Camp Nou
Camp Nou | |
---|---|
Datos | |
Coordenadas | 41°22′51″N 2°07′22″L / 41.380833333333, 2.1227777777778 |
Localización | Arístides Maillol, 12, 08028; Barcelona, España |
Construción | |
Inauguración | 24 de setembro de 1957 |
Arquitecto | Francesc Mitjans Josep Soteras Lorenzo García-Barbón |
Custo | 288000000 pesetas |
Estadio | |
Superficie | Céspede |
Dimensións | 107 x 72 m |
Capacidade | 98.600 espectadores |
Propietario | Fútbol Club Barcelona |
Localía | Futbol Club Barcelona |
Web | https://www.fcbarcelona.com/en/club/facilities/camp-nou/ |
Eventos | |
| |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Camp Nou[1] é un estadio de fútbol situado no distrito de Les Corts da cidade de Barcelona, Cataluña. É o estadio do Futbol Club Barcelona. No momento da súa inauguración, en 1957, foi bautizado simplemente como Estadio do FC Barcelona. Non foi ata o ano 2001 en que se adoptou oficialmente o nome actual, que é a denominación coa que popularmente sempre foi coñecido.
Cunha capacidade actual de 99.354 espectadores, é o estadio con máis capacidade de Europa e o sexto do mundo. Ten, desde 1998, a máxima cualificación (5 estrelas) que a FIFA pode atorgar a un estadio, sendo o primeiro estadio español en conseguir esta categoría.
Historia
[editar | editar a fonte]O Camp Nou foi inaugurado o 24 de setembro de 1957. Foi creado polo ex dono do barcelona Joan Gamper. Organizáronse unha serie de actos conmemorativos e un partido de fútbol amigable entre o FC Barcelona e a Selección de Varsovia (Legia Warszawa), que concluíu con vitoria do conxunto local por 4-2. O primeiro gol do partido e, xa que logo, o primeiro gol na historia do Camp Nou marcouno o barcelonista Eulogio Martínez.
O primeiro partido oficial que acolleu o Camp Nou tivo lugar o 6 de outubro de 1957 e enfrontou o FC Barcelona co Real Jaén, en partido correspondente á cuarta xornada da Liga española de fútbol. O resultado foi de 6-1 a favor dos locais.
O Camp Nou foi obxecto de diversas remodelacións. A primeira tivo lugar en 1981, na que se ampliou o estadio con vistas á Copa Mundial de Fútbol de 1982 que se disputou en España. O aforamento do estadio situouse entón en 120.000 espectadores. A segunda remodelación tivo lugar en 1994, para adecualo ás normativas da UEFA, que obriga a que todas as localidades sexan de asento. Iso obrigou a rebaixar o nivel do céspede para que, coa desaparición das zonas do montón, o estadio perdese o menor número de localidades posible. O aforamento situouse nas actuais 98.934 localidades, todas de asento.
En setembro de 2007, coincidindo co 50 aniversario da inauguración, o club puxo en marcha o proxecto de remodelación máis importante da súa historia para poder afrontar as necesidades actuais. Esta remodelación aumentará o seu número de localidades ata máis de 113.000.
Eventos sociais e musicais
[editar | editar a fonte]O Camp Nou tamén foi escenario de varios eventos sociais e musicais, como os seguintes:
- 24 de xuño de 1981: Concerto 'Som una nació' organizado pola Crida a la Solidaritat, coa actuación de Lluís Llach, La Trinca, Marina Rossell e Al Tall.
- 7 de novembro de 1982: Misa oficiada polo Papa Xoán Paulo II.
- 6 de xullo de 1985: Concerto de Lluís Llach.
- Xullo de 1988: Concerto de Frank Sinatra.
- 3 de agosto de 1988: Concerto de Bruce Springsteen.
- 9 de agosto de 1988: Concerto de Michael Jackson.
- 8 de setembro de 1988: Concerto de Julio Iglesias.
- 10 de setembro de 1988: Macroconcerto en favor dos Dereitos Humanos, organizado por Amnistia Internacional, con actuacións de Bruce Springsteen, Sting, Peter Gabriel, Youssou N'Dour, Tracy Chapman e El Último de la Fila.
- 13 de xullo de 1997: Concerto dos Tres Tenores: Josep Carreras, Plácido Domingo e Luciano Pavarotti.
- 1 de outubro de 1999: Concerto de Josep Carreras, no marco dos actos do Centenario do FC Barcelona.
- 7 de agosto de 2005: Concerto de U2, no marco da súa xira "Vertigo Tour".
- 19 e 20 de xullo de 2008: Bruce Springsteen, realiza os dous últimos concertos da súa xira "Magic".
- 30 de xuño e 2 de xullo de 2009: Concertos de U2, no marco da súa xira "360° TOUR".
- 29 de xuño de 2013: Concert per la Llibertat, organizado por Òmnium Cultural e outras entidades da sociedade civil en defensa do dereito a decidir do pobo de Cataluña.[2]
- 14 de xuño de 2016: Concerto de Bruce Springsteen, no marco da súa xira "The River tour".
Situación e accesos
[editar | editar a fonte]O Camp Nou está situado ao sur do extremo oeste da Avinguda Diagonal, no barrio de La Maternitat do distrito de Les Corts de Barcelona. Ocupa o espazo comprendido entre a Avinguda Joan XXIII (norte) e as rúas de La Maternitat (leste), Travessera de les Corts (sur) e Arístides Maillol (oeste).
Pódese acceder ao estadio en transporte público, mediante metro, tranvía e autobús:
Transporte | Estacións e liñas |
---|---|
Metro | Palau Reial Maria Cristina Les Corts Badal Collblanc |
Trambaix | Avinguda de Xile Palau Reial Pius XII |
Autobús | V1, V3, H6, H8, D20, 7, 33, 52, 54, 59, 63, 67, 70, 75, 78, 113, 157 M12 N2, N3, N12, N14 |
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
O lateral do campo visto desde fora.
-
O interior do campo visto desde a terceira bancada do lateral.
-
Mosaico nas bancadas do Camp Nou.
-
O estadio practicamente cheo antes dun partido.
-
O Camp Nou desde un helicóptero.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ O estadio chámase oficialmente Camp Nou, que significa Campo Novo en catalán. Ás veces emprégase erroneamente a denominación Nou Camp.
- ↑ Colomer, M.; González, S. (20 abril 2013). "Un Camp Nou per l'estat propi per impulsar el procés". Ara.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Barcelona |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Camp Nou |