Content-Length: 55132 | pFad | http://gl.wikipedia.org/wiki/Exclamaci%C3%B3n

Exclamación - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Exclamación

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Unha exclamación é un vocábulo ou secuencia lingüística que manifesta emoción, sorpresa ou ánimo. Tamén pode ser unha figura retórica na cal se expresa de forma exclamativa un sentimento ou idea (véxase exclamación retórica). Por outra banda, ás veces fálase de exclamación como signo de exclamación.

Trazos fonéticos das secuencias exclamativas

[editar | editar a fonte]
  • Aumento da intensidade e calidade das sílabas fortes.
  • Reforzo da articulación dos sons cando se manifestan sentimentos como a excitación, ou relaxamento da mesma cando predominan sentimentos relaxantes coma o pracer.
  • Evolución da entoación por encima ou por baixo do ton medio da voz do que fala.
  • Modificación do tempo medio, acelerando ou retardando.

Uso dos signos exclamativos

[editar | editar a fonte]

Emprégase nas oracións exclamativas e exhortativas. Hai dúas alternativas:

  • Colocar o signo ! pechando a oración.
  • Colocar o signo ¡ no inicio da oración, e o signo ! pechando a oración.








ApplySandwichStrip

pFad - (p)hone/(F)rame/(a)nonymizer/(d)eclutterfier!      Saves Data!


--- a PPN by Garber Painting Akron. With Image Size Reduction included!

Fetched URL: http://gl.wikipedia.org/wiki/Exclamaci%C3%B3n

Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy