Content-Length: 102599 | pFad | http://gl.wikipedia.org/wiki/Estudantes_Revolucionarios_Galegos

Estudantes Revolucionarios Galegos - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Estudantes Revolucionarios Galegos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Estudantes Revolucionarios Galegos
Logo
AcrónimoERGA
Tipoorganización xuvenil
Ideoloxíanacionalismo galego
Data de fundación1972
Data de disolución1988
SedeSantiago de Compostela
PaísGalicia
editar datos en Wikidata ]

Estudantes Revolucionarios Galegos (ERGA) foi unha organización estudantil nacionalista de esquerdas, activa entre 1972 e 1988.

Fundouse a iniciativa da UPG, nun clima de tensión tras folgas na Universidade de Santiago e o asasinato impune, por parte dun policía de paisano, do estudante de Outes José María Fuentes[1][2] o 4 de decembro de 1972.

Encargóuselle a Manuel Mera, que acababa de chegar da Arxentina e alí tivera experiencia na organización universitaria do grupo maoísta Vanguardia Comunista, a tarefa de artellar unha organización que agrupase o estudantado universitario e de secundaria. En Santiago de Compostela, coa axuda de simpatizantes da UPG, logra captar un feixe de universitarios procedentes de todo o país e consegue a incorporación dalgúns militantes do Movemento Comunista da Coruña, entre eles Elvira Souto. Aos poucos meses o núcleo de ERGA chega aos 40 militantes, entre eles Anselmo López Carreira, Alfredo Suárez Canal e Chus Pato.

En 1976 celebrou a súa primeira asemblea e en 1977 a segunda. En xaneiro de 1978 organizouse o I Congreso, ao que asistiron 1.000 delegados, e elixiuse unha dirección da que formaban parte Xulio Ríos ou Xosé Miranda. Cando se formou o BNG en 1982, ERGA integrouse nel.

ERGA tiña como órgano de expresión o boletín Lume que editou o seu primeiro número en febreiro de 1973.[3] Estudantes Revolucionarios Galegos constituíu a primeira organización de masas do nacionalismo tras a guerra civil. Conseguiu ampla presenza na Universidade e nos institutos galegos e forneceu á UPG dirixentes e cadros.[4]

  1. Rosende, J. A. Pérez-Esperanza Pouso- J. "La muerte del joven que levantó a la USC y Santiago contra el franquismo". www.elcorreogallego.es (en castelán). Consultado o 2022-08-27. 
  2. "Entrevista a Fernando Fuentes". Consultado o 2022-08-27. 
  3. Francisco Fernández Rei. A contribución ao proceso de normalización lingüística de partidos políticos, sindicatos, institucións e asociacións que desenvolven o seu labor na cidade da Coruña. I A reivindicación da lingua galega nas décadas de 1960 e 1970 en Lingua e cidade: I Xornadas sobre lingua e usos (PDF) Arquivado 05 de decembro de 2008 en Wayback Machine.. Universidade da Coruña, 2005. páx. 149
  4. Manuel Anxo Fernández Baz, A formación do nacionalismo galego contemporáneo (1963-1984), Santiago, 2003, páx. 51

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]








ApplySandwichStrip

pFad - (p)hone/(F)rame/(a)nonymizer/(d)eclutterfier!      Saves Data!


--- a PPN by Garber Painting Akron. With Image Size Reduction included!

Fetched URL: http://gl.wikipedia.org/wiki/Estudantes_Revolucionarios_Galegos

Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy