Castelán chileno
Castelán chileno | ||
---|---|---|
Pronuncia: | [espaˈɲol tʃiˈleno] | |
Outros nomes: | Español chileno | |
Falado en: | Chile | |
Total de falantes: | 17,4 millóns (2015) | |
Familia: | Indoeuropea Itálica Románica Occidental Galoibérica Iberorrománica Ibero-occidental Castelán Castelán chileno | |
Escrita: | Alfabeto latino | |
Status oficial | ||
Lingua oficial de: | Chile | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | es
| |
ISO 639-2: | spa | |
ISO 639-3: | spa
| |
SIL: | SPN
| |
Mapa | ||
Status | ||
O español chileno ou tamén chamado o castelán chileno, é a variante da lingua castelá falada en Chile. As principais diferenzas deste dialecto están na pronunciación, no léxico e a sintaxe.
Pronunciación
[editar | editar a fonte]- Como noutros países americanos, a "s" antes de consoantes ou ao final das palabras asume o son de /h/.Exemplo: los (os) é pronunciado [loh].
- A "d" intervocálica practicamente non é pronunciada.
Vocabulario
[editar | editar a fonte]O castelán de Chile recibiu influencias sobre todo indíxenas (como a palabra guagua = bebé) e das linguas de inmigrantes europeos, así como do inglés.
Sintaxe
[editar | editar a fonte]En Chile, así como nos países da conca do Prata, é común o uso do pronome persoal de segunda persoa do plural vos, en lugar do estándar tú, pero dun xeito distinto ao "voseo" coñecido. Con todo, a práctica é desincentivada e evitada polos sectores máis cultos.
Exemplos
[editar | editar a fonte]- Al aguaite: prestar atención
- A la ñoña: moi lonxe
- Al tiro: inmediatamente
- ¿Cachái?: vostede entendeu?
- Bacán: incrible
- Humita: comida chilena
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Henríquez Ureña, Pedro (1921). «Observaciones sobre el español de América». Revista de Filología Española (8): pp. 357-390. (en castelán) - Consultado o 13 de xaneiro de 2014.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Castelán chileno |