Content-Length: 59945 | pFad | http://gl.wikipedia.org/wiki/Escola_Normal_de_Santiago_de_Compostela

Escola Normal de Santiago de Compostela - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Escola Normal de Santiago de Compostela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Escola Normal de Santiago de Compostela foi unha institución educativa que existiu en Santiago de Compostela entre 1849 e 1996 encargada da formación dos mestres.

Pazo de San Xerome

Foi creada en 1849, polo Real Decreto que establecía Escolas Normais Superiores nas capitais de Distritos Universitarios. A súa primeira localización foi no pazo de San Xerome. En 1930 creouse a Escola Normal de Mestras, e coa chegada da Segunda República Española o Plano Profesional creou o réxime de coeducación. En 1945 retomouse a formación por separado, coa creación da Escola de Maxisterio López Ferreiro para mestres e a Escola de Maxisterio Isabel a Católica para mestras, reunificándose de novo en 1964.

A Escola Normal integrouse na Universidade de Santiago de Compostela coa aprobación da Lei Xeral de Educación en 1970, coa creación da Escola Universitaria de Formación do Profesorado de EXB. En 1973 comezou o ensino de Filosofía e Ciencias da Educación, que en 1975 tivo facultade de seu, integrándose as seccións de Filosofía, Pedagoxía e Psicoloxía.

En 1996 suprimiuse a Escola Universitaria de Formación do Profesorado, dando pé á actual Facultade de Ciencias da Educación de Santiago de Compostela.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]








ApplySandwichStrip

pFad - (p)hone/(F)rame/(a)nonymizer/(d)eclutterfier!      Saves Data!


--- a PPN by Garber Painting Akron. With Image Size Reduction included!

Fetched URL: http://gl.wikipedia.org/wiki/Escola_Normal_de_Santiago_de_Compostela

Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy