Gran Polonia
Epónimo | Grande Polónia (pt) | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Polonia | ||||
Capital | Poznan | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 3.495.470 (2019) (117,2 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 29.826 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | Poznań Voivodeship (en) , Voivodia de Bydgoszcz (pt) , Gorzów Voivodeship (en) , Voivodia de Kalisz (pt) , Konin Voivodeship (en) , Leszno Voivodeship (en) , Piła Voivodeship (en) e Zielona Góra Voivodeship (en) | ||||
Creación | 1 de xaneiro de 1999 | ||||
Organización política | |||||
Órgano lexislativo | Greater Poland Regional Assembly (en) , | ||||
ISO 3166-2 | PL-30 e PL-WP | ||||
Código NUTS | PL41 | ||||
Sitio web | umww.pl | ||||
O Voivodato de Gran Polonia (polaco: województwo wielkopolskie) é unha das 16 provincias (voivodatos) que conforman a República de Polonia, segundo a división administrativa do ano 1998. Creouse o 1 de xaneiro de 1999, a partir dos anteriores voivodatos de Poznań, Kalisz, Konin, Leszno, e dunha parte do antigo voivodato de Piła. É a segunda en tamaño e a terceira en poboación, con 29.826 km² e 3,4 millóns de habitantes. Está dividido en 35 distritos ou poviatos, dos que 4 cidades posúen a categoría de poviato, e 226 comunas. As súas principais cidades son Poznań, Kalisz, Konin, Leszno, Piła e Gniezno. Comprende a maioría da rexión histórica (agás algunhas pequenas comunidades do suroeste) do mesmo nome (en polaco Wielkopolska).
Situación e Natureza
[editar | editar a fonte]O voivodato sitúase no centro-oeste de Polonia. Ten dous parques naturais, varias reservas naturais e varios parques paisaxísticos. Os dous principais ríos da rexión son o Warta e o Noteć. O norte do voivodato é unha rexión lacustre.
Historia
[editar | editar a fonte]O nome de Gran Polonia (en polaco: Wielkopolska, Francés: Grande-Pologne, Alemán:Großpolen, latín: Polonia Maior) utilízase só dende os séculos XIV e XV. Menciónase por primeira vez en latín en 1257, e por primeira vez en polaco en 1449. O nome de Gran ou Vella Polonia adoitan referirse a que é o berce de Polonia como estado. Antigamente, esta zona estaba habitada pola tribo dos Polanos e chamábase sinxelamente Polonia. Os fortes de Giecz e de Poznań construíronse no século X. A Gran Polonia era á rexión central do país de Mieszko I e de Boleslao I o Bravo, Poznań era a capital de Polonia. Até o século XI no que se mudou a capital a Cracovia.
Tras as Particións de Polonia, a rexión ficou baixo o dominio de Prusia e sufriu un proceso forzado de xermanización. Durante a segunda guerra mundial, foi anexionada pola Alemaña Nazi co nome de Wartheland ou Warthegau, país do Warta. En 1945, volveu a Polonia.
Maiores cidades e poboacións
[editar | editar a fonte]Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
(poboación en 2003)
- Poznań (581.200)
- Kalisz (106.500)
- Konin (83.600)
- Piła (76.800)
- Ostrów Wielkopolski (74.500)
- Gniezno (71.600)
- Leszno (63.500)
- Śrem (31.000)
- Turek (30.700)
- Krotoszyn (29.100)
- Września (28.900)
- Swarzędz (28.200)
- Jarocin (26.000)
- Kościan (24.500)
- Wągrowiec (24.500)
- Koło (24.300)
- Luboń (23.800)
- Środa Wielkopolska (22.200)
- Rawicz (21.700)
- Gostyń (20.800)
- Chodzież (20.500)
División administrativa
[editar | editar a fonte]- Distrito de Chodzież – 47 502
- powiat czarnkowsko-trzcianecki – 87 781
- powiat gnieźnieński – 141 436
- powiat gostyński – 76 692
- powiat grodziski – 49 797
- powiat jarociński – 71 509
- powiat kaliski – 81 143
- powiat kępiński – 55 816
- Distrito de Koło – 91 414
- powiat koniński – 124 826
- powiat kościański – 77 780
- powiat krotoszyński – 77 876
- powiat leszczyński – 50 137
- powiat międzychodzki – 36 657
- powiat nowotomyski – 71 997
- powiat obornicki – 56 205
- powiat ostrowski – 159 833
- powiat ostrzeszowski – 54 945
- powiat pilski – 137 507
- powiat pleszewski – 62 686
- powiat poznański – 280 763
- powiat rawicki – 59 820
- powiat słupecki – 60 011
- powiat szamotulski – 85 451
- powiat średzki – 54 777
- powiat śremski – 59 266
- Distrito de Turek – 85 208
- powiat wągrowiecki – 68 449
- powiat wolsztyński – 55 193
- powiat wrzesiński – 74 768
- powiat złotowski – 70 652
Economía
[editar | editar a fonte]Os principais sectores de actividade son a industria, o agroalimentario, os transportes , a construción, o comercio e os servizos.