Content-Length: 136918 | pFad | http://gl.wikipedia.org/wiki/Haskell_Wexler

Haskell Wexler - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Haskell Wexler

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaHaskell Wexler

(2009) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento6 de febreiro de 1922 Editar o valor en Wikidata
Chicago, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Morte27 de decembro de 2015 Editar o valor en Wikidata (93 anos)
Santa Monica, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de California, Berkeley
Roger C. Sullivan High School (en) Traducir
Francis W. Parker School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióndirector de fotografía, cámara, actor, guionista, director de cinema, realizador Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1955 Editar o valor en Wikidata -
Carreira militar
Conflitosegunda guerra mundial Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosMark Wexler Editar o valor en Wikidata
Premios

Sitio webhaskellwexler.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0005549 Allocine: 41491 Allmovie: p116529
BNE: XX1166822 Discogs: 3039267 Find a Grave: 156414971 Editar o valor en Wikidata

Haskell Wexler, nado en Chicago (Illinois) o 6 de febreiro de 1922 e finado en Santa Monica (California) o 27 de decembro de 2015 foi un director de fotografía, produtor e director de cinema estadounidense. Foi considerado un dos máis influentes directores de fotografía da historia.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Wexler naceu en Chicago en 1922, nunha familia xudía.[2] Tras un ano na Universidade de California, Berkeley decidiuse converterse en cineasta. En Chicago realizou varios documentais, como The Living City, que foi candidato ao Oscar á mellor curtametraxe documental.

En 1947 converteuse en axudante de cámara, traballando en documentais, docudramas e anuncios para a televisión. En 1963 traballou por primeira vez nun filme de grande orzamento, América, América, de Elia Kazan.

Foi candidato ao Oscar á mellor fotografía en cinco ocasións, e gañouno por ¿Quen teme a Virginia Woolf? (1966) e Bound for Glory (1976). Este último foi o primeiro filme no que se empregou a Steadicam.

Wexler tamén dirixiu filmes como Medium Cool (1969), Latino (1985) e From Wharf Rats to Lords of the Docks (2007).[3]

Filmografía

[editar | editar a fonte]
  1. "Top 10 Most Influential Cinematographers Voted on by Camera Guild". PRNewswire. 16 de outubro de 2003. Arquivado dende o orixinal o 21 de xaneiro de 2014. Consultado o 17 de xaneiro de 2014. 
  2. "Haskell Wexler: The Hollywood Interview". Haskell Wexler's personal blog. Arquivado dende o orixinal o 02-02-2014. Consultado o 17-1-2014. 
  3. "From Wharf Rats to the Lords of the Docks: The Life and Times of Harry Bridges". The Harry Bridges Project. Arquivado dende o orixinal o 12 de decembro de 2009. Consultado o 29 de decembro de 2015. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]








ApplySandwichStrip

pFad - (p)hone/(F)rame/(a)nonymizer/(d)eclutterfier!      Saves Data!


--- a PPN by Garber Painting Akron. With Image Size Reduction included!

Fetched URL: http://gl.wikipedia.org/wiki/Haskell_Wexler

Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy