Crip Camp
Crip Camp | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Crip Camp |
Director |
|
Produtor |
|
Guión |
|
Música | Bear McCreary |
Fotografía | Justin Schein |
Montaxe |
|
Estudio |
|
Distribuidora | Netflix |
Estrea | Festival de Cinema de Sundance: 23 de xaneiro de 2020 |
Duración | 108 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Documental |
Na rede | |
https://cripcamp.com/ | |
Crip Camp: A Disability Revolution é un filme documental estadounidense de 2020 dirixido, escrito e coproducido por Nicole Newnham e James LeBrecht. Barack e Michelle Obama foron os produtores executivos baixo o seu selo Higher Ground Productions.[1] Estreouse internacionalmente no Festival de Cinema de Sundance o 23 de xaneiro de 2020, onde gañou o Premio da Audiencia. Estreouse en liña a través de Netflix o 25 de marzo de 2020 e recibiu a aclamación da crítica.[2]
Sinopse
[editar | editar a fonte]A comezos da década dos 70, os adolescentes con discapacidades tiñan un futuro marcado polo illamento, discriminación e institucionalización.[3] O campamento de verán chamado Jened, que se atopaba en Hunter, Nova York ofrecía un lugar seguro para que todos os adolescentes con diferente tipos de discapacidades se divertisen e socializasen. Foi alí onde un grupo de persoas con discapacidades se decataron de que tiñan que loitar polos seus dereitos. Deste xeito, decidiron unirse máis aló de cuestións recreativas e converterse en activistas.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "An Obamas-Produced Doc Takes Viewers Inside the Birth of the Disability Rights Movement". Time (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 25 de marzo de 2020. Consultado o 26 de marzo de 2020.
- ↑ "Crip Camp: A Disability Revolution". Rotten Tomatoes (en inglés).
- ↑ "Netflix Awards FYC - Film". film.netflixawards.com (en inglés). Consultado o 30 de novembro de 2020.
- ↑ Debruge, Peter (24 de xaneiro de 2020). "‘Crip Camp’: Film Review". Variety (en inglés). Consultado o 30 de novembro de 2020.