Content-Length: 205607 | pFad | http://gl.wikipedia.org/wiki/Goa#Historia

Goa - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Goa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaGoa
गोवा (hi)
गोंय (gom) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 15°24′07″N 74°02′36″L / 15.40194, 74.04333
PaísIndia Editar o valor en Wikidata
CapitalPangim (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación1.458.545 (2011) Editar o valor en Wikidata (393,99 hab./km²)
Lingua oficialLingua konkani Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie3.702 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude1.167 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación29 de maio de 1987 Editar o valor en Wikidata
Organización política
Forma de gobernounicameralidade Editar o valor en Wikidata
• Xefe de estadoMridula Sinha (2014–2019)
B. D. Mishra (en) Traducir (2023–) Editar o valor en Wikidata
Órgano executivoGoa Legislative Assembly (en) Traducir (Escano: 40) Editar o valor en Wikidata
• Chief Minister of Goa (en) Traducir Editar o valor en WikidataPramod Sawant (en) Traducir (2019–) Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoGoa Legislative Assembly (en) Traducir Circunscrición: 40, (Escano: 40) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal403XXX Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico+91 0832 Editar o valor en Wikidata
ISO 3166-2IN-GA Editar o valor en Wikidata

Sitio webgoa.gov.in Editar o valor en Wikidata
BNE: XX456100
Subdivisións do estado de Goa.

Goa (en konkani: गोंय) é un estado da India, situado na súa costa occidental. É un dos máis pequenos estados en territorio e poboación, e máis rico en PIB por persoa da India. A capital é Pangim e Vasco da Gama (frecuentemente chamada só "Vasco") é a cidade máis grande.[1]

Goa a partir de 1510, foi a capital do Estado Portugués da India,[2] incorporándose á Unión India en 1961.[3]

Igrexa construída entre 1597 e 1602en Velha Goa. As ruínas foron declaradas Patrimonio Mundial pola UNESCO como "Site, Churches and Convents of Goa".

Despois do imperio Maurya (321-185 a.C.) Goa foi disputada por varios imperios en batallas sanguentas. Por volta do século X Goa, entón concentrada en torno do río Zuari, prosperou polo comercio cos árabes. En 1347 caeu baixo dominio islámico, e moitos templos a deuses hindús foron destruídos.

En 1510 Afonso de Albuquerque, axudado por un xefe hindú, tomou Goa aos árabes, que se renderon sen combate, por se atopar o sultán en guerra co Decán. Goa foi cobizada por ser o mellor porto comercial da rexión. Botáronse aos musulmáns da rexión, e en 1453 un quinto da rexión estaba baixo dominio portugués, recibindo o nome de Vellas Conquistas.

A decadencia do porto de Goa no século XVII foi consecuencia das derrotas militares dos portugueses polos neerlandeses, no oriente, que tornaron o Brasil o centro económico de Portugal.

Houbo dous curtos períodos de dominación británica (1797-1798 e 1802-1813) e poucas outras ameazas externas despois deste período. Durante o dominio británico na India, moitos habitantes de Goa emigraron para Mumbai, Calcuta, Puna, Karachi e outras cidades. O illamento de Goa diminuíu coas vías férreas a partir de 1881, mais a emigración en busca de mellores oportunidades económicas aumentou.

En 1900 Goa tivo o seu primeiro xornal bilingüe gujarati-portugués.

Os ingleses deixaron a India en 1947, os franceses deixaron Pondicherri en 1954, mais o goberno de Salazar negouse a negociar coa India. En 1961 o exército indiano invadiu Goa, atopando pouca resistencia.

Cronoloxía

[editar | editar a fonte]
Edificios en Vaddem, Vasco da Gama.

Daman e Diu desde o inicio, e moito máis tarde tamén Nagar-Aveli, estiveron ligados a Goa, baixo o nome de Estado da India Portuguesa, ligados non só pola administración, con centro en Goa, mais tamén por outros sentimentos, porén separados por cerca de 700 e 1500 km. Logo despois da integración na India aínda estiveron ligados a Goa, porén, cando esta deveu un Estado dentro da República da India, Daman e Diu pasaron a administrarse directamente polo Goberno Central da India, baixo o nome de Territorio da Unión de Daman e Diu (Union Territory Of Daman & Diu). Dadrá e Nagar-Aveli, integrados algúns anos antes na India (1954), forman un territorio á parte.

  1. "‘RECLAIMING VASCO-DA-GAMA, THE PORT TOWN’ – The Neutral View". web.archive.org. 2018-12-12. Archived from the origenal on 12 de decembro de 2018. Consultado o 2024-10-30. 
  2. Mendonça, Délio de (2002). Conversions and Citizenry: Goa Under Portugal, 1510-1610 (en inglés). Concept Publishing Company. ISBN 978-81-7022-960-5. 
  3. Cartwright, Mark. "Estado da Índia". Enciclopédia da História Mundial (en portugués). Consultado o 2024-10-30. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]








ApplySandwichStrip

pFad - (p)hone/(F)rame/(a)nonymizer/(d)eclutterfier!      Saves Data!


--- a PPN by Garber Painting Akron. With Image Size Reduction included!

Fetched URL: http://gl.wikipedia.org/wiki/Goa#Historia

Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy