Gran Premio de Hungría de 2017
Nome oficial | Formula 1 Pirelli Magyar Nagydíj 2017 |
---|---|
Tipo | Gran Premio de Hungría |
Deporte | automobilismo |
Parte de | Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2017 |
Distancia do evento | 70 |
Localización e Datas | |
Localización | Hungaroring (Mogyoród) 47°34′56″N 19°15′04″L / 47.582222222222, 19.251111111111 |
Lonxitude | 4,381 km |
País | Hungría |
Data | 30 de xullo de 2017 |
Competición | |
Primeiro posto | Sebastian Vettel |
Pole position | Sebastian Vettel (01:16,286) |
Volta máis rápida | Fernando Alonso (01:20,182) |
O Gran Premio de Hungría de 2017, oficialmente o Formula 1 Pirelli Magyar Nagydíj 2017 foi unha carreira de Fórmula Un que se disputou o 30 de xullo de 2017, no circuíto de Hungaroring preto de Mogyoród, Hungría. Foi a undécima carreira da tempada de 2017 e a trixésima segunda carreira do Gran Premio de Hungría.
Sebastian Vettel comezou a rolda liderando o Campionato Mundial de Pilotos por un punto por diante do Mercedes de Lewis Hamilton. No Campionato de Construtores, Mercedes lideraba sobre Ferrari por cincuenta e cinco puntos.
Informe
[editar | editar a fonte]Antecedentes
[editar | editar a fonte]Paul di Resta substituíu a Felipe Massa no Williams despois de que Massa enfermara logo de práctica libre. Como consecuencia, esta carreira foi a primeira sen un piloto brasileiro desde o Gran Premio de San Marino de 1982.
Práctica
[editar | editar a fonte]Daniel Ricciardo foi o máis rápido na primeira práctica.[1], establecendo un tempo de 1:18,486. Foi seguido polo Ferrari de Kimi Räikkönen e o Mercedes de Lewis Hamilton en segundo e terceiro lugar. Na segunda práctica[2] Ricciardo volveu establecer o tempo máis rápido seguido por Vettel e Bottas. A terceira e última práctica do sábado[3] foi coroada por Vettel, con Räikkönen segundo e Bottas terceiro. Vettel estableceu o tempo máis rápido das tres prácticas con 1:17.017.
O piloto de Williams Felipe Massa enfermou logo da práctica 3. Massa estivera doente e mareado[4] o venres, pero foi certificado como apto para competir na Práctica 3 polo persoal médico. Con todo, Massa non se sentiu mellor durante a práctica 3, e o seu asento tomouno o piloto reserva de Williams Paul di Resta para a cualificación e a carreira.
Cualificación
[editar | editar a fonte]Na primeira quenda, o piloto de reserva Paul di Resta fixo a súa primeira saída desde o Gran Premio do Brasil de 2013 e rapidamente púxose ao día con pouca práctica previa. A única experiencia de Di Resta nun coche híbrido de F1 consistiu en 10 voltas nun coche coa especificación 2014 e nalgunhas voltas no simulador antes do Gran Premio de Australia[5]. Di Resta clasificouse 19º nun coche coa configuración de Massa, unha actuación que foi descrita como "incrible" polo xefe de Mercedes Toto Wolff[6]. Di Resta máis tarde admitiu que estaba "asustado, nervioso, [e] ansioso" de como o faría dado a súa falta de experiencia.
Na Q3, Sebastian Vettel conseguiu a pole position cun tempo de 1:16.276. O seu compañeiro de equipo Kimi Räikkönen obtivo o segundo lugar, dando así a Ferrari o seu primeiro 1-2 en Hungría desde 2004. Mercedes ocupou a segunda fila na grella, Red Bull pechou a terceira fila na grella, e McLaren Honda ocupou a cuarta fila da grella na súa mellor cualificación da tempada.
Carreira
[editar | editar a fonte]Ao comezo da carreira, os compañeiros de equipo de Red Bull Max Verstappen e Daniel Ricciardo colisionaron na curva 2, despois de que os pneumáticos de Verstappen bloqueáranse. Isto fixo que o radiador de Ricciardo rompésese, forzándoo a retirarse. Foi a primeira retirada na primeira volta de Ricciardo na súa carreira na Fórmula 1. Verstappen recibiu posteriormente unha penalización de 10 segundos por causar o incidente. Ricciardo condenou a Verstappen e cualificou o incidente dun "erro de afeccionado" debido á falta de experiencia de Verstappen. Verstappen máis tarde desculpouse polo incidente logo da bandeira a cadros. Foi a primeira vez que Ricciardo non puido terminar en Hungría na súa carreira na F1.[7]
O coche de seguridade saíu case de inmediato para retirar o Red Bull de Ricciardo e para limpar o aceite da superficie da pista. O coche de seguridade entrou na volta 6, e pouco despois do reinicio, Vettel comezou a notar que a súa dirección tiraba á esquerda nas rectas. Foi instruído para evitar os bordos e os seus tempos de volta comezaron a aumentar, permitindo que o seu compañeiro de equipo Kimi Räikkönen e os dous Mercedes achegáranse.
Romain Grosjean entrou en boxes e saíu cunha porca da roda frouxa. O seu coche tivo que ser retirado e Haas F1 Team foi multado con 5.000 euros por deixar saír a Grosjean en condicións inseguras.
Räikkönen comunicoulle por radio a Ferrari que quería que Vettel o deixara parasr porque Vettel tiña problemas e Räikkönen realizaba tempos de volta máis rápidos. Ferrari ordenou a Vettel acelerar e Räikkönen seguiuno, e ambos aumentaron gradualmente a brecha con ambos Mercedes. A Hamilton permitiuselle adiantar ao seu compañeiro de equipo Bottas e déronlle 10 voltas para tratar de superar a Räikkönen. Mercedes prometeu que se Hamilton non podía pasar, cambiarían posicións de novo.
A nove voltas, Nico Hülkenberg viuse forzado a saír fóra da pista por Kevin Magnussen e posteriormente tivo que retirar o seu coche debido a problemas cos freos e a caixa de cambios. Magnussen recibiu posteriormente unha penalización de cinco segundos polas súas accións, que foron descritas como "desagradables" por Hülkenberg.[8] Hülkenberg criticou a Magnussen e chamouno "o piloto máis antideportivo da grella".
Coa proximidade de Verstappen, parecía coma se o cambio de posicións non ía suceder, pero saíndo da última curva na última volta, Hamilton desacelerou, permitindo pasar a Bottas para reclamar o podio. Hamilton terminou cuarto, con Verstappen en quinto lugar. McLaren-Honda obtivo os seus primeiros dobre-puntos finais da tempada con Alonso sexto e Vandoorne décimo. Este resultado moveunos fóra do último lugar na clasificación dos construtores. Carlos Sainz terminou sétimo para Toro Rosso. Force India conseguiu outro dobre-puntos terminando con Sergio Pérez oitavo e Esteban Ocon noveno.
Como resultado da carreira, Vettel ampliou a súa vantaxe no Campionato de Pilotos sobre Hamilton a 14 puntos. A vantaxe de Mercedes no Campionato de Construtores reduciuse a 39 puntos sobre Ferrari.[9]
Clasificación
[editar | editar a fonte]Cualificación
[editar | editar a fonte]Pos. | Nº. | Piloto | Construtor | Tempos cualificación | Grella Final | ||
---|---|---|---|---|---|---|---|
Q1 | Q2 | Q3 | |||||
1 | 5 | Sebastian Vettel | Ferrari | 1'17"244 | 1'16"802 | 1'16"276 | 1 |
2 | 7 | Kimi Räikkönen | Ferrari | 1'17364 | 1'17"207 | 1'16"444 | 2 |
3 | 77 | Valtteri Bottas | Mercedes | 1'18"058 | 1'17"362 | 1'16"530 | 3 |
4 | 44 | Lewis Hamilton | Mercedes | 1'17"492 | 1'16"693 | 1'16"707 | 4 |
5 | 33 | Max Verstappen | Red Bull-TAG Heuer | 1'17"266 | 1'17"028 | 1'16"797 | 5 |
6 | 3 | Daniel Ricciardo | Red Bull-TAG Heuer | 1'17"702 | 1'17"698 | 1'16"818 | 6 |
7 | 27 | Nico Hülkenberg | Renault | 1'18"137 | 1'17"655 | 1'17"468 | 12[10] |
8 | 14 | Fernando Alonso | McLaren-Honda | 1'18"395 | 1'17"919 | 1'17"549 | 7 |
9 | 2 | Stoffel Vandoorne | McLaren-Honda | 1'18"479 | 1'18"000 | 1'17"894 | 8 |
10 | 55 | Carlos Sainz | Toro Rosso | 1'18"948 | 1'18"311 | 1'18"912 | 9 |
11 | 30 | Jolyon Palmer | Renault | 1'18"699 | 1'18"415 | 10 | |
12 | 31 | Esteban Ocon | Force India-Mercedes | 1'18"843 | 1'18"495 | 11 | |
13 | 26 | Daniil Kvyat | Toro Rosso | 1'18"702 | 1'18"538 | 16[11] | |
14 | 11 | Sergio Pérez | Force India-Mercedes | 1'19"095[12] | 1'18"639 | 13 | |
15 | 8 | Romain Grosjean | Haas-Ferrari | 1'19"085 | 1'18"771 | 14 | |
16 | 20 | Kevin Magnussen | Haas-Ferrari | 1'19"095 | 15 | ||
17 | 18 | Lance Stroll | Williams-Mercedes | 1'19"102 | 17 | ||
18 | 94 | Pascal Wehrlein | Sauber-Ferrari | 1'19"839 | 18 | ||
19 | 18 | Paul di Resta | Williams-Mercedes | 1'19"868 | 19 | ||
20 | 9 | Marcus Ericsson | Sauber-Ferrari | 1'19"972 | 20 | ||
Tempo límite 107%: 1:22.651 | |||||||
Fonte:[13] |
Carreira
[editar | editar a fonte]Pos. | Nº | Piloto | Construtor | Voltas | Tempo/Retirada | Grella | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | 5 | Sebastian Vettel | Ferrari | 70 | 1:39:46.713 | 1 | 25 |
2 | 7 | Kimi Räikkönen | Ferrari | 70 | +0.908 | 2 | 18 |
3 | 77 | Valtteri Bottas | Mercedes | 70 | +12.462 | 3 | 15 |
4 | 44 | Lewis Hamilton | Mercedes | 70 | +12.885 | 4 | 12 |
5 | 33 | Max Verstappen | Red Bull Racing-TAG Heuer | 70 | +13.276 | 5 | 10 |
6 | 14 | Fernando Alonso | McLaren-Honda | 70 | +1:11.223 | 7 | 8 |
7 | 55 | Carlos Sainz | Toro Rosso | 69 | +1 volta | 9 | 6 |
8 | 11 | Sergio Pérez | Force India-Mercedes | 69 | +1 volta | 13 | 4 |
9 | 31 | Esteban Ocon | Force India-Mercedes | 69 | +1 volta | 11 | 2 |
10 | 2 | Stoffel Vandoorne | McLaren-Honda | 69 | +1 volta | 8 | 1 |
11 | 26 | Daniil Kvyat | Toro Rosso | 69 | +1 volta | 16 | |
12 | 30 | Jolyon Palmer | Renault | 69 | +1 volta | 10 | |
13[14] | 20 | Kevin Magnussen | Haas-Ferrari | 69 | +1 volta | 15 | |
14 | 18 | Lance Stroll | Williams-Mercedes | 69 | +1 volta | 17 | |
15 | 94 | Pascal Wehrlein | Sauber-Ferrari | 68 | +2 voltas | 18 | |
16 | 9 | Marcus Ericsson | Sauber-Ferrari | 68 | +2 voltas | 20 | |
17[15] | 27 | Nico Hülkenberg | Renault | 67 | Freos | 12 | |
Ret | 40 | Paul di Resta | Williams-Mercedes | 60 | Fuga aceite | 19 | |
Ret | 8 | Romain Grosjean | Haas-Ferrari | 20 | Porca da roda | 14 | |
Ret | 3 | Daniel Ricciardo | Red Bull Racing-TAG Heuer | 0 | Colisión | 6 | |
fonte:[16] |
Posicións logo da carreira
[editar | editar a fonte]
|
|
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Results". Formula 1® - The Official F1® Website (en inglés). Consultado o 2017-07-30.
- ↑ "Results". Formula 1® - The Official F1® Website (en inglés). Consultado o 2017-07-30.
- ↑ "Results". Formula 1® - The Official F1® Website (en inglés). Consultado o 2017-07-30.
- ↑ RACING, WILLIAMS (2017-07-29). "Statement from @WilliamsRacing on @MassaFelipe19 #HungarianGPpic.twitter.com/I6W47CE6tk". @WilliamsRacing. Consultado o 2017-07-30.
- ↑ "‘It was like being thrown off a cliff’ – Di Resta on his late Williams call up". Formula 1® - The Official F1® Website (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 31 de xullo de 2017. Consultado o 2017-07-30.
- ↑ Straw, Adam Cooper and Edd. "Paul di Resta F1 qualifying performance unbelievable - Toto Wolff". Autosport.com (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 01 de agosto de 2017. Consultado o 2017-07-30.
- ↑ "Verstappen apologises as Ricciardo bemoans ‘amateur’ error". Formula 1® - The Official F1® Website (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 08 de decembro de 2023. Consultado o 2017-07-30.
- ↑ "Hulkenberg blasts ‘nasty’ Magnussen after Hungary clash". Formula 1® - The Official F1® Website (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2023. Consultado o 2017-07-30.
- ↑ "Race - Vettel wins as Ferrari prove unstoppable in Hungary". Formula 1® - The Official F1® Website (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 31 de xullo de 2017. Consultado o 2017-07-30.
- ↑ Nico Hülkenberg recibiu unha penalización de cinco postos na grella por un cambio da caixa de cambios non programado.
- ↑ Daniil Kvyat recibiu unha penalización de tres postos na grella por obstaculizar a Lance Stroll durante a Q1.
- ↑ Sergio Pérez e Kevin Magnussen marcaron idénticos tempos de volta na Q1. Como Pérez foi o primeiro en lograr o seu tempo, considerouse que se clasificou por diante de Magnussen.
- ↑ "Formula 1 B2017 Hungarian Grand Prix — Qualifying". Formula1.com. Formula One World Championship Ltd. 29 de xullo de 2017. Consultado o 29 de xullo de 2017.
- ↑ Kevin Magnussen tivo 5 segundos engadidos ao seu tempo de carreira por forzar a Nico Hülkenberg a sair fora da pista.
- ↑ Nico Hülkenberg retirouse da carreira, pero clasificouse ao completar o 90% da distancia de carreira.
- ↑ "2017 Formula 1 Hungary Prix – Race Result". Formula1.com. Formula One World Championship Ltd. 30 de xullo de 2017. Consultado o 30 de xullo de 2017.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gran Premio de Hungría de 2017 |
Carreira anterior: Gran Premio do Reino Unido de 2017 |
Campionato Mundial de Fórmula 1 da FIA Temporada 2017 |
Carreira seguinte: Gran Premio de Bélxica de 2017 |
Carreira anterior: Gran Premio de Hungría de 2016 |
Gran Premio de Hungría | Carreira seguinte: Gran Premio de Hungría de 2018 |