Diario 16 de Galicia
Diario 16 de Galicia | |
---|---|
Fundación | 24 de xuño de 1989 |
Remata | 1997 |
Director | Mariño†1992 Boó (xuño de 1990 – 17/12/1993) |
Localidade | Vigo |
[ editar datos en Wikidata ] |
Diario 16 de Galicia foi un xornal rexional que se publicou entre 1989 e 1997 en Vigo.[1]
Historia e características
[editar | editar a fonte]Apareceu en 1989. Estivo dirixido primeiramente por Segundo Mariño, posto que deixou en 1990 para incorporarse á dirección de La Voz del Tajo, de Toledo, sendo substituído por Xosé Miguel Alonso Boó. Manuel Quintero foi o seu último director. Entre os seus redactores figuraron entre outros Carlos Punzón, Amelia Pastor, Alberto Alonso, Edurne Baines, Blanca Docampo, Javier Prado, Antonio Lamas, Miguel Lorenzo, Álvaro Otero, Manuel de Castro, Manuel V. Sola, Jaime Conde, María Alonso, Susi Quintana, Xavier López, Alicia Huidobro, Isabel Fernández, Javier Vizoso, Isabel Fernández, Paula Roca, Miguel Túñez, Carlos Miragaya, Miguel Toval, José Luis Álvarez, Ujué Foces, Elisa Lois, Lino Blanco, Nano Cambeiro, Pepe Domínguez, Manuel Méndez, Roberto Gómez, Adriano Rivera, Fran Alonso, Fernando Ramos Fernández, Armando G. Alonso, Mónica Justo, Miguel Á. Rodríguez, Xosé Luís García Canido, Antón Xil, Lalo R. Villar, Eduardo Castro ou Virginia Barros e entre outros colaboradores, Chichi Campos, Xosé Domínguez González, Margarita Ledo Andión e Francisco Martínez Bouzas.
Entre os suplementos do xornal destacaron Biosfera e Galicia Literaria, dirixida por Manuel Forcadela e Xosé Ramón Pena. Entre 1991 e 1992 publicaron a colección de libros Biblioteca de Autores Galegos, con 90 títulos.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Vilavedra, Dolores, coord. (1997). Diccionario da literatura galega II. Publicacións periódicas. Galaxia. pp. 146–148. ISBN 84-8288-137-X.
- ↑ "Diario 16 de Galicia" en Diciopedia do século 21, t. 1, p. 698.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Alonso, Fran (2011). Contesta ou disparo
- Farias Batlle, Pedro (2000). 16 años de Diario 16 (en castelán). Asociación para la Investigación y el Desarrollo de la Comunicación. ISBN 978-84-607-0473-7. doi:10.13140/RG.2.1.1286.5447.
- Freixanes, V. e Meixide, A. (2010). O capital da cultura. Unha achega ás industrias culturais de Galicia. Fundación Caixa Galicia.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1997). Diccionario da literatura galega. Publicacións Periódicas II. Vigo: Editorial Galaxia. pp. 146–148. ISBN 84-8288-137-X.