Frank Fenner
Aparencia
Frank John Fenner, nado o 21 de decembro de 1914 e finado o 22 de novembro de 2010, foi un científico e médico australiano cunha importante carreira no campo da viroloxía. Os seus dous logros máis senlleiros foron a supervisión da campaña para a erradicación da varíola, e o uso do virus da mixomatose como ferramenta para controlar a praga de coellos que ateigaba Australia.
Distincións e recoñecementos
[editar | editar a fonte]Fenner recibiu múltiples recoñecemento a longo da súa carreira. Entre os máis destacados figuran:
- Membro da Orde do Imperio Británico, 1945
- Premio Xapón en Medicina preventiva, 1988 (compartido con Donald Henderson eIsao Arita)
- Medalla Copley da Real Sociedade de Londres, 1995
- Premio Mundial de Ciencias Albert Einstein do Consello Cultural Mundial, 2000[1]
- Clunies Ross Lifetime Contribution National Science and Technology Award, 2002
- Medalla da Organización Mundial da Saúde
- Medalla Mueller da Australian and New Zealand Association for the Advancement of Science, 1964
- Medalla ANZAAS da Australian and New Zealand Association for the Advancement of Science, 1980
- ANZAC Peace Prize
- Medalla Matthew Flinders
- Premio de Medicina da Australia Británica
- Premio de Ciencia do Primeiro ministro de Australia, 2002
- ACT Senior Australian of the Year, 2005
- A Australian National University deu o seu nome a dous edificios: un que alberga a Medical School and Faculty of Science e unha residencia universitaria.
- O John Curtin School of Medical Research creou en 1995 a Medalla Frank Fenner para premiar a mellor tese de doutoramento presentada na escola.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "'Winners Science". Arquivado dende o orixinal o 29 de xullo de 2013. Consultado o 29 de xullo de 2013.
- ↑ "The Frank Fenner Medal". Arquivado dende o orixinal o 15 de decembro de 2010. Consultado o 16 de marzo de 2020.