio Nacional de Tradución por Memorial do convento, de Saramago.[4] Recibiu ademais a Creu de Sant Jordi, da Generalitat de Cataluña;[6] a Comenda da Ordem do Infante Dom Henrique, que outorga o goberno portugués;[6] a Ordem do Cruzeiro do Sul, do Brasil; e a Medalla Castelao (1989) e a Medalla de Galicia (2016) da Xunta de Galicia. En 2012 recibiu o Premio Otero Pedrayo.[7]
En marzo de 2015 foi nomeado académico de honra pola Real Academia Galega[8]. Nese mesmo ano obtivo o XIV Premio Ramón Piñeiro Facer País.[9] No 2018, recibiu o Premio Eduardo Lourenço do Centro de Estudios Ibéricos.[10][4]
Obra en galego
[editar | editar a fonte]- Ensaio
- O Camiño de Santiago, 1992, Ir Indo.
- Narrativa
- Ero de Armenteira, 1993, Contos do Castromil.
- Edicións
- Manuel María. Antología poética. Escolma poética, 1969. Col. Adonais. Rialp. Edición bilingüe galego-castelán.[11]
- Poetas gallegos de postguerra, 1971, Ocnos. Edición bilingüe galego-castelán.
- Poetas gallegos contemporáneos, 1972, Seix Barral. Edición bilingüe galego-castelán.[12]
- Poesía gallega de hoy, 1990, Visor, Madrid. Edición bilingüe galego-castelán.
- Traducións (escolma)
- Un poema en dez anacos, de Jordi Domènech, 1974, Ediciós do Castro. Do catalán para o galego.
- Os dous caracois, de Jorge Zentner, 1982, Argos Vergara.[6]
- O elefante cobarde, de Apuleio, 1982, Argos Vergara.
- Marta e Miguel, de Josep Vallverdú, 1982, Argos Vergara.[6]
- O segredo da lagoa, de Gloria Cecilia Díaz, 1982, Argos Vergara.
- Lenda do Príncipe Cisne, de Francesc Boada i Moret, 1983, Argos Vergara.[6]
- Llibre d'amiga, de Ramon Dachs, 1998, 7 i mig. Edición bilingüe catalán-galego.[6]
- Obras colectivas
- Os escritores lucenses arredor de Ánxel Fole, 1986, Concello de Lugo.
- Fernando Pessoa. Centenario do seu nascimento, 1988, Ediciós do Castro.
- Galicia: nai e señora, 2002, Nigra.
- Actas do Congreso Manuel María. Literatura e Nación, 2009, Fundación Manuel María.
- Do sentimento á conciencia de Galicia: correspondencia, 1961-1984, de Ramón Piñeiro e Basilio Losada, 2009, Galaxia. Ed. de Helena González e María Xesús Lama.
- Homenaxes
- Profesor Basilio Losada: ensinar a pensar con liberdade e risco. Barcelona: Publicacions de la Universitat, 2000.
Obra en castelán
[editar | editar a fonte]- Narrativa
- La peregrina, 1999, Grijalbo.
- Ensaio
- Tesoro breve de las letras hispánicas: Literatura Gallega, 1974, Novelas y cuentos (Madrid).
- Obras colectivas
- Estudios Escénicos, 1960, Deputación Provincial de Barcelona.
- Barreiro; Díaz-Fierros; Fabra et al., 1976, Los gallegos. Madrid. Istmo.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Redacción (10 de xullo de 2022). "Falece Basilio Losada, gran divulgador da cultura galega en Cataluña e académico de honra na RAG". galiciaconfidencial.com. Consultado o 11 de xullo de 2022.
- ↑ "Morre aos 92 anos Basilio Losada, académico de honra da RAG". La Voz de Galicia. 9 de xullo de 2022.
- ↑ 3,0 3,1 Xestoso, M. (10 de xullo de 2022). "Falece Basilio Losada, embaixador das letras galegas en Catalunya". nosdiario.gal. Consultado o 11 de xullo de 2022.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 Queiroz, Christina (abril de 2019 [actualizado 28 de xuño de 2019]). "Basilio Losada: Mediador literário". revistapesquisa.fapesp.br (en portugués). Consultado o 11 de xullo de 2022.
- ↑ Sabio, José Antonio (2022). "Losada, Basilio (Láncara, 1930–Barcelona, 2022)". Diccionario Histórico de la Traducción de España (en castelán). ISSN 2696-564X. Consultado o 11 de xullo de 2022.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 "Premiados Premio Nacional a la Mejor Traducción. Basilio Losada". culturaydeporte.gob.es (en inglés). Consultado o 11 de xullo de 2022.
- ↑ "El profesor Basilio Losada premiado con el «Otero Pedrayo» 2012". galiciaartabradigital.com (en castelán). 27 de novembro de 2012. Consultado o 11 de xullo de 2022.
- ↑ "Basilio Losada, académico de honra" Arquivado 27 de maio de 2020 en Wayback Machine., RAG, 13 de marzo de 2015.
- ↑ "Basilio Losada: premio Ramón Piñeiro e novo membro de honra da RAG" Arquivado 05 de outubro de 2015 en Wayback Machine., Sermos Galiza, 2 de outubro de 2015.
- ↑ Europa Press (7 de maio de 2005). "El filólogo gallego Basilio Losada Castro obtiene el Premio Eduardo Lourenço del Centro de Estudios Ibéricos". 20minutos.es (en castelán). Consultado o 11 de xullo de 2022.
- ↑ Imaxe da portada Arquivado 05/03/2016, en Wayback Machine. de Manuel María. Antología poética. Escolma poética.
- ↑ Imaxe da portada Houbo outra edición, especial, para a Caja de Ahorros y Monte de Piedad Municipal de Vigo.[1]
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Losada Castro, Basilio". Dicionario biográfico de Galicia 2. Ir Indo Edicións. 2010-2011. p. 257.
- Barrera, F., ed. (2002). Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI. El Correo Gallego. p. 343. ISBN 84-8064-113-4.
- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. pp. 249–250. ISBN 84-7492-465-0.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1995). Diccionario da Literatura Galega. Autores I. Vigo: Editorial Galaxia. p. 350. ISBN 84-8288-019-5.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- “Os únicos amigos que me quedan son os libros”, entrevista en Faro de Vigo, 13-3-2022.
- Lingüistas da lingua galega
- Profesores da Universidade de Barcelona
- Escritores en lingua galega
- Tradutores de Galicia
- Tradutores ao galego
- Tradutores ao castelán
- Medalla de Ouro de Galicia
- Medalla de Prata de Galicia
- Galegos de Cataluña
- Medallas Castelao
- Nados en Láncara
- Nados en 1930
- Enciclopedistas de Galicia
- Premio Creu de Sant Jordi
- Membros de honra da Real Academia Galega
- Membros correspondentes da Real Academia Galega
- Tradutores do portugués
- Finados en 2022
- Catedráticos da Universidade de Barcelona