Content-Length: 105658 | pFad | http://gl.wikipedia.org/wiki/Home_de_Xava

Home de Xava - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Home de Xava

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Home de Xava
Homo erectus erectus

Rango fósil: Plistoceno

Fósiles sinotipo de Home de Xava (H. e. erectus), en Naturalis, Leiden
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Primates
Familia: Hominidae
Xénero: Homo
Especie: 'H. erectus'
Subespecie: H. e. erectus
Nome trinomial
Homo erectus erectus

O Home de Xava, Homo erectus erectus, foi un dos primeiros restos fósiles humanos, e de H. erectus, en ser descuberto. Fíxoo Eugène Dubois en 1891 en Xava. Non é un espécime completo, senón unha bóveda cranial, un fémur e tres dentes e non está claro que pertenzan ao mesmo individuo.

Dubois pensou nun primeiro momento que estaba diante os restos dun primate e denominouno Anthropopitecus erectus, axiña desbotou esta idea xa que a capacidade da bóveda cranial era maior que o de calquera simio coñecido, entre 800 e 1000 cm³, e o fémur era case humano polo que pensou que atopara a criatura que Ernst Haeckel denominaba Pithecanthropus alalus e que el denominou Pithecanthropus erectus, atribuíndoo a un home-mono de idade pliocénica. O que causou sensación no mundo científico xa que deixaba sen saída ao Home de Neanderthal, considerado antecesor do Homo sapiens nese momento, e foi rexeitado por gran parte da comunidade científica.









ApplySandwichStrip

pFad - (p)hone/(F)rame/(a)nonymizer/(d)eclutterfier!      Saves Data!


--- a PPN by Garber Painting Akron. With Image Size Reduction included!

Fetched URL: http://gl.wikipedia.org/wiki/Home_de_Xava

Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy