Content-Length: 134726 | pFad | http://gl.wikipedia.org/wiki/C%C3%A1nabo

Cánabo - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Cánabo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O cánabo[1] é o nome de varias plantas da familia Cannabaceae que se corresponde coas especies Cannabis rudelaris, Cannabis indica e Cannabis sativa. Este artigo trata da Cannabis rudelaris.

Non confundir coa marihuana, na que o contido de Tetrahidrocannabinol (THC) é superior ao do cánabo, a pesar da similitude da especie.

É tamén o nome dun tecido obtido a partir das fibras desta planta. Alén de roupas, é utilizado na fabricación de papel e como forraxe animal.

Moi cultivado en varias partes do mundo, inclusive en Europa, onde a Unión Europea o legalizou e autorizou en 1998, e mesmo subsidiou ao liño de cánabo.

Hai limitacións canto ao seu cultivo: permítese só en terreos de máis dunha hectárea, segundo normas da comisión agrícola europea.

Utilización

[editar | editar a fonte]

A planta é integralmente utilizada para diversos fins, mais destaca especialmente a súa fibra, tamén chamada filaza, moi usada na industria da pel, pois unha hectárea de cánabo produce o mesmo que catro hectáreas de eucaliptos, nun período de vinte anos.

A industria téxtil tamén é un bo mercado para o cánabo, por este ser cinco veces máis resistente que o algodón, e cos seus longos feixes de ata 4,5 m é usado para fabricar cordas e amarras de navíos pois son bastante resistentes.

Da semente extráese un Aceite moi usado na industrias de cosméticos como base para cremas, xampús, aceites hidratantes etc; na industria mecánica para vernices, lubrificantes, combustíbeis, tinturas e outros usos, así como para a alimentación humana en aceites, margarina, flocos de cereais, petiscos e outros.

Produtores

[editar | editar a fonte]

Actualmente os maiores produtores son:

  • A China, considerada o maior exportador mundial de téxtiles e papel de cánabo;
  • Francia, que en 1994 recolleu máis de dez mil toneladas, con crecente aumento da produción.

No que se refire a ampliación de sementeira agrícola, no ano 1999 pódese observar o crecemento na área de cultivo nalguns países como:

  • Romanía, que nese ano sementou 15.000 hectáreas
  • Canadá, 12.000 hectáreas
  • Reino Unido, con apenas 1.500 hectáreas , mais con moi boas perspectivas de crecemento para os anos seguintes.

Os valores en 2005 permanecen case constantes.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cánabo.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
  • [1] Documento do Goberno Portugués, que iniciou a legalización do cánabo en Europa pola Unión Europea








ApplySandwichStrip

pFad - (p)hone/(F)rame/(a)nonymizer/(d)eclutterfier!      Saves Data!


--- a PPN by Garber Painting Akron. With Image Size Reduction included!

Fetched URL: http://gl.wikipedia.org/wiki/C%C3%A1nabo

Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy