Catorra arxentina
Catorra arxentina | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Subespecies | |||||||||||||||
2–4, ver texto | |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
Psittacus monachus Boddaert, 1783 |
A catorra arxentina,[2] tamén chamada cotorra de peito gris,[3] cotorra arxentina[4] ou cata[5] (Myiopsitta monachus) é unha especie de papagaio da familia Psittacidae. É un papagaio pequeno, de cor verde brillante cun peito gris e abdome amarelo cincento. A súa zona de orixe son as áreas temperadas ou subtropicais da Arxentina e países próximos en Suramérica. É un popular animal de compañía. Establecéronse poboacións silvestres en moitos lugares do mundo xeralmente a partir de animais escapados da catividade, principalmente en Norteamérica e Europa, incluíndo Galicia.[3]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Esta especie foi descrita polo polígrafo francés Georges-Louis Leclerc, conde de Buffon en 1780 na súa Histoire Naturelle des Oiseaux (Historia natural das aves).[6] O paxaro foi tamén ilustrado nunha placa gravada pintada a man de François-Nicolas Martinet nas Planches Enluminées D'Histoire Naturelle (Pranchas iluminadas de historia natural), que se realizaron baixo a supervisión de Edme-Louis Daubenton para acompañar ao texto de Buffon.[7] Nin na descrición da placa nin no texto de Buffon se incluía o nome científico, pero en 1783 o naturalista holandés Pieter Boddaert acuñou para ela o nome binomial Psittacus monachus no seu catálogo de Planches Enluminées (Pranchas iluminadas).[8] Como Buffon non especificou a orixe do seu espécime, en 1937 o ornitólogo alemán James Peters asignoulle como localización tipo Montevideo, Uruguai.[9] A catorra arxentina está agora situada no xénero Myiopsitta, que foi creado polo naturalista francés Charles Lucien Bonaparte en 1854.[10][11] O nome do xénero combina a palabra do grego antigo mus, muos, que significa 'rato' e a palabra neolatina psitta, que significa 'papagaio', aludindo á súa face e partes inferiores de cor gris como o pelo do rato. O epíteto de especie monachus procede do latín tardío e significa 'monxe'.[12]
É unha das especies do xénero Myiopsitta, que ten outra chamada Myiopsitta luchsi. Estas dúas catorras eran antes consideradas unha soa especie. Porén, debido a diferenzas morfolóxicas e de comportamento e a desemellanzas xeográficas, a especie M. luchsi foi elevada á categoría de especie.[11] A distribución altitudinal de M. luchsi aparentemente non se solapa coa outra especie, polo que é enteiramente, aínda que por pouco, alopátrica.[13] A American Ornithological Society pospuxo o recoñecemento de M. luchsi como especie distinta "debido aos insuficientes datos publicados".[14]
Recoñécense tres subespecies:[15][13]
- M. m. monachus (Boddaert, 1783). Vive na Arxentina desde o sueste da Provincia de Santiago del Estero a través do río Salado e cunca inferior do río Paraná ara a Provincia de Buenos Aires e o Uruguai
- É a subespecie máis grande.
- M. m. calita (Boddaert, 1783). Vive nas ladeiras dos Andes ata os 1000 m de altura, desde o sueste de Bolivia (departamentos de Santa Cruz e Tarija) a Paraguai e noroeste da Arxentina, e despois ao oeste da área de monachus, estendéndose polas terras baixas de novo nas provincias de Río Negro e posiblemente Chubut.
- É máis pequena que monachus, con ás predominantemente azuis, gris de cabeza máis escura.
- M. m. cotorra (Finsch, 1868). Vive no suroeste do Brasil (Mato Grosso, Mato Grosso do Sur, posiblemente Rio Grande do Sur)[16] a través da cunca do río Paraguai e cunca media do Paraná e tamén o Gran Chaco.
- É esencialmente idéntica a calita, pero menos amarela por debaixo e en conxunto máis colorida.
As áreas das subespecies encóntranse na área xeral de Paraguai, e alí están insuficientemente delimitadas. A distinción e delimitación especialmente de M. m. calita e M. m. cotorra require maiores estudos.
Igual que outros papagaios neotropicais, a catorra arxentina é normalmente situada na tribo Arini, que podería merecer elevarse a caegoría de subfamilia como Arinae. M. monachus pertence ao clado de cola longa destas aves, que mantería o nome Arini/Arinae se este grupo polifilético fose dividido.
Descrición
[editar | editar a fonte]A subespecie nomeada desta catorra é de 29 cm de longo como media, cunha envergadura alar de 48 cm, e pesa 100 g. As femias tenden a sen dun 10 a un 20% máis pequenas, pero só poden ser sexadas de forma fiable con probas de ADN ou probas das plumas. As partes superiores son verdes brillantes. A fronte e o peito son gris claros cun marcado máis escuro e o resto das partes inferiores de verde claro a amarelo. As rémixes son azul escuras e a cola é longa e vaise estreitando. O peteiro é laranxa. A chamada é un forte e gutural chape(-yi) ou cuak cuaki cuak-ui cuarr, e renxidos skvit.[15][13]
As catorras domésticas criadas como animais de compañía poden ás veces ter outras cores distintas das naturais. Hainas que son brancas, azuis e amarelas en vez de verdes. Tales cooracións proporcionan menos camuflaxe, pero as que escaparon e crearon poboacións silvestres xeralmente teñen a coloración do tipo silvestre.
Chamada da catorra arxentina, de xeno-canto.org, consultado o 1.08.2018 |
Comportamento e ecoloxía
[editar | editar a fonte]A catorra arxentina é o único papagaio que constrúe un niño feito de paus situado nunha árbore ou nunha estruura construída polo ser humano, en vez de usar un burato nunha árbore. Esta especie gregaria a miúdo cría en colonias, construíndo un só niño grande con entradas separadas para cada unha das varias parellas que o utilizan. Na natureza, as colonias poden ser bastante grandes, e as parellas ocupan "apartamentos" separados nos niños, os cales poden ter o tamaño dun pequeno automóbil. Estes niños poden atraer moitos outros inquilinos, como aves de presa como o Spiziapteryx circumcincta, patos como Anas flavirostrise incluso mamíferos. Poñen de 5 a 12 ovos que fan eclosión nuns 24 días.
Algo pouco común entre os papagaios é que as parellas desta especie teñen individuos axudantes, que adoitan ser fillos xa crecidos, que axudan a alimentar as crías (ver selección de parentesco).
A duración da vida desta especie é normalmente de entre 15 e 20 anos,[17] pero rexistráronse máximos de 25 a 30 anos.[18]
Distribución
[editar | editar a fonte]A catorra arxentina é moi común globalmente.[1] Na Arxentina, o Brasil e o Uruguai, considérase unha praga agrícola importante (como xa sinalara Charles Darwin, entre outros). A súa explosión poboacónal nas áreas rurais de Suramérica parece estar asociada coa expansión das plantacións de eucalipto para a produción de papel, xa que estes bosques artificiais ofrecen á ave a oportunidade de construír niños ben protexidos onde a competición ecolóxica con outras especies é limitada.[15]
Como especie introducida
[editar | editar a fonte]Existen poboacións estables destas aves que se fixeron silvestres en varios estados dos Estados Unidos e diversas rexións de Europa (concretamente España, Portugal, Azores, Madeira, illas Baleares, Xibraltar, Francia, Córsega, Malta, Chipre, Sardeña, Italia, Grecia, illas do Canal, Gran Bretaña, Irlanda e Bélxica), e tamén na Columbia Británica do Canadá,[19] Brasil, México, Chile, Israel, Bermuda, Bahamas, illas Caimán, illa de Pascua, Porto Rico, Corea do Sur e o Xapón. Como é unha especie de bosques abertos, adáptase doadamente ás áres urbanas.
En áreas onde foron introducidas, témese que causen danos á agricultura e ás especies nativas, mentres que algúns discuten que haxa probas de que as colonias que se fixeron silvestres causen danos e opóñense a exterminar estes paxaros. Porén, existen programas de prohibición e erradicación nalgunhas áreas dos Estados Unidos e outros países.[20] Nalgúns países, as poboacións introducidas non parecen suscitar controversisa similares, probablemente porque son pouco numerosas ou porque o seu establecemento en áreas urbanas non supón unha ameaza para as producións agrícolas.
As poboacións que se fixeron silvestres adoitan descender de pobocións fundacionais moi pequenas. Como son sociais e intelixentes, desenvolven algunhas tradicións culturais, como dialectos vocais que difiren entre grupos. En poboacións que descenden dun gran número de aves, hai un conxunto de "dialectos". Porén, se a poboación fundadora é pequena, pode ocorrer un proceso similar á deriva xenética se os fundadores prominentes vocalizan nun "dialecto" pouco común, e este particular xeito de vocalización acaba quedando establecido na colonia final resultante.[21]
As catorras arxentinas poden verse en Galicia nas Rías Baixas (onde están en expansión; principalmente en Vigo, A Guarda e Moaña[22]),[3] en Madrid, Barcelona, Cádiz, Sevilla, Torremolinos, Málaga, Nerja, València, Tarragona, Roquetas de Mar, Zaragoza, as illas Canarias e Mallorca. En España apareceron por primeira vez en 1985. En parques urbanos con herba, árbores e preto de ríos ou o mar son especialmente frecuentes e abundasn en cidades como Madrid e Barcelona. Como son especies invasoras, convertéronse nun problema para a fauna local, como pombas e pardais, pero non tanto para as pegas. Causan tamén problemas ás explotacións agrícolas preto das cidades. En España prohibiuse a posesión, venda, crianza e tráfico de catorras arxentinas desde 2013.[23]
Como animal de compañía
[editar | editar a fonte]As catorras arxentinas son aves sociais e moi intelixentes. Os que as teñen como animais de compañía notan que continuamente desenvolven vocabularios de moitas palabras e frases.[24] Debido a esta capacidade temperán de falar, está superando ás cacatúa como paxaro favorito para ensinarlle a falar. Outro factor que contribúe ao crecemento da súa popularidade é que esta ave ten unha esperanza de vida curta e menor prezo que os papagaios grises africanos.
Como a especie está na lista de pragas agrícolas en varios estados dos Estados Unidos,[25] e en Australia Occidental[26] non é legal neses estados vendela ou posuíla,[25][27] igual que ocorre en España.
Galería
[editar | editar a fonte]-
Unha catorra arxentina de compañía cunha mutación azul.
-
Unha catorra arxentina de compañía cunha mutación amarela.
-
Catorras arxentinas en Florida
-
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 BirdLife International (2018). "Myiopsitta monachus". doi:10.2305/IUCN.UK.2018-2.RLTS.T45427277A132189848.en. Falta a
|url=
(Axuda) - ↑ "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-05.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (setembro de 2004). Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar (2ª ed.). A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5.
- ↑ Definición de Catorra arxentina no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
- ↑ Conde Teira, M. A. (1999). "Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada" (PDF). Chioglossa (A Coruña) 1: 121–138. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de marzo de 2016. Consultado o 28 de setembro de 2016.
- ↑ Buffon, Georges-Louis Leclerc de (1780). "La perruche souris". Histoire Naturelle des Oiseaux (en French). Volume 11. Paris: De L'Imprimerie Royale. pp. 206–207.
- ↑ Buffon, Georges-Louis Leclerc de; Martinet, François-Nicolas; Daubenton, Edme-Louis; Daubenton, Louis-Jean-Marie (1765–1783). "Perruche à poitrine grise". Planches Enluminées D'Histoire Naturelle. Volume 8. Paris: De L'Imprimerie Royale. Plate 768.
- ↑ Boddaert, Pieter (1783). Table des planches enluminéez d'histoire naturelle de M. D'Aubenton : avec les denominations de M.M. de Buffon, Brisson, Edwards, Linnaeus et Latham, precedé d'une notice des principaux ouvrages zoologiques enluminés (en French). Utrecht. p. 48, Number 768.
- ↑ Peters, James Lee, ed. (1937). Check-list of Birds of the World. Volume 3. Cambridge, Massachusetts: Harvard University Press. p. 200.
- ↑ Bonaparte, Charles Lucien (1854). "Tableau des perroquets". Revue et Magasin de Zoologie Pure et Appliquée. 2nd 6: 145–158 [150].
- ↑ 11,0 11,1 Gill, Frank; Donsker, David, eds. (2019). "Parrots, cockatoos". World Bird List Version 9.2. International Ornithologists' Union. Consultado o 11 August 2019.
- ↑ Jobling, James A. (2010). The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. London: Christopher Helm. pp. 259, 263. ISBN 978-1-4081-2501-4.
- ↑ 13,0 13,1 13,2 Juniper, Tony; Parr, Mike (1998). Parrots: A Guide to Parrots of the World. Helm Identification Guides. London: Christopher Helm. pp. 475–476, plate 62. ISBN 1-873403-40-2.
- ↑ South American Classification Committee (9 January 2008). "A classification of the bird species of South America (Part 3: Columbiformes to Caprimulgiformes)". Arquivado dende o orixinal o 09 de xaneiro de 2010. Consultado o 12 January 2008.
- ↑ 15,0 15,1 15,2 Collar, Nigel J. (1997). del Hoyo, Josep; Elliott, Andrew; Sargatal, Jordi, eds. Handbook of Birds of the World. Volume 4: Sandgrouse to Cuckoos. Barcelona.: Lynx Edicions. ISBN 84-87334-22-9.
- ↑ Amorim, James Faraco; Piacentini, Vítor de Queiroz (2006). "Novos registros de aves raras em Santa Catarina, Sul do Brasil, incluindo os primeiros registros documentados de algumas espécies para o Estado" [New records of rare birds, and first reports of some species, in the state of Santa Catarina, southern Brazil] (PDF). Revista Brasileira de Ornitologia (en Portuguese e English) 14 (2): 145–149. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 17 de decembro de 2008. Consultado o 23 de febreiro de 2020. (electronic supplement Arquivado 17 de decembro de 2008 en Wayback Machine., PDF)
- ↑ Fasbach, Laura (23 July 2001). "A squawk in the park". Edgewater Online. Arquivado dende o orixinal o 28 de setembro de 2007. Consultado o 12 January 2008.
- ↑ Kamuda, Melinda L. (19 March 1998). "Quaker Parrots (a.k.a. Monk Parakeets) Care and Training". Arquivado dende o orixinal o 28 de xaneiro de 1999. Consultado o 12 January 2008.
- ↑ List of birds of British Columbia
- ↑ "Defra to remove problem monk parakeets from wild". BBC News. 24 April 2011. Consultado o 25 April 2011.
- ↑ Buhrmann-Deever, Susannah C.; Rappaport, Amy R.; Bradbury, Jack W. (2007). "Geographic Variation in Contact Calls of Feral North American Populations of the Monk Parakeet". Condor 109 (2): 389–398. doi:10.1650/0010-5422(2007)109[389:GVICCO]2.0.CO;2.
- ↑ "La cotorra argentina se concentra en Vigo, A Guarda y Moaña". La Voz de Galicia (en castelán). 2015-11-17. Consultado o 2024-12-18.
- ↑ El País [https://elpais.com/politica/2015/11/11/actualidad/1447244033_751019.html La plaga de cotorras argentinas llega a los 20.000 ejemplares en España]
- ↑ "The Vocabulary of a Quaker Parrot". Arquivado dende o orixinal o 27 September 2007. Consultado o 12 January 2008.
- ↑ 25,0 25,1 "Why are Quaker Parrots Illegal in Some States". Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2010. Consultado o 23 de febreiro de 2020.
- ↑ "Parrot intercept a reminder to check import rules". Western Australia Department of Agriculture and Food. 8 October 2010. Arquivado dende o orixinal o 08 de febreiro de 2013. Consultado o 23 de febreiro de 2020.
[...] a monk parakeet, a prohibited species which is not permitted to be imported into or kept in WA.
- ↑ "Are Quakers Legal in My State?". Quaker Information Center. 31 December 2004. Arquivado dende o orixinal o 08 de outubro de 2007. Consultado o 12 January 2008.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galipedia ten un portal sobre: Aves |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Johnson, Steve A.; Logue, Sam (2009). "Monk Parakeet (Myiopsitta monachus)". Florida's Introduced Birds. University of Florida/IFAS. Arquivado dende o orixinal o 08 de decembro de 2010. Consultado o 23 de febreiro de 2020.
- Athan, Mattie Sue; Davey, JoAnn; Davey, Jon-Mark (2004). Parrots in the City: One Bird's Struggle for a Place on the Planet. Framingham, Massachusetts: Quaker Parakeet Society. ISBN 1-59113-563-X. Arquivado dende o orixinal o 03 de agosto de 2016. Consultado o 23 de febreiro de 2020.
- Field Guide to the Birds of North America. Washington, D.C.: National Geographic Society. 2002. ISBN 0-7922-6877-6.
- Sibley, David Allen (2000). The Sibley Guide to Birds. New York: Alfred A. Knopf. ISBN 0-679-45122-6.
Ligazóns internas
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Monk parakeets |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Monk parakeets |
- Entrada sobre a catorra arxentina na World Parrot Trust's Parrot Encyclopedia
- Guide to ageing and sexing (PDF) de Javier Blasco-Zumeta e Gerd-Michael Heinze
- Time lapse photography showing a pet monk parakeet constructing a nest no YouTube
- Monk parakeet news from around the world