Content-Length: 97144 | pFad | http://gl.wikipedia.org/wiki/Concerto

Concerto - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Concerto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Concerto de música clásica.

Un concerto[1] é unha actuación musical na «que se executan composicións soltas».[2] No eido da música clásica occidental tamén é a forma musical na que os materiais melódicos, rítmicos e harmónicos se combinan nunha composición, determinando así a calidade sonora global dunha peza. Designa a forma de relacionarse as diversas voces que interveñen nunha peza musical, entendendo como voces diversas liñas melódicas simultáneas, sexan vocais ou instrumentais.

Existe un momento, chamado cadenza, ó final dalgúns movementos, onde o solista toca sen acompañamento, expondo a súa técnica. Nos períodos clásico e romántico, esta parte frecuentemente non era escrita na partitura, sendo improvisada ou escrita polo instrumentista de acordo ós seus gustos e capacidades. Moitas destas cadenzas foron publicadas e aínda hoxe diferentes interpretacións do mesmo concerto poden incluír as escritas por diferentes compositores.

Kontsert de Bernardo Strozzi, 1630.

Aínda que non se coñeza unha orixe exacta, as actuacións de malabaristas na Idade Media, con intervencións instrumentais e vogais poden prefigurar o que sería un concerto. Mais semella que o concerto estableceuse en Italia a finais do século XVI, onde expuñan diferentes tipos de instrumentais. Máis tarde no século XVII, os concertos estendéronse até Lübeck, Alemaña onde as veladas musicais continuaron até a década de 1620, estendéndose de Alemaña a Suíza. En Inglaterra xa existían numerosos concertos a partir de 1640, organizados ó principio en tabernas e habitacións, onde se concretaban as sociedades musicais.

No século XVIII o concerto esténdese a Francia. En París, a Real Academia de Música tiña o privilexio de limitar a posibilidade de concertos públicos, pero nace o Concerto Espiritual e convértese un grande éxito dende 1725. Na década de 1770, xurdiron os concertos cualificados de semipúblicos: Concert de la Loge Olympique e Concert des Amateurs. Mentres tanto, comeza o desenvolvemento do café-concert, sitios en que se podía comer e presenciar espectáculos musicais.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para concerto.
  2. «concierto.» Diccionario de la lengua española. Consultado el 22 de febrero de 2015.








ApplySandwichStrip

pFad - (p)hone/(F)rame/(a)nonymizer/(d)eclutterfier!      Saves Data!


--- a PPN by Garber Painting Akron. With Image Size Reduction included!

Fetched URL: http://gl.wikipedia.org/wiki/Concerto

Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy