Content-Length: 166859 | pFad | http://gl.wikipedia.org/wiki/Erronkari

Erronkari - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Erronkari

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaErronkari
Roncal (es) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Localización
Mapa
 42°48′43″N 0°55′41″O / 42.8118644, -0.92791852
EstadoEspaña
Comunidade foralNavarra Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación209 (2023) Editar o valor en Wikidata (5,39 hab./km²)
Lingua oficiallingua éuscara (zona lingüística)
lingua castelá (zona lingüística) Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie38,8 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude720 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataAlfredo Cabodevilla Munarriz (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal31415 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE31210 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con
Arette (1991–) Editar o valor en Wikidata

Erronkari (tamén oficial en castelán: Roncal) é un concello de Navarra, situado no meiriñado de Sangüesa, na comarca de Roncal-Salazar e a 90 km da capital da comunidade, Pamplona. A súa poboación en 2013 foi de 241 habitantes (INE), o seu termo municipal ten unha superficie de 38,8 km² e a súa densidade de poboación é de 6,21 hab/km².

Xeografía

[editar | editar a fonte]
Roncal
Roncal

Situación

[editar | editar a fonte]

A localidade de Erronkari está situada na parte Nordés da Comunidade Foral de Navarra, dentro da rexión xeográfica da Montaña de Navarra, a comarca xeográfica dos Vales Pirenaicos Orientais, no centro do val de Roncal e a unha altitude de 720 msnm. O seu termo municipal ten unha superficie de 38,8 km² e limita ó norte cos concellos de Uztarroze, Urzainki e Izaba, ó leste co de Garde, ó sur co de Burgi e ó oeste co de Bidankoze.[1]

Arana, Castillo, Iriartea, Iriondoa e San Juan.

Demografía

[editar | editar a fonte]

A evolución da poboación dende 1900 foi inicialmente ascendente até o censo de 1910 que acadou o máximo de 572 habitantes, a partir do cal foi descendendo paseniño. Dende o ano 1900 até o ano 2014 o descenso foi do -5,4%.

Nesta localidade viviron os derradeiros falantes do uskara ou roncalés, variedade local do éuscaro.

As festas patronais de Erronkari celébranse do 14 ó 18 de agosto, na honra da Nosa Señora do Castelo.

Gastronomía

[editar | editar a fonte]

Son típicas as migas do pastor, así como os "calderetes" de cordeiro (guiso de cordeiro con patacas). O produto típico con denominación de orixe é o queixo Roncal.

Economía

[editar | editar a fonte]

A economía baséase nunha fábrica de queixo, así coma na gandería e o turismo rural. Asemade, dispón de oficinas bancarias, comercios, biblioteca e un Centro de Interpretación da Natureza, onde se representa a fauna e flora do Val de Roncal, así como se describen as formas de vida.

  1. Caja de Ahorros y Monte de Piedad de Navarra (ed.). "Artículo de Roncal". Gran Enciclopedia Navarra. Consultado o 1 de febreiro de 2012. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]








ApplySandwichStrip

pFad - (p)hone/(F)rame/(a)nonymizer/(d)eclutterfier!      Saves Data!


--- a PPN by Garber Painting Akron. With Image Size Reduction included!

Fetched URL: http://gl.wikipedia.org/wiki/Erronkari

Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy