Content-Length: 106156 | pFad | http://gl.wikipedia.org/wiki/Im%C3%A1n_(relixi%C3%B3n)

Imán (relixión) - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Imán (relixión)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Oración no Cairo, de Jean-Léon Gérôme (1865).

Un imán[1] (en árabe, إمام) é a persoa que dirixe a oración colectiva no islam. O islam carece de clero, e un imán, en principio, pode ser calquera que coñeza ben os rituais da relixión. Sitúase fronte aos fieis nas mesquitas e serve de guía para realizar as oracións, aínda que non é obrigatorio seguilo.

Agás no clero xiíta, a elección dun imán recae, en principio, na comunidade que o vai seguir, aínda que existe xente que seguen estudos específicos para dedicarse a esta tarefa.

O imanato xiíta

[editar | editar a fonte]

Entre os xiítas, o termo imán, á parte de referirse ao guía dunha comunidade relixiosa, é o título que ostentaban os xefes supremos de toda a comunidade xiíta (o equivalente ao califa sunní), cargo hereditario cuxo último representante, Muhammad al Mahdi, segundo a tradición, desapareceu no ano 873 da Era Común e vive dende entón oculto (o mahdi ou imán oculto).


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre relixión é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.









ApplySandwichStrip

pFad - (p)hone/(F)rame/(a)nonymizer/(d)eclutterfier!      Saves Data!


--- a PPN by Garber Painting Akron. With Image Size Reduction included!

Fetched URL: http://gl.wikipedia.org/wiki/Im%C3%A1n_(relixi%C3%B3n)

Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy