Brian Bell
(2022) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 9 de decembro de 1968 (56 anos) Iowa City, Estados Unidos de América |
Educación | Bearden High School (en) |
Actividade | |
Ocupación | músico, actor de cinema, actor de televisión, guitarrista, compositor, actor de dobraxe |
Período de actividade | 1982 - |
Membro de | |
Xénero artístico | Rock alternativo |
Instrumento | Guitarra |
Selo discográfico | Geffen Records |
|
Brian Bell, nado en Knoxville (Tennessee) o 9 de decembro de 1968, é un músico estadounidense. En 2010 era o guitarrista rítmico da banda de rock Weezer, á que se uniu en 1993. Tamén ten a súa propia banda, The Space Twins, e un novo proxecto chamado The Relationship.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Bell naceu en Tennessee, fillo dunha directora dunha escola e un mestre de xeografía. Tomou a súa primeira clase de guitarra con Ben Bolt, un guitarrista relativamente recoñecido. Despois da secundaria Bell trasladouse a Hollywood (California), onde entrou na banda G.I.T. En 1991 converteuse en membro de Carnival Art, banda que editou dous discos e un EP estando Bell na agrupación.
Uniuse a Weezer en 1993, durante a gravación de The Blue Album, substituíndo a Jason Cropper, quen abandonou a banda debido a conflitos con Rivers Cuomo.