Content-Length: 126203 | pFad | http://gl.wikipedia.org/wiki/Inosina

Inosina - Wikipedia, a enciclopedia libre Saltar ao contido

Inosina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Estrutura química do nucleósido inosina.

A inosina é un nucleósido que se forma cando a base nitroxenada hipoxantina se une ao azucre ribosa (ou ribofuranosa) por medio dun enlace N-glicosídico β-N9. Cando ese nucleósido se une a un grupo fosfato forma o nucleótido inosina monofosfato (IMP) ou ácido inosínico.

A inosina aparece con frecuencia no ARNt e é esencial para unha correcta tradución do código xenético en pares de bases cambaleantes (wobble).

O coñecemento do metabolismo da inosina levou nas últimas décadas a diversos avances en immunoterapia. A inosina monofosfato é oxidada polo encima inosina monofosfato deshidroxenase, rendendo xantosina monofosfato, un precursor chave no metabolismo das purinas. O micofenolato mofetil é un antimetabolito, unha substancia antiproliferativa que actúa como un inhibidor da inosina monofosfato deshidroxenase. Úsase no tratamento de varias doenzas autoimmunes como a granulomatose de Wegener.

Reaccións

[editar | editar a fonte]

A adenina convértese en adenosina ou inosina monofosfato (IMP), calquera das cales, á súa vez, pode converterse en inosina (I), que se emparella coa adenina (A), citosina (C), e uracilo (U).

A purina nucleósido fosforilase intraconverte a inosina e a hipoxantina.

A inosina é tamén un intermediario na cadea de reaccións entre nucleótidos purínicos que se require para a contracción muscular.

Importancia clínica

[editar | editar a fonte]

A inosina foi probada na década de 1970s nos países do leste europeo para mellorar os resultados en atletas, pero os ensaios non demostraron ningunha mellora.[1] Demostrouse que a inosina ten propiedades neuroprotectoras e propúxose como medicamento contra os danos na medula espiñal;[2] porque mellora o restablecemento das conexións dos axóns, e tamén propúxose a súa administración despois dun accidente cerebrovascular polo mesmo motivo.[3]

Está actualmente na fase II dos ensaios para probala como tratamento para a esclerose múltiple.[4] Produce ácido úrico despois da súa inxestión, que é un antioxidante natural e contrarresta o peroxinitrito (molécula que está relacionada coa dexeneración dos axóns ), o que podería ser beneficioso na esclerose múltiple[5] [1]).

Biotecnoloxía

[editar | editar a fonte]

A inosina é útil para preparar os primers (cebadores) usados na reacción en cadea da polimerase ou PCR, porque se pode emparellar tanto coa adenina, coma coa timina, ou coa citosina. Isto permite usala para preparar primers que cubran un amplo polimorfismo dun só nucleótido, sen que este polimorfismo distorsione a eficiencia na fase de annealing dos cebadores da PCR.

Estimulante alimentario

[editar | editar a fonte]

A inosina é un importante estimulante na alimentación de peixes de piscifactoría administrado só ou en combinación con aminoácidos.[6][7]

  1. McNaughton L; Dalton B; Tarr J (1999). "Inosine supplementation has no effect on aerobic or anaerobic cycling performance". International journal of sport nutrition 9 (4): 333–44. PMID 10660865. 
  2. Liu F; You SW; Yao LP; et al. (2006). "Secondary degeneration reduced by inosine after spinal cord injury in rats". Spinal Cord 44 (7): 421–6. PMID 16317421. doi:10.1038/sj.sc.3101878. 
  3. Chen P; Goldberg DE; Kolb B; Lanser M; Benowitz LI (2002). "Inosine induces axonal rewiring and improves behavioral outcome after stroke". Proc. Natl. Acad. Sci. U.S.A. 99 (13): 9031–6. PMC 124418. PMID 12084941. doi:10.1073/pnas.132076299. 
  4. Treatment of Multiple Sclerosis Using Over the Counter Inosine - Full Text View - ClinicalTrials.gov
  5. "Uric Acid: Natural Scavenger Of Peroxynitrite". Arquivado dende o orixinal o 26 de outubro de 2009. Consultado o 26 de outubro de 2009. 
  6. Mackie, A.M. (1987). Identification of the gustatory feeding stimulants. In: Chemoreception in Fishes. (ed. T.J. Hara). Elsevier Scientific Publishing Co., Amsterdam, pp. 275-291.
  7. Takeda, M. Takii, K. & Matsui, K. (1984). Identification of feeding stimulants for juvenile eel. Bull. Jap. Soc. Scient. Fish., 50: 645-651.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]








ApplySandwichStrip

pFad - (p)hone/(F)rame/(a)nonymizer/(d)eclutterfier!      Saves Data!


--- a PPN by Garber Painting Akron. With Image Size Reduction included!

Fetched URL: http://gl.wikipedia.org/wiki/Inosina

Alternative Proxies:

Alternative Proxy

pFad Proxy

pFad v3 Proxy

pFad v4 Proxy