Europa dos Pobos
Europa dos Pobos | |
---|---|
Tipo | partido político |
Ideoloxía | national and regional identity in Spain |
Data de fundación | 2004 |
País | España |
Na rede | |
http://www.europadelospueblos.net | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Europa dos Pobos (EdP) é unha coalición de partidos políticos nacionalistas de esquerda de diversas rexións de España, formada inicialmente para participar nas Eleccións ó Parlamento Europeo de xuño do 2004, nas cales acadaron un escano que ocupou Mikel Irujo. A coalición reivindica, entre outros, a constitución das institucións europeas nunha estrutura bicameral; o recoñecemento oficial a nivel europeo de tódalas linguas do continente; o desenvolvemento de eurorrexións; e unha maior transparencia e apertura na xestión da Unión Europea.
Partidos membros
[editar | editar a fonte]Os partidos que compoñen Europa dos Pobos son:
- Cataluña: Esquerra Republicana de Catalunya (ERC)
- País Vasco: Eusko Alkartasuna (EA)
- Aragón: Chunta Aragonesista (CHA)
- Andalucía: Partido Socialista de Andalucía (PSA)
- Asturias: Andecha Astur (AA)
- Cantabria: Conceju Nacionaliegu Cántabru (CNC)
- A Rioxa: Iniciativa Ciudadana (ICLR)
Alternativa Popular Canaria non formou parte da coalición, se ben pediu o voto para a mesma.