Content-Length: 127574 | pFad | http://gl.wikipedia.org/wiki/Erizana_Club_de_F%C3%BAtbol

Erizana Club de Fútbol - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Erizana Club de Fútbol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Erizana
NomeErizana Club de Fútbol
Alcume(s)"Eri ", "Erisana"
Fundación1950
EstadioVal de Martín,100 x 66
Baredo, Baiona, Galicia
Inauguración1994
Capacidade700
PresidenteGalicia Manuel Ramón Goce Ratel
AdestradorGalicia Rafa Vazquez Pereira
Liga1ª Autonómica – Grupo 5
2017–1818º (Preferente – Grupo Sur)
VestimentaMass
PatrocinadorAceites ABRIL
Na rede
http://erizanacf.com
Facebook: erizanaclubdefutboldebaiona Twitter: erizananoticias Editar o valor en Wikidata

O Erizana Club de Fútbol é un club de fútbol galego do concello de Baiona. Xoga de local no campo de Val de Martín e compite no Grupo 5 da Primeira Autonómica de Galicia.

O Erizana comezou a súa andaina en 1950 da man dos seus fundadores, o padre Fernando Muñoz Arosa e Victorino Goce Carballo. O club federouse en 1951 co nome de CF Xuvenil Erizana, e comezou a competir no campionato de zonas, onde acadou varios campionatos e copas. Os seus primeiros partidos xogounos no campo da Palma, mais trala construción do Parador de Turismo Conde de Gondomar o club viuse obrigado a disolverse en 1965.

En 1977, coa construción do campo de Santa Marta, na praia da Ladeira, o club volveu á competición co nome de Trueno de Baiona, baixo a presidencia de José María Besada. Ao ano seguinte o equipo retomou o nome de Erizana CF. No ano 1981 debuta na Rexional Preferente onde se mantivo tres tempadas, acadando o 4º posto como mellor posición. Na tempada 1990-91, xogou unha promoción contra o Rápido Bahía que perdeu, ficando ás portas do ascenso a Preferente.

No ano 1994 inaugurouse o estadio Val de Martín (Baredo), cun partido fronte á SD Compostela, e no 2005 inaugurouse o campo de Aral-Fontiñas.

No 2013 o equipo xogou a Final da Copa Deputación contra o CD Lalín, no campo de Pasarón, que perdeu nos penaltis. Na tempada 2014-15 volveu xogar na Preferente, aínda que descendeu esa tempada polos arrastres dos equipos descendidos de Terceira División. Na tempada 2015-16 acadou o ascenso a Preferente.

Historial

[editar | editar a fonte]
Tempada División Posto Copa
1951/52 Liga Comarcal (Baixo Miño - Val Miñor) Finalista
1952/53 Liga de Zonas (Baixo Miño - Val Miñor)
1953/54 Liga de Zonas (Baixo Miño - Val Miñor)
1954/55 Liga de Zonas (Baixo Miño - Val Miñor) Semifinais
1955/56 Liga de Zonas (Vigo)
1956/57 Liga de Zonas (Val Miñor) Campión
1958/59 Liga de Zonas (Vigo)
1962/63 Liga de Zonas (Baixo Miño - Val Miñor) Campión
1963/64 Liga Comarcal Finalista
1964/65 Liga Comarcal Semifinal
1978/79 Segunda Comarcal Cuartos de final
1979/80 Primeira Comarcal Cuartos de final
1980/81 Primeira Rexional
1981/82 Rexional Preferente
1982/83 Rexional Preferente
Tempada División Posto Copa
1983/84 Rexional Preferente 20º
1984/85 Primeira Rexional 18º Cuartos de final
1985/86 Primeira Rexional
1986/87 Primeira Rexional 20º
1987/88 Segunda Rexional 20º
1988/89 Terceira Rexional
1989/90 Segunda Rexional Campión
1990/91 Primeira Rexional
1991/92 Primeira Rexional
1992/93 Primeira Rexional 17º
1993/94 Segunda Rexional 13º
1994/95 Segunda Rexional 12º
1995/96 Segunda Rexional Semifinal
1996/97 Primeira Rexional 17º
1997/98 Segunda Rexional
1998/99 Segunda Rexional
1999/00 Segunda Rexional 13º
Tempada División Posto Copa
2000/01 Terceira Rexional Campión
2001/02 Segunda Rexional
2002/03 Segunda Rexional 20º
2003/04 Terceira Rexional Campión
2004/05 Terceira Rexional Semifinal
2005/06 Terceira Rexional
2006/07 Terceira Rexional Campión
2007/08 Segunda Autonómica
2008/09 Segunda Autonómica
2009/10 Segunda Autonómica 12º
2010/11 Segunda Autonómica 10º
2011/12 Segunda Autonómica
2012/13 Primeira Autonómica 11º Finalista
(Copa Deputación)
2013/14 Primeira Autonómica
2014/15 Preferente Autonómica 16º
2015/16 Primeira Galicia
2016/17 Preferente Autonómica 15º
2017/18 Preferente Autonómica 18º
2018/19 Primeira Galicia 14º
2019/20 Segunda Galicia 13º
2020/21 Anulada Covid-19
2021/22 Segunda Galicia -Vigo
2022/23 Segunda Galicia-Vigo



Títulos

  • Primeira Autonómica: 1 Liga (2015-16).
  • Segunda Autonómica: 2 ligas (1995-96 e 2011-12) e 1 Copa (1990).
  • Tercéira Autonómica: 3 ligas (1988-89, 2000-01, 2006-07) e 2 Copas (2001 e 2007).
  • 2 ligas Comarcáis (1951-52 e 1964-65).
  • 1 liga de Priméira Comarcal (1979-80).
  • 1 liga de Segunda Comarcal (1978-79).
  • 2 ligas de Zonas (1953 e 1954).
  • 1 Copa de Zonas (1963).
  • 1 Copa de Campións (1957).

Presidentes

[editar | editar a fonte]
  • Fernando Muñoz Arosa: 1950-51
  • Victorino Goce Carballo: 1951-53
  • Urbano Montaña Pérez 1953-55
  • José Almuíña Fernández: 1955-56
  • Victorino Goce Carballo: 1957-65
  • José María Besada García: 1977-81
  • José Manuel Pérez Misa: 1981-83
  • José María Besada García: 1983-84
  • José Goce Duran (Tito Navieras): 1984-87
  • Álvaro Pereira Cerqueira: 1987-88
  • Victorino Goce Carballo: 1988-92
  • Julio Martínez Souto: 1992-95
  • Juan Manuel Símons González: 1995- 00
  • Guillermo Balboa Fernández: 2000-04
  • Juan Manuel Símons González: 2004-07
  • J. Luis Maciel Vidal: 2007-08
  • Miguel Cedeira Martínez: 2008-14
  • Manuel Ramón Goce Ratel (Naveira): 2014 -

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]










ApplySandwichStrip

pFad - (p)hone/(F)rame/(a)nonymizer/(d)eclutterfier!      Saves Data!


--- a PPN by Garber Painting Akron. With Image Size Reduction included!

Fetched URL: http://gl.wikipedia.org/wiki/Erizana_Club_de_F%C3%BAtbol

Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy