Inírida (antes chamado Puerto Inírida) é un concello de Colombia, capital do departamento de Guainía, así como a súa cidade máis poboada. A temperatura media é de 25 °C.
O topónimo «Inírida» significa «Espelliño de Sol» na lingua puinave falada polo pobo punaive, de Guainía.[1] Segundo a lenda indíxena, Inírida foi unha princesa que se converteu na flor de Inírida, que só crece nos arredores húmidos e areosos da poboación, preto dos ríos Inírida e Guainía. É unha flor vermella con visos brancos, parecida a unha espiga que aparece na bandeira de Inírida e no escudo do departamento de Guainía.[2]